Alfonso Graña

Para relatarmos as vivencias vitais dos nosos pais, nais, avós e avoas, eses herois da nosa Emigración...
esperanzataboadasurribas
Mensagens: 48
Registado: domingo, 06 nov 2005, 23:14

Alfonso Graña

Mensagempor esperanzataboadasurribas » sábado, 17 fev 2007, 20:14

:-// queridos fillos ,ayer noche ,por un casual puse la 2 de tve y estaban hablando de Alfonso Graña,un emigrante gallego nacido en el ayuntamiento de Avion provincia de Ourense,me quede impresionada pues al parecer dicho señor,se fue primero a Brasil y luego a Peru,estubo en el Amazonas en la epoca del caucho, convivio con los jibaros e incluso fue rey ,elegido por ellos,esto es a grades rasgos lo que me acuerdo ,pero me parecio una buena historia queria compartirla con ustedes

lopez
Ex-membro
Mensagens: 478
Registado: sábado, 19 out 2002, 23:00

Alfonso Graña

Mensagempor lopez » sábado, 17 fev 2007, 21:42

Internacional: Alfonso Graña - O Rei dos Xíbaros
A partires biografía que sobre Alfonso Graña fixo o investigador Maximino Fernández Sendín, o programa de TVE Crónicas ven de elaborar un documental que partindo da aldea de Amiudal (Ourense) na que naceu en 1872, séguese a súa vida ata o interior da selva amazónica na que viviría ata 1934 entre as tribus xíbaras.
O documental Alfonso Graña, O Rei dos Xíbaros emitiráse este venres 16 as 10:30 en "La 2" de TVE.




Medio millón de galegos emigraron a América nos cincuenta anos que transcorreron entre 1.880 e 1.930. A maior parte foron aos países da costa atlántica, a Arxentina, Cuba, Brasil... E moi poucos se atreveron a emigrar á costa oeste do Pacífico. Entre eles, só os máis arriscados decidiron facer fortuna no interior da Amazonía.

Había que ter unha mentalidade de pioneiro, de aventureiro, para facer diñeiro no negocio máis lucrativo e perigoso do momento: a extracción do caucho.

Así empeza a peripecia migratoria dun labrego galego nado na pequena aldea de Amiudal, en Ourense, no ano 1.878. Chamouse Alfonso Graña.

Foi siringueiro ? traballador do caucho ? no Brasil, e despois en Perú. Ata que o seu destino, en 1.922, forzoulle a deixar a cidade de Iquitos, na cella da selva, para penetrarse no corazón mesmo da Amazonía peruana.



Víctor de la Serna relatou na prensa da época a odisea deste galego ao que chamou ? Rei dos Xíbaros?. Durante doce anos, Alfonso Graña viviu entre os temidos guerreiros ahuaruna e huambisa, as tribos redutoras de cabezas, e exerceu unha notable influencia nun territorio tan extenso como media España.

Alfonso Graña foi un hábil comerciante que puxo en contacto dous mundos: o milenario e ancestral dos indios xíbaros, e o da opulencia cauchera de Iquitos. Navegante case épico polas turbulentas augas do Rio Marañón, baixaba periodicamente coas balsas cargadas de mercancías dende as súas chacras ? granxas- ata a cidade.



Graña soubo aproveitar o valor que para os xíbaros tiña a actividade mercantil. Foi un aventureiro intelixente que levaba ós indíxenas a cortarse o pelo na cidade, montábaos en coche, levábaos ao cine, poñíalles a radio.. Foi chamán para os indios e bruxo para os cristiáns, un personaxe perfecto na articulación de dous mundos.

O investigador Maximino Fernández Sendín escribiu a última biografía de Alfonso Graña. Coa súa axuda, CRÓNICAS puido entrevistar á familia directa que aínda lembra a súa fazaña, tanto en Galicia como en Iquitos, Perú.



O documental, con guión de Reis Ramos e realización de Arturo Villacorta, rescata episodios e personaxes pouco coñecidos ; galegos emigrados á selva, entre os que salienta Cesáreo Mosquera, que foron pezas clave para a expedición científica máis importante da República : a expedición Iglesias ao Amazonas.



Nome

Clave


¿Aínda non ten unha conta? Pode crear unha.
· Máis acerca de Noticias
· Noticias de xenealoxia

--------------------------------------------------------------------------------

Noticia máis lída sobre Noticias:
Caixa dos Apelidos


Puntuación: 0
votos: 0


Tómese uns segundos para votar esta noticia:










Versión para imprimir






[ Privacidade ] [ Condicións Legais ] [ Mapa ]
Tódolos logos e marcas neste sitio pertenecen ós seus respectivos propietarios. As noticias e comentarios son propiedade dos seus autores. Todo o mais de

esperanzataboadasurribas
Mensagens: 48
Registado: domingo, 06 nov 2005, 23:14

Alfonso Graña

Mensagempor esperanzataboadasurribas » sábado, 17 fev 2007, 22:34

Lopez,iso esatamente foi o que vin soo que eu no reteño tanto gracias por poñer toda a historia


Voltar para “Historias da nosa emigración”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante