Alguén me pode axudar?

Para relatarmos as vivencias vitais dos nosos pais, nais, avós e avoas, eses herois da nosa Emigración...
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Alguén me pode axudar?

Mensagempor cachafeiro » terça, 22 set 2009, 23:54

http://www.youtube.com/watch?v=HW0HCo7e ... re=related

Deixo aqui un vídeo sobre a emigración. A fotografía Nª 22, desde que comeza o vídeo, é dun pai que ten abrazada a cara do seu fillo, os dous están chorando, o neno debe de ter uns 12 anos.
É unha fotografía que vin moitas veces en vídeos e recortes de diario da emigración.
Se que esa imaxe ten unha historia e gustaríame saber se alguén a coñece e pódeme axudar.
Non se porque razón é unha imaxe que me atrae e emociona enormemente, e quixese darlles nomes a eses rostros.

Unha grande aperta.


Alexandra Cachafeiro Camiña

mariab
Mensagens: 41
Registado: quinta, 04 jan 2007, 10:49

Alguén me pode axudar?

Mensagempor mariab » quarta, 23 set 2009, 22:19

Se te refires a esta:
http://centros.edu.xunta.es/iesescolasp ... racion.jpg
Cando morreu Ferrol, saiu unha entrevista ao pai da foto na Voz de Galicia. Sempre me dou pena esa foto, mais aínda máis ao ler a entrevista ao home.
O pai chamábase Manuel Calo Marcote e morreu hai 3 anos. Era de Fisterra. A foto foi feita no porto da Coruña e foran despedir á irmá que marchaba á Argentina. O neno é o fillo del.

http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php ... icia=50441

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Alguén me pode axudar?

Mensagempor cachafeiro » quinta, 24 set 2009, 00:31

Moitas grazas Mariab, necesitaba darlle un nome e unha historia a esa imaxe.
Tamén o meu irmán de ADN galego, Perdiz, envioume estes enlaces para coñecer un pouco mais de Manuel Anxo Calo Marcote e o seu fillo Juan, que tiña 6 anos e non 12 como eu pensaba.

Todos coñecemos a foto que Manuel Ferrol lle fixo a Manuel Ángel Calo Marcote (coñecido como O Jurjo) no porto da Coruña, mentres vía como despedían del a súa nai e mais dúas irmás (que ían camiño de Bos Aires). Ao seu lado, tiña abrazado a el ao seu fillo Xoán, de 6 anos, que está á chorar coa mesma intensidade que O Jurjo. Dende o punto de vista fotográfico, a foto é ben representativa da realidade do momento; dunha emigración forzada polas circunstancias, polas dificultades pra saír adiante. Chegados ata aquí, non habería ningún tipo de problema.

As consecuencias desta imaxe (e de todo o que comporta, evidentemente), a día de hoxe, son devastadoras (aínda sabéndome eu un devoto da arte fotográfica e máis desta fotografía en concreto). Son devastadoras, repito, porque á xente de Galiza xa non se lle ocorre pensar nos emigrantes como alguén que vive noutro sitio, conservando a súa identidade e espallándoa polo mundo, senón que os consideran simplemente como un residuo histórico de tempos peores. É por iso que compre espallar a idea de diáspora.

A diáspora, sería, esa xente galega, de orixe, devoción ou nacemento que, estando espallada por todo o mundo, transmite esa mensaxe, esas raíces, ese amor, esa morriña e tantas outras cousas e sentimentos aos que alí o rodean. Galiza, por tanto, vive alí onde vive un galego. Había quen decía que, en Barcelona, onde eu resido, podíase vivir única e exclusivamente en galego. E, a verdade, eu non llo nego, mais eu non optarei por esa opción. Sempre emocionan eses ollos extrañados dalgún catalán que che pregunta pola túa condición, polo teu país; polo teu. ¿Se naciches en Esplugues de Llobregat como vas ser galego?¿Falas galego na casa?¿Existe unha ortografía, sintaxe e diccionario en galego?¿Cómo que fas radio en galego en Barcelona?. E de feito, contarlles todo isto é contarlle unha historia de vida; un proceso decisorio, vital (onde tamén está o momento de marchar da terra , mais non o é todo) e, sobre todo, consciente da identidade persoal con respecto ao colectivo.

En conclusión, emigrantes son aqueles que marcharon e só gardan sentimentos negativos no seu interior, moitas veces movidos pola morriña, pero que nunca se adaptaron ao paso dos anos. A diáspora somos aqueles que, aínda que tivemos que marchar, construimos Galiza ali onde vamos; sen caer na construcción de ghetos, mesturándonos e enriquecéndonos do que vemos alén das nosas fronteiras. Desta forma, temos a difícil misión pedagóxica de facerlles saber a cataláns, arxentinos, españois, franceses etc que somos galegos. Mais, desafortunadamente, tamén llo temos que explicar á meirande parte dos galegos.

http://www.vieiros.com/columnas/opinion.php?id=389

http://www.manuelferrol.com/


Alexandra Cachafeiro Camiña


Voltar para “Historias da nosa emigración”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes