Lembranzas

Para relatarmos as vivencias vitais dos nosos pais, nais, avós e avoas, eses herois da nosa Emigración...
sromero
Mensagens: 135
Registado: quarta, 24 jul 2002, 23:00

Lembranzas

Mensagempor sromero » sábado, 28 out 2006, 17:05

Maria Rosa Iglesias desde Buenos Aires, envio el siguiente mensaje el 3 de febrero de 2002 a la lista Fillos-L:Queridos María Alicia, Manuel Gomez Díaz y Marcia Diéguez:

Conmovéronme as historias que contaron e as tres fixéronme chorar. A emigracion esta chea delas porque irse da terra é arrancarse as entrañas e non ai galego que non teña algunha de enorme dor e enorme sacrificio. Non solo os galegos as temos tan tristes porque eu coñozo outras de xentes do este europeo e italians moi dramáticas.

Actualmente os bolivianos, os peruanos seguramente teñen cousas moi tristes para contar. Pero o que eu rescato é a vontade de superacion, de fundar outro destino para os fillos. Algúns puideron, non. Nembargantes o noso pobo foi especialmente empecinado e forte para enfrentar a adversidade, a inxusticia e a incomprension.

A veces reflexiono -perdonen a mistura de galego con castelán! Estoi tratando de atreverme a escribir o meu idioma. Cando volte das vacacions pondréi o corrector de galego que un da lista mencionou!-, cando todo me doe moito, que en calquera momento vou lograr cambiar a conexion cerebral coa tristeza e vou pensar de este xeito: eles, meus seres queridos xa mortos, realizan seus esperanzas e proxectos a través de min, po lo tanto, coa miña alegría fágoos felices onde quera que estén oxe. Ese pensamento dame certa paz. Non sempre o consigo porque eu misma son emigrante e teño a alma rachada -ainda oxe, non deixo de chorar por meu avo a quen endexamáis volvin a ver e a quen non poido imaxinar morto anque fun a ver a sua tumba para convencerme- pero estou facendo grandes esforzos por transformar a tristura en agradecimiento. Meu avo viño a Bos Aires como traballador golondrina moitas veces pero sempre voltou para sua Galicia cos cartiños necesarios para comprar terras. Xa non son miñas porque meus pais vendéronnas e cando fun a verlas, un dos propietarios había talado todas-las árbores e había deixado solo césped. Foi como si me cortaran a man.

Pese a todo estou feliz de pertenecer a este pobo que ten tanta capacidade para superar os seus dolores e xerros. E cada día vou ofrecer aos espritos dos meus antepasados e a nena triste que eu fun, a vontade de sembrar alegrías.

Mándolles aos tres un abrazo.

María Rosa
Desde Bos Aires
Gallega de Sgo. de Compostela

Voltar para “Historias da nosa emigración”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes