DE PÊ IRMANS!!!!!

Para falarmos sobre a música galega (tradicional e moderna), os grupos, artistas, compositores... Tamén sobre as películas feitas en Galicia, sobre os actores e directores galegos, etc. Incluimos neste foro tamén as conversas sobre teatro galego.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

DE PÊ IRMANS!!!!!

Mensagempor cachafeiro » terça, 09 set 2008, 21:32

Ponganse de pé, irmáns dun e outro lado do ocèano, e só escoiten.


http://www.youtube.com/watch?v=H8OuYDoR ... re=related



E agora, se o desexan, poden chorar.


Alexandra Cachafeiro Camiña

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

DE PÊ IRMANS!!!!!

Mensagempor cachafeiro » terça, 09 set 2008, 21:57

Mini o Xosé Luís Rivas e Mero o Baldomero Iglesias son os integrantes do grupo A Quenlla e fundadores de Fuxan vos ventos.
Dúas grandes referencias da musica popular galega, comprometidos coas principais reivindicacións do pobo galego, na recuperaciòn da memoria històrica e os seus dereitos culturais.
Ê un luxo escoitalos entonar o Himno Galego:


Himno Gallego

¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

Eduardo Pondal
1890





Alexandra Cachafeiro Camiña

anamp
Mensagens: 141
Registado: segunda, 07 jun 2004, 23:00

DE PÊ IRMANS!!!!!

Mensagempor anamp » quarta, 10 set 2008, 22:23

Abofé que concordamos en gustos musicais. Mini e Mero son dous grandísimos cantores, pero, coma dis, moito máis: recuperaron e difundiron cantigas de cego, ensalzan os nosos poetas coas súas composicións e as súas voces poderosas, preocúpanse pola nosa cultura, colaboran na exaltación e defensa do noso rural... son dous auténticos mestres!!!
E é todo un gusto escoitalos falar!!! Quen teña ocasión de asistir a concerto de A Quenlla, que non o perda, porque é un grupo imprescindible, e, aínda hoxe, continúa censurado nos medios de comunicación galegos.
Apertas!
Ana

perdiz
Mensagens: 67
Registado: domingo, 25 nov 2007, 18:53

DE PÊ IRMANS!!!!!

Mensagempor perdiz » quarta, 10 set 2008, 23:10

a todos meus irmaus de adn

os que non choraram antes
podem chorar agora.......

http://www.centroespanholdesantos.com.b ... php?cod=50

apertas a todos
perdiz

perdiz
Mensagens: 67
Registado: domingo, 25 nov 2007, 18:53

DE PÊ IRMANS!!!!!

Mensagempor perdiz » quarta, 10 set 2008, 23:13

ou quem sabe chore aqui

http://www.centroespanholdesantos.com.b ... php?cod=53

tenha um pouco de paciência (arquivo pesado)

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

DE PÊ IRMANS!!!!!

Mensagempor cachafeiro » quinta, 11 set 2008, 00:55

Moitas grazas, Anamp e Perdiz.
É marabilloso, que aínda que nos separe un òceano, únanos este sentimento de amor por Galicia e todo o que ela representa, para todos nós.


Alexandra Cachafeiro Camiña

recon
Mensagens: 6
Registado: sábado, 15 set 2007, 02:26

DE PÊ IRMANS!!!!!

Mensagempor recon » quinta, 11 set 2008, 01:13

Emocionei-me ao ouvir essa pérola do cancioneiro galego.
Obrigado

sbaezagarr
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sexta, 04 mar 2005, 00:00

DE PÊ IRMANS!!!!!

Mensagempor sbaezagarr » quinta, 11 set 2008, 02:01

¡Gracias Alexandra y Perdiz!

Gracias por haber compartido con nosotros la hermosa y emotiva versión del Himno de Galiza de Mini e Mero y de Brazos Pra Seitura y Muller magistralmente interpretados por Fuxan Os Ventos.

¡Cuanta emoción logran transmitir con su música y cuanto más nos unen a la amada Galiza!

En un gran abrazo, mi gratitud por este regalo.

Sandra

silvine
Ex-membro
Mensagens: 159
Registado: quinta, 06 mar 2008, 02:59

DE PÊ IRMANS!!!!!

Mensagempor silvine » quinta, 11 set 2008, 17:40

Grazas, moitas grazas Alexandra e Perdiz!

Cantemos cheos de emoción con tan grandes músicos populares que axudades a difundir, representativos do espírito de Fillos. O hino galego cantado aos pés da tumba do poeta que o escribiu. ¿Quen pode permanecer indiferente?

E as outras cancións, belas expresións da cultura galega... :)


E é todo un gusto escoitalos falar!!! Quen teña ocasión de asistir a concerto de A Quenlla, que non o perda, porque é un grupo imprescindible, e, aínda hoxe, continúa censurado nos medios de comunicación galegos.
Apertas!
Ana


Sí que é un gusto, Ana. ¿Máis como é iso? ¿Aínda hoxe o grupo continúa censurado nos medios de comunicación? 8-O
:(

Unha forte aperta.

Silvine

anavilat
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 441
Registado: quarta, 17 mai 2006, 14:29

DE PÊ IRMANS!!!!!

Mensagempor anavilat » sexta, 12 set 2008, 13:01

Sabía eu, Alexandra, que che habían gustar tanto como me gustan a min. ;-)
Aledame que comparmos a admiración por Mini e Mero ou Mero e Mini e que compartamos tamén a súa loita.
Miles de bicos.


Voltar para “Música, cinema e teatro galegos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes