Un filme analiza 170 anos do nacionalismo galego

Para falarmos sobre a música galega (tradicional e moderna), os grupos, artistas, compositores... Tamén sobre as películas feitas en Galicia, sobre os actores e directores galegos, etc. Incluimos neste foro tamén as conversas sobre teatro galego.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Un filme analiza 170 anos do nacionalismo galego

Mensagempor cachafeiro » domingo, 02 mai 2010, 20:16

Imagem
Un filme analiza 170 anos do nacionalismo galego
Beiras, Ledo, Quintana ou Díaz Pardo son algunhas das voces que se poden escoitar neste proxecto da Fundación Galiza Sempre
ALBERTO RAMOS |
Narrar a historia dun sentimento ideolóxico en imaxes foi o difícil obxectivo que se propuxeron hai xa tres anos Xabier Macías, Comba Campoy e Xosé Zapata, directores do documental a Memoria do nacionalismo galego. Esta película, que se estreou onte no Teatro Principal de Compostela, percorre 170 anos de nacionalismo galego grazas a un complexo traballo de documentación histórica e ao testemuño de 27 protagonistas e historiador.
“Este documental responde ao traballo de recuperación da memoria do nacionalismo que desenvolvemos dende a Fundación Galiza Sempre”, sinala Macías, director da entidade e un dos directores da película. Nesa liña de recuperar a historia, a Fundación iniciou o proxecto hai xa tres anos e para iso púxose en contacto con IB Cinema e coa xornalista Comba Campoy, que exerceu principalmente como guionista. “Traballei con Xabier na elaboración do guión. Para iso contamos co profesor Xusto Beramendi, que é o referente para o estudo histórico do nacionalismo. Tivemos que desenvolver un gran esforzo de síntese para recoller os diferentes aspectos que tratamos na película”, explica a xornalista Comba Campoy.
“ATÉ CASE HOXE”
Ese traballo de síntese deu como resultado un traballo duns 110 minutos divido en dous capítulos. “O documental conta con dúas partes. A primeira comeza co rexionalismo, que foi o protonacionalismo, e finaliza no ano 1950. A segunda parte vai dende esa data até case hoxe”, sinala Campoy. Con ese “até case hoxe”, a directora fai referencia a que os últimos tempos do nacionalismo galego non están recollidos na cinta. “As entrevistas fixéronse en 2008 e hai varias testemuñas que nese momento estaban no goberno. Falamos de Quintana ou Suárez Canal, pero no documental están non por ter esa responsabilidade na Xunta, interesábanos unicamente o seu papel na formación do nacionalismo”, explica Comba Campoy.
Por outra banda, esta división en dúas partes está pensada para facilitar a súa emisión en Televisión. “A TVG ten adquiridos os dereitos, aínda que polo momento non hai data para a súa emisión. Ademais, realizarase nos próximos meses unha­ edición en DVD, que se distribuirá coa nosa canle habitual de Biblosclube”, sinala Xosé Zapata, da empresa IB Cinema e un dos tres directores dunha cinta que busca converterse nunha ferramenta de estudo. “É un proxecto importante para a Fundación, pero tamén será útil para o nacionalismo galego, xa que é un documento do movemento político da nación galega”, sentencia Macías
http://www.xornal.com/artigo/2010/04/30 ... 03826.html

Voltar para “Música, cinema e teatro galegos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes