Normas específicas desta sección

Versión 5 do noso taboleiro específico para anuncios persoais clasificados. Tamén para o troco de .
Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Normas específicas desta sección

Mensagempor xestor » sexta, 01 ago 2008, 15:49

Imagem

Esta sección anteriormente estaba destinado exclusivamente aos :

Sección para o troco de galeuros (a nosa moeda virtual). Se tes galeuros e queres cambialos por diñeiro ou por produtos ou servizos con outros membros de Fillos, ou se precisas galeuros e queres pedirllos a outro membro que teña, este é o lugar.

Debido aos problemas técnicos que sufrira a nosa anterior sección de clasificados, tras as modificacións na configuración técnica realizadas tras ataques de malware nas nosas páxinas, buscamos unha simplificación do sistema. Optamos por utilizar o Taboleiro, xa coñecido da maioría dos nosos usuarios e que recibe moitísimas visitas, para ubicar nel tamén estes temas, permitindo así un funcionamento máis áxil e eficaz.

As mesmas normas que rexían na v. 2 dos nosos anuncios clasificados, son normas específicas nesta nova ubicación, isto é:

Fillos de Galicia presenta a súa nova sección onde os membros da Comunidade Virtual poden deixar os seus anuncios sobre diversos temas. Están prohibidas as mensaxes de empresas (para estas ofrecemos unha que axudará a financiar a nosas actividades). Os editores resérvanse o dereito de borraren calquiera anuncio que non sexa entre particulares ou que contraveña as normas do web ou a consideren non axeitada, sospeitosa u ofensiva.

Tentaremos trasladar aquí . Pregamos desculpas se algún deles non pode ser correctamente trasladado.

Se tedes dúbidas sobre o funcionamento desta sección podedes deixalas como resposta a esta mensaxe.

Grazas e sorte cos vosos anuncios! ;-)

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Normas específicas desta sección

Mensagempor xestor » sexta, 01 ago 2008, 15:51

Consellos para un mellor funcionamento nesta nova sección:

-> Indica no asunto as palabras Compro, Vendo, Busco... para así facilitar a localización da mensaxe por parte dos interesados.
-> Indica prezo dos produtos que vendes, e inclúe fotos se pode ser.
-> Se buscas traballo indica en que lugar (en Galiza, en Arxentina, etc.), que salario buscas, e todas as características que queiras.
-> Se ofreces traballo indica todos os datos: duración, tipo de contrato, salario, ubicación, funcións, etc.
-> Se aceptas ou ofreces que o pagamento sexa en , indícao.
-> Para os contactos persoais podes seguir usándoa, pero por que non probas o noso ? Éche moito máis divertido! ;-)

(!) E non esquezas marcar "Notificarme cando se publique unha resposta" abaixo das mensaxes para recibires aviso cando alguén responda ao teu anuncio neste Taboleiro.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Normas específicas desta sección

Mensagempor xestor » sexta, 01 ago 2008, 15:53

Para un funcionamento máis axeitado, as mensaxes desta sección serán incluidas nas últimas publicadas no Taboleiro, como as das outras seccións, pero tamén estarán listadas aparte, nun bloque na columna dereita, de xeito semellante a como estaban na v. 2, para lles outorgarmos unha presenza máis duradeira.


Voltar para “Anuncios Clasificados: Compra, venda, traballo, etc.”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes