DE PÊ IRMANS!!!!!

Para falarmos sobre a música galega (tradicional e moderna), os grupos, artistas, compositores... Tamén sobre as películas feitas en Galicia, sobre os actores e directores galegos, etc. Incluimos neste foro tamén as conversas sobre teatro galego.
anavilat
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 441
Registado: quarta, 17 mai 2006, 14:29

DE PÊ IRMANS!!!!!

Mensagempor anavilat » sexta, 12 set 2008, 13:05

Silvine, todo aquel que non pensa como "o poder " esta de unha maneira ou outra censurado.
Son xente que reivindican, apoian, lembran, loitan... por cousas que para moitos e mellor calar.
Biquiños e apertas.

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

DE PÊ IRMANS!!!!!

Mensagempor casdeiro » sexta, 12 set 2008, 15:49

Anamp Escribeu:Abofé que concordamos en gustos musicais. Mini e Mero son dous grandísimos cantores, pero, coma dis, moito máis: recuperaron e difundiron cantigas de cego, ensalzan os nosos poetas coas súas composicións e as súas voces poderosas, preocúpanse pola nosa cultura, colaboran na exaltación e defensa do noso rural... son dous auténticos mestres!!!
E é todo un gusto escoitalos falar!!! Quen teña ocasión de asistir a concerto de A Quenlla, que non o perda, porque é un grupo imprescindible, e, aínda hoxe, continúa censurado nos medios de comunicación galegos.
Apertas!
Ana

Si que é un pracer, Ana, e o último día, á sombra da parra da miña tía en Andabao, parolando con Mini e a súa dona, saíron a relucir certo gaiteiro e a súa dona e os seus dous pequechos... ;-)

Si que é un pracer escoitalos, cantando, falando ou reivindicando. Menos mal que temos a Xurxo Souto para sacárnolos de vez en cando nos seus programas. E a Rede para os recuperar. Pedímoslle a Mini que publiquen por favor todas as letras no seu web e xa quedou en enviarnos as referidas aos fuxidos e guerrileiros que cantaron no seu concerto en Calo.

Espero volver de contado a velos. A Mero témoslle que agasallar cun exemplar da nosa Antoloxía Poética da Diáspora Galega, que non lle demos cando foi a actuación de Pan, e a Mini temos que velo dentro de pouco para compartir historias de cando a guerra que veño de descubrir na miña familia. Xa vos contaremos...

fridamarga
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 87
Registado: sábado, 13 ago 2005, 11:23

DE PÊ IRMANS!!!!!

Mensagempor fridamarga » sexta, 12 set 2008, 16:12

Obrigada a Alexandra, Anamp (como estão Xan e o pequerrucho Martiño??)e Perdiz!
Foi uma emoção ouvir cantar em galego. Perdiz, fizeste uma escolha sensacional. Já tomei nota de todos os vídeos da "Central de Vídeos" do Centro.

GALIZA VIVE EM NÓS!

perdiz
Mensagens: 67
Registado: domingo, 25 nov 2007, 18:53

DE PÊ IRMANS!!!!!

Mensagempor perdiz » sábado, 13 set 2008, 19:11

para aqueles que ainda não choraram:

cantiga de berce (fuxan os ventos)

Durme meu neno, durme,
sen máis pranto,
que o tempo de chorare,
vai pasando
Que a terra na que vives,
no que bágoas,
precisa homes inteiros,
pra liberala.
Durme meu neno, durme,
colle forzas,
que a vida que che agarda,
pide loita.
Recollera-lo froito
sementado,
no inverno escuro e frio,
no que estamos.
Semente feita en sangue por un pobo
que xurde dende a hestoria, dende o sono,
un sono cheo de aldraxe e miserento,
un sono de inxusticias e silencio.
Mira a língoa que falo, despreciada,
por ser língoa de probes, língoa escrava,
son o orgullo que temos, língoa de probes.
Só neles hai verdade e máis honores.
Durme meu neno, durme, niste colo,
que esta terrra de escravos non tén odio.
Tén séculos de espranza, agardada,
que pón hoxe nos fillos que amamanta.

http://www.centroespanholdesantos.com.b ... php?cod=57

apertas
perdiz

perdiz
Mensagens: 67
Registado: domingo, 25 nov 2007, 18:53

DE PÊ IRMANS!!!!!

Mensagempor perdiz » sábado, 13 set 2008, 19:15

Uma aula de história de nossa terra.
Como neto, gostaria muito de aprender com fillos, essa parte de nossa história.

O LOBO - fuxan os ventos

Por unha noite de séculos
corrian tres feros galgos,
tres feros galgos da noite
afiados coma dardos.
Un lobo de ollos de lume
tras deles iba avanzando;
levaba luz nos seus ollos,
luz de días agardados.
Entrando en terra de soños,
iban os soños cantando;
Corre, lobo de esperenzas,
brinca muros e valados,
que eses tres galgos de noite
queden vencidos e escravos.
Ponte de luz as estrelas
con nova forza alumaron;
os galgos corrian ben,
mais o lobo iba enirado
e nun recanto de lume,
matounos de tres zarpazos.
E os rios cantarona coro
un canto nunca cantado
o horizonte abríuse en cantígas
por un craro navallazo,
e u ceo foi outra vez
un ceo azul e mais branco.

http://www.centroespanholdesantos.com.b ... php?cod=58

grato
apertas
perdiz

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

DE PÊ IRMANS!!!!!

Mensagempor cachafeiro » domingo, 14 set 2008, 14:43

Para todos aqueles que gozan da boa poesìa, aqui déixolles un listado das letras do cancionero de Fuxan Vos Ventos.

Espero gócenas igual que eu.

Bicos.

http://gl.musikazblai.com/fuxan-os-ventos/



Alexandra Cachafeiro Camiña

silvine
Ex-membro
Mensagens: 159
Registado: quinta, 06 mar 2008, 02:59

DE PÊ IRMANS!!!!!

Mensagempor silvine » domingo, 14 set 2008, 19:49

anavilat Escribeu:Silvine, todo aquel que non pensa como "o poder " esta de unha maneira ou outra censurado.
Son xente que reivindican, apoian, lembran, loitan... por cousas que para moitos e mellor calar.
Biquiños e apertas.

Aniña, iso que dis seino e padecino... por habelo visto padecer a moitos e por ter que calar, porque se un "pensa en voz alta" ás veces corre perigo en certas circunstancias.

Estou empezando a coñecer máis a estes irmáns que cantan as verdades do pobo de xeito tan belo. Por suposto que entendo e comparto a súa loita.
Pero pensei que a esta altura, polo menos nalgún dos medios de comunicación, non seguisen sendo "discriminados". Digamos que a miña sorpresa foi unha mostra de ·inxenuidade", quizais. Non debería asombrarme que Mini e Mero sexan censurados, se as cousas parecen cambiar só para que todo siga igual.

Vaia a miña solidariedade e admiración para eles. Son estupendos e merecen o seu lugar nos medios. Pero ¿sabes? téñen o seu lugar porque xente que pensa ben e ben sente como ti coñécenos, escóitanos e apóianos e difúndenos.

Bicos e apertas.

Silvine

perdiz
Mensagens: 67
Registado: domingo, 25 nov 2007, 18:53

DE PÊ IRMANS!!!!!

Mensagempor perdiz » segunda, 15 set 2008, 01:18

Um pouco mais de nossa terra:

NOSA TERRA, NOSA NAI, NOSA GALICIA

http://www.centroespanholdesantos.com.b ... php?cod=60

(um pouco de paciência, recomendável banda larga com 2 MB ou maior)

apertas a todos
perdiz

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

DE PÊ IRMANS!!!!!

Mensagempor xestor » segunda, 15 set 2008, 10:58

Prego que manteñamos o fío no que se trataba inicialmente e que para novos asuntos empreguedes fíos novos ben idenficados. É importante para manter o Taboleiro ben ordeado a aproveitarmos mellor o tempo de conexión.

Grazas.


Voltar para “Música, cinema e teatro galegos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes