Investigan....

Neste foro falamos de Historia de Galicia, antiga ou actual: desde o celtismo ata a Memoria Histórica, etc. Os temas relativos ás historias persoais ou familiares dos emigrados, as súas vivencias na emigración teñen outro espazo en "Historias da nosa emigración".
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Investigan....

Mensagempor pilarmabel » sexta, 24 out 2008, 14:07

Para investigar o franquismo
A Audiencia estuda as competencias de Garzón

Europa Press . O Pleno da Sala do Penal da Audiencia Nacional comezou este xoves a estudar se o xuíz Baltasar Garzón é competente para investigar os crimes que se produciron durante a Guerra Civil e o Franquismo logo de que a Fiscalía presentara un 'incidente'. Segundo os expertos, esta iniciativa xurídica é bastante excepcional tendo en conta que non ten antecedentes na historia recente deste organismo.


O máximo órgano da Sala do Penal trasladoulle ás partes o incidente de competencia presentado polo fiscal-xefe da Audiencia Nacional, Javier Zaragoza, no que considera que o xuíz instrutor ?carece manifestamente? de atribución ?obxectiva e funcional? para investigar os feitos.

No seu escrito, Zaragoza xustifica esta manobra ?con independencia? de que a Sala do Penal admita ou non a trámite o recurso de apelación que presentou o pasado luns e ?en previsión? de que na causa se produzan ?incidentes procesais que puideran xerar un importante atraso na súa tramitación e no traslado de actuacións ao tribunal superior competente?.

Tras apuntar que esta circunstancia ?dificultaría notabelmente a resolución do recurso?, o fiscal-xefe recalcou que é ?necesario? que o tribunal superior a Garzón resolva o conflito de competencias presentado ?coa máxima celeridade e rapidez?.

Neste contexto, suplica á Sala que declare ?a nulidade de pleno dereito? do auto ditado o pasado 16 de outubro no que Garzón se declarou competente para investigar os crimes da Guerra Civil e o Franquismo e poña de manifesto ?a incompetencia do órgano xudicial? para asumir esta causa.

Caso excepcional

Fontes xurídicas consultadas tras a xuntanza do Pleno da Sala do Penal salientaron a excepcionalidade desta iniciativa xurídica, ao non lembrar que a Fiscalía presentara un incidente de competencia contra un xuíz na historia recente da Audiencia Nacional.


Fuente: www.anosaterra.org

Pilar

pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Investigan....

Mensagempor pilarmabel » sexta, 24 out 2008, 14:13

Idénticos argumentos.

No novo texto presentado aos maxistrados con xerarquía sobre Garzón, a Fiscalía sostén os mesmos argumentos que expoñía no seu recurso de apelación para negar a competencia de Garzón, ao que acusa de ?violar as regras de conexión? entre os delitos que estabelece para incoar ?unha causa xeral cuxo obxecto son todos os asasinatos, secuestros, axustizamentos, detencións e demais delitos cometidos consecuencia da sublevación militar, na Guerra Civil e na posguerra?.

Así, lembra que o enxuizamento dos ?crimes contra a humanidade? non correspondería neste caso á Audiencia Nacional senón ás audiencias provinciais e xulgados nos que se cometeron cada un deles e engade que o delito de rebelión co que podería tipificarse o Alzamento Nacional nunca formou parte dos delitos contra a forma de Goberno, dos que si entende este tribunal.

Non prescrición dos delitos

En relación coa imprescritibilidade dos delitos de detención ilegal sen dar razón do paradoiro que defende Garzón para declararse competente, insiste en que este tipo penal non existía no Código Penal da República de 1932. Así, denuncia a ?contradición? que supón ?considerar a unha persoa falecida a todos os efectos e, por outra banda, acudir á ficción de consideralo vivo e detido ilegalmente mentres non apareza o cadáver, máxime cando si consta inscrita a declaración de falecemento de moitos dos represaliados?.

O Ministerio fiscal reproduce ademais un terceiro argumento no que apela á Lei de Amnistía aprobada polas Cortes en 1977 para defender que todas as infraccións penais que pretende investigar o xuíz ?se inclúen sen excepción baixo a cobertura? dese texto.

?É aplicábel igualmente aos casos de detención ilegal con desaparición, erradamente considerados polo instrutor como delitos permanentes mentres non se localice o corpo?, engade este segundo escrito que insiste en que ?non é certo que dita lei se limitara exclusivamente na súa aplicación aos chamados delitos políticos?. Neste sentido, lembra que tamén se utilizou ?para delitos comúns, como asasinatos e secuestros, con motivación política (que en nada se diferencian dos sometidos a este proceso)?.


Fuente:http://www.anosaterra.org


Pilar


Voltar para “Historia de Galicia e memoria histórica”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes