COPLAS GALEGAS!!!!!

Para falarmos sobre a música galega (tradicional e moderna), os grupos, artistas, compositores... Tamén sobre as películas feitas en Galicia, sobre os actores e directores galegos, etc. Incluimos neste foro tamén as conversas sobre teatro galego.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

COPLAS GALEGAS!!!!!

Mensagempor cachafeiro » sexta, 08 ago 2008, 14:10

Estas coplas van dedicadas a Anavilat, en agradecimento do desvelo de onte á noite recordandome os versos que o meu pai cantábame cando eu era unha rapaciña.

A CHULA DE PONTEVEDRA

Non che canto por cantare,
Nin por ganas que che eu teña,
Canto por dar alegría
A un corazón que ten pena.

Quen me dera, quen me dera,
Que non costara nada,
Unha neniña bonita,
Coloradiña da cara.

Para boas mozas Mourente,
Garridas as de Estribela,
Bonitas as de Salcedo,
E a palma está en Pontevedra.

Sempre te atopo lavando
No río Lérez lixeiro,
Quen me dera se-la iauga
Onde te lavas primeiro.

Vállame San Miquiquí
E o canciño de San Roque,
A virxe da Peregrina
E o canciño de San Roque.

Ai! Maruxiña non vaias á herba,
Porque ven o vento e toda cha leva,
E toda cha leva e lévacha toda,
Ai! Maruxiña non vaias á herba.


A MAZÁ GARDADA

Teño unha mazá gardada,
Que ma deu un carpinteiro,
Xa vai un ano que a teño
E aínda non perdeu o cheiro

Esta noite hei de ir á fía,
Non por fiare na roca,
Vou por tocar o pandeiro
Que esta noite a min me toca.

Se queres ir vai bailare,
Se queres ir vai agora,
Despois non vaias dicindo
Que a foliada non foi boa.


Teño unha mazá gardada,
Que ma deu un carpinteiro,
Xa vai un ano que a teño
E aínda non perdeu o cheiro
Esta noite hei de ir á fía,
Non por fiare na roca,
Vou por tocar o pandeiro
Que esta noite a min me toca.

Se queres ir vai bailare,
Se queres ir vai agora,
Despois non vaias dicindo
Que a foliada non foi boa.
Agora non canto máis
Que se me acabou a gracia,
Aquela pouca que tiña
Deixeina quedar na casa.

As de alá de arriba cando van co gando,
Espetan a vara e bailan o tango,
E bailan o tango e máis a muiñeira,
Ás de alá de arriba non hai quen as queira.

PANDEIRETADA

Danse bicos os paxaros,
Bícanse a terra e o mare,
Aqueles que ben se queren
Por qué non se han de bicare.

Púxenme a contar estrelas,
E a botalas nun sombreiro,
Nunca lles puiden dar conta
Ata que veu o luceiro.

Quen ten amores non dorme,
Quen non os ten adormece,
Quen os ten lonxanos chora,
Quen os ten preto padece.

A despedida vou dando,
Con rosas e caraveles,
Pois según vou entendendo
A despedida ti queres


Danse bicos os paxaros,
Bícanse a terra e o mare,
Aqueles que ben se queren
Por qué non se han de bicare.
Púxenme a contar estrelas,
E a botalas nun sombreiro,
Nunca lles puiden dar conta
Ata que veu o luceiro.

Quen ten amores non dorme,
Quen non os ten adormece,
Quen os ten lonxanos chora,
Quen os ten preto padece.

A despedida vou dando,
Con rosas e caraveles,
Pois según vou entendendo
A despedida ti queres.


Alexandra Cachafeiro Camiña

anavilat
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 441
Registado: quarta, 17 mai 2006, 14:29

COPLAS GALEGAS!!!!!

Mensagempor anavilat » sexta, 08 ago 2008, 17:11

Grazas, carroucha!!!!

Mil bicos.

anamp
Mensagens: 141
Registado: segunda, 07 jun 2004, 23:00

COPLAS GALEGAS!!!!!

Mensagempor anamp » sexta, 08 ago 2008, 18:24

Ola, Cachafeiro!
Non sei se foi casualidade, pero recoñezo tres cantigas que recolle Treixadura nun dos seus discos; se é de aí de onde os quitaches, alégrome moito de que os coñezas e desfrutes coas súas cantigas!!!
Viva a a nosa música tradicional!!!
Unha aperta!
Ana

anavilat
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 441
Registado: quarta, 17 mai 2006, 14:29

COPLAS GALEGAS!!!!!

Mensagempor anavilat » sexta, 08 ago 2008, 19:13

Eu, todas, escoiteillas cantar un fato de veces a miña avóa. Moitas nin me lembraba delas, ata hoxe... grazas, Alexandra, por traerme tan doces recordos!!! Ainda me parece que mas esta a cantar, mentras me aprendia a tocar a pandeireta coa tapa da lata de galletas. :'(
Mil bicos, cheos de nostalxia.

silvine
Ex-membro
Mensagens: 159
Registado: quinta, 06 mar 2008, 02:59

COPLAS GALEGAS!!!!!

Mensagempor silvine » sexta, 08 ago 2008, 21:24

Alexandra ten a dita de vivir en galego toda a súa vida, aínda que lonxe de Galiza.
Creo que é un exemplo de como quen foron obrigados a irse da súa terra mantiveron viva a galeguidade e transmitírona aos seus fillos e netos.

Que marabilla que Ana recorde as coplas que cantaba a súa avóa alá en Santiago, porque desde Arxentina Cachafeiro comparte as que lle ensinou o seu pai galego en Arxentina.

A diaspora é tamén refuxio das tradicións do pobo galego... Verdade?

Grazas a todos por esa galeguidade que comparten con os que, coma eu, non tivemos esa oportunidade, e estamos aprendéndoa, aínda que xa amamos "a miña terra".

Mil e un bicos e fortes apertas!

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

COPLAS GALEGAS!!!!!

Mensagempor cachafeiro » domingo, 10 ago 2008, 23:40

Non é casualidade, Anamp, que recoñecesas esas coplas que gravaron os de Treixadura, pois tanto en "Unha noite non muiño" como en "Unha semaniña enteira" eles recollen coplas moi antigas, pois "a chula de Pontevedra" é un Sainete de E.Paradas que se estrenò en 1928. Tambèn teño grabacions de Rodas, Milladoiro, Amancio Prada, Juan Pardo, A Quenlla e màs do que che imaxinas, pois trato de atopar as coplas e cancións que se cantan na miña casa desde que eu era pequena, son unha fanàtica da mùsica tradicional Galega. Tambièn teño un libro da Universidade de Vigo que fai unha recopilaciòn de mùsica e danza popular galega. Espero que coñezas as coplas que poño a continuaciòn:

Casadiña de tres días,
quen che quitou as coores,
foi meu home ista noite,
debaixo dos cobertores



O señor cura de Olveira,
chamase don Manuel-e,
entre as pernas da criada,
ten a casuela do mele.

O cura maila criada,
foron plata-los melós,
a criada sen refaixo,
e o cura sen pantalós.

O cura vender vendeu,
vendeulle o demo a cabeza,
vendeulle a cama a criada,
agora durme na artesa.


Alexandra Cachafeiro Camiña

lopez
Ex-membro
Mensagens: 478
Registado: sábado, 19 out 2002, 23:00

COPLAS GALEGAS!!!!!

Mensagempor lopez » segunda, 11 ago 2008, 00:08

Alexandra, eu teño esta ultima, mais completa.
O CURA


O señor cura de Olveira,
chamase don Manuel-e,
entre as pernas da criada,
ten a casuela do mele.

O cura maila criada,
foron plata-los melós,
a criada sen refaixo,
e o cura sen pantalós.

O cura vender vendeu,
vendeulle o demo a cabeza,
vendeulle a cama a criada,
agora durme na artesa.

O cura foi o muiño,
coa saca a travesa,
viña de volta pra Laxe,
coa saca na cabesa.

O cura maila criada,
ordenaron de cocer-e,
a leña estaba no monte,
a fariña por moer-e.

O cura cando vai fora,
deixalle dito a criada,
veña tarde, veña cedo,
deitate na miña cama.

O cura que me casou-e,
debía de estar borracho,
nin siquiera me mirou-e,
si era femia ou era macho.

O cura que me casou,
está tolo ou borracho,
perguntoume no altar,
si era femia ou macho.

O cura vendeu a burra,
para non lle da-la cebada,
e agora vai ós enterros,
a cabalo da criada.

O cura foi o muiño,
e caiu monte abaixo,
acudidelle veciños,
que vai polo río abaixo

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

COPLAS GALEGAS!!!!!

Mensagempor cachafeiro » segunda, 11 ago 2008, 00:27

Amigo Lopez, eu tambièn téñoa completa, só que me diò vergonza escribila, aquì vai outra, espero gústelle:



Costureiriña bonita,
onde garda-los melendros,
téñoos na ucha fechados,
na cestiña dos romendos.

Costureiriña gharrida,
Costureiriña gharrida,
os mozos choran por ela,
por trasar na saliba.

Costureiriña bonita,
te-las pernas arañadas,
de subir polas paredes,
e baixar polas ventanas.

Costureiriña gharrida,
costureiriña gharrida,
os teus ollos me enamoran,
non poido ghaña-la vida.

Costureriña bonita,
levame os bois a beber,
pola nai que te pariú,
volverasmos a traguer.

Costureriña bonita,
levame os bois a beber,
vas, irás a fontiña,
volverasmos a traer.

Costureriña bonita,
eu non a quixera ser,
cá pera que está madura,
todos a queren comer.

Costureiriña bonita,
onde garda-los vestidos,
teñoos na ucha gardados,
para poñeree os domingos.

Costureiriña bonita,
onde te-la cama,
no poleiro da galiñas,
nunha presiña de pallas.

Costureira melindrosa,
arrechegate a este valo,
queroche contar un conto,
o conto do meu cabalo.

Costureira melindrosa,
dis que non comes touciño,
ainda comes porco enteiro,
dende o rabo ata o fuciño.

Costureira bonita,
tí que fas polo vran,
eu sachando no millo,
e tí ca agulla na man.

Costureira non a quero,
tecelá xa ma dan,
quero unha labradoriña,
que sepa coce-lo pan.

Costureiriña bonita,
onde che vai o dedal,
perdino na carballeira,
unha noite de luar.

Alexandra Cachafeiro Camiña

lopez
Ex-membro
Mensagens: 478
Registado: sábado, 19 out 2002, 23:00

COPLAS GALEGAS!!!!!

Mensagempor lopez » segunda, 11 ago 2008, 00:32

Ti tes vergonza, pero o cura non tiña ninguna.jajajajajaja

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

COPLAS GALEGAS!!!!!

Mensagempor cachafeiro » segunda, 13 abr 2009, 19:01

coplas para desempoar as pandereitas,


O cantar do galleguiño
é cantar que nunca acaba:
empeza con lailalila,
acaba con lailalala.

O caravel cando nace
de pequeniño resende;
non hai cousa máis bonita
que o home cando pretende.

O caravel cando nace
trae o bico retorcido;
tamén os fillos dos cregos
chaman ó pai señor tio.

O cura da miña aldea
cando lée no berviario,
non se cuida das ameixas
que lle rouban noutro lado.

O cura de alá de lonxe
ten as cirolas rachadas
que llas racharon as silvas
a correr tras das criadas.

O cura chamoume Rosa,
eu tamén lle respondín:
De estas rosas, señor cura,
nonas ten no seu xardín.

O crego e maila criada
e tamén o sancristán,
os tres xuntos no muiño
que boa fariña fan !.

O crego e maila criada
ordearon de cocer:
a leña estaba no monte,
a fariña por moer.

aínda teño moitas mais, se alguén se atreve, BENVIDO!!!!


Alexandra Cachafeiro Camiña


Voltar para “Música, cinema e teatro galegos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante