Así é a nosa xente

Para relatarmos as vivencias vitais dos nosos pais, nais, avós e avoas, eses herois da nosa Emigración...
mariajuana
Mensagens: 562
Registado: segunda, 02 dez 2002, 00:00

Así é a nosa xente

Mensagempor mariajuana » quarta, 25 jun 2008, 22:33

Santiago Iglesias Carballo desde Buenos Aires, Argentina, envió el siguiente mensaje el día 29/06/2003, a la lista de Fillos-L:Xente acolledora é a galega
Cando tiven a sorte de viaxar para coñecer a terra
da miña mai, Doncos (que depende de As Nogais),
cheguei nunha noite de moita névoa, non se via
case nada. Seguimos de longo a suba á aldea e a uns
quilómetros mais adiante paramos a perguntar-lle a
un paroquiano que estaba a xogar ao futbolín co seu fillo.
Eran perto das 12 da noite.
Espécialmente acolledora a xente da montaña..!!
Subiu ao seu auto e a pesar de que eu só queria que
me indicase, díxome:"colla o seu auto e sigame!
e levou-me, montaña en riba até a mesma casa dos
meus tios, case uns 10 ou 12 km. mais atrás.
Son acolledores porque especialmente viveron a
irmandade, a unión en comunidade en épocas difícis.

Santiago Iglesias Carballo
As Nogais y Mondoñedo - Lugo
Bos Aires
Marisa Álvarez Gutíerrez desde A Fonsagrada, Lugo, envió la siguiente respuesta, el día 30/06/2003 a la lista de Fillos-L:Si, é certo, Santiago, que a xente da montaña
aprendeu ben iso de colaborar e solidarizarse cos
outros...
Eu tamén teño un montón de anécdotas pero a que
mellor lembro agora mesmo é a seguinte:
Sendo eu aínda pequena, un verán (vrao) meus pais
estiveron enfermos os dous a un tempo e levaban algo
atrasada a colleita do trigo. Faltáballes unha leira
grande por segar. Pero cando xa tiñan que empezar a
face-lo cadraba a festa na casa dos meus avós en
Maderne (As neves,o 5 de Agosto)e non se podía faltar
ningún ano, así que aló marcharon coa idea de segar á
volta todo aquelo...
Pero non lles fixo falta. Cando volvemos o trigo
estaba segado, atado e amarrotado. ¡Os noso veciños
traballaran todo o día mentras nos estabamos de festa!
Unha aperta para todos
Marisa
Mª Luisa Álvarez Gutiérrez
A Fonsagrada-Lugo

mariajuana
Mensagens: 562
Registado: segunda, 02 dez 2002, 00:00

Así é a nosa xente

Mensagempor mariajuana » quinta, 26 jun 2008, 13:56

Santiago Iglesias Carballo desde Buenos Aires, Argentina, envió el siguiente mensaje, el día 30/06/2003, a la lista de Fillos-LMaría Luisa, é asi, INCRÍBEL. Nen siquieira fixaron-se que estaban
de festa, se non que necesitaban axuda e o fixeron.
Asi tamén o fan na época da matanza onde se reúnen
4 ou 5 famílias e a traballar, desde quitar ao cocho
do rapaceiro até o converter en chourizos, oschoute , etc.
E despois, todos xuntos na mesma mesa, tendo compartido
o sacrifício, agora facendo o mesmo con unha boa comida
e bon viño. Família enxebre.
Crio que a irmandade nas aldeas de montaña é ben visíbel.
Lejana do trato cidadán das grandes urbes.

Ainda que en matéria de anéctodas, vai outra
que si é de cidade, neste caso Lugo.
Non atopábamos a saída para voltar a As Nogais.
Detivemos o auto e perguntamos a duas señoras
que, protexidas por paragua e impermeabel, xa que
chovia abondo, ian camiñando polo vieiro.
Subimos e lles indicamos se queren....!
Interiormente duvidamos, pero abrimos a porta
e subiron. Fixemos unhas 6 ou 7 ruas nada mais
até a saída.
Ao agradecer-lles perguntamos-lles se elas viñan
para este lado. Non! que vai! ao contrário íbamos ao
revés pero como habíamos saído a camiñar, que
mais dá facé-lo para un lado ou para outro.
Delicias da vida en Galicia. Crio que é o resultado
da educación e idiosincracia e de valorización ao prójimo.


Santiago Igrexas Carballo
As Nogais e Mondoñedo
Lugo
Bos Ares
Fillos espera por ti.
Faite socio xa.


Voltar para “Historias da nosa emigración”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes