Página 1 de 1

Mini e Mero, Mestres da Memoria 2016

Enviado: segunda, 29 fev 2016, 00:48
por pilarmabel
"A Asociación Escritoras-es Lingua Galega acordou outorgar o premio “Mestres da Memoria” a Mini e Mero, dous informantes da literatura popular, por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional. A entrega do premio terá lugar na cidade de Lugo o 19 de marzo, na xornada previa ao Día da Narración Oral, na I Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria que, co lema «Lugo, Capital Galega da Literatura de Tradición Oral»
Esta Gala de entrega dos IV Premios Mestras e Mestres da Memoria virá acompañada nas semanas previas dunha serie de actividades na capital lucense, dirixidas unhas ao público infantil e outras ao adulto, sempre coa literatura popular como obxectivo."

Fuente: http://www.avozdevilalba.gal/2016/02/mi ... -2016.html