Página 1 de 2

Pan (catro propostas ao redor da malla)

Enviado: sábado, 10 mai 2008, 10:33
por casdeiro
Despois de levar tempo querendo vela, onte tiven a oportunidade de asistir á representación que no Milladoiro (Ames) deu a xente de da obra Pan, catro propostas ao redor da malla.

Imagem

Eu coido que foi todo un éxito, o auditorio cheo ate os topes, con xente incluso de pé por falta de sitio. Os actores e os músicos, caralludos. Destacaría sobre todo a apaixoada . Os textos moi bos, sobre todo o do 2º acto (A sega).

A obra divídese en 4 actos bastante diferentes, conducidos polos tempos da fabricación tradicional do pan: a sementeira, a sega, a malla... e mais o pan. O ton dos actos é bastante diferente, habendo quizáis máis unidade entre o 1º e 3º, en ton de traxicomedia acerca dun mundo rural sobrepasado por un falso progreso. O 2º acto é de sátira política iconoclasta que non deixa títere con cabeza e que descansa sobre o traballo monologado das dúas actrices: Comba Campoi e María Lado. Seguro que fire máis dunha sensibilidade política ou mesmo relixiosa, pero só os galegos podemos rirnos de nós mesmos deste xeito. Parabéns ao autor, Carlos Santiago por un dos máis lúcidos e divertidos textos que xamais se escribiron sobre a historia e a política do noso país. O 4º é máis a xeito de conclusión poética: a min dábame a impresión de estar representando un frío e impreciso futuro no que se reencontra a calor humana compartindo soidades por medio da compartición do pan.

A presenza de Mini e Mero, de , non podía ser máis acaída: coa guitarra, a zanfona e as súas voces, dan un contrapunto que vai fiando as historias con coplas tradicionais e tamén feitas para a ocasión, polo que me pareceu.

A miña máis viva recomendación para os que teñades aínda a oportunidade de velos. Para os que non, que saibades que están a preparar un libro-disco cos textos e música da obra. Eu non deixarei de mercalo.

Grazas por facernos desfrutar así, emocionarnos, rir... e saborear ese estupendo pan de cea!!!! ;-)

Pan (catro propostas ao redor da malla)

Enviado: sábado, 10 mai 2008, 10:46
por casdeiro
Ah, aínda que no web da propia compañía non ven, acadei esta maneira de ver onde tedes as vindeiras representacións da obra:
http://www.culturavai.info/web/axenda.p ... _espazo=81

Como vedes, neste mes actúan en Betanzos, Sanxenxo e Ourense. Non o perdades!!! ;-)

Pan (catro propostas ao redor da malla)

Enviado: sábado, 10 mai 2008, 12:26
por anavilat
Grazas, pola parte que me toca!!! O mesmo digo!!!
Ten razón, ten todo para non perdela por nada.
Eu tamén quero dende aqui, felicitar a Carlos Santigo, por o maravilloso texto que fixo para a sega.
Felicitar a unha Maria Lado que me impresionou, tanto na súa faceta de actriz como tamén como persoa... Simplemente xenial, Maria!!!!
E felicitar a todos os que fixeron e fan posible Pan, o bó traballo sempre ten resultados xeniais... Mini e Mero tamén deben ter unha mención especial... todos son merecentes dela a verdade.
Vamos que entre a compaña e a espectacular obra, foi unha noite redonda... como o pan de Cea... que bó!!!
Por certo na páxina de Voltaedalle tamén teñen unha axenda:
http://www.voltaedalle.com/WordPress/
Non a perdades, se é que tedes ocasión de vela.

Pan (catro propostas ao redor da malla)

Enviado: sábado, 10 mai 2008, 13:00
por casdeiro
Si, xa vira esa axenda pero creo que non a teñen tan actualizado como a do IGAEM ;-)

E concordo: Mini e Mero fano moi no escenario e a música que crearon para esta obra é a mellor guinda que podía ter!

(O do pan hai que explicalo: á entrada da mesma había unha cestiña moi cuca con rebadas de pan de Cea, coa que se fixo máis levadeira a espera a que abrisen as portas, e tras a obra o propio Mini agasallounos ademais de coa súa simpatía e engaiolante falar, cun boliño dese mesmo pan do que xa case demos conta!) :-d

Pan (catro propostas ao redor da malla)

Enviado: sábado, 10 mai 2008, 14:33
por anavilat
Despois lembreime que Mero nos dixera que a tiñan un pouco abandoada, ou referiase a da Quenlla?....
Por certo que si.... a cestiña da entrada era ben cuca. ;-)
Deches no cravo cando falas do Mini... estaría escoitando horas!!! E dariame igual que cantase ou que falase!!!! X-D

Pan (catro propostas ao redor da malla)

Enviado: domingo, 11 mai 2008, 00:10
por fridamarga
Gosto de vos ver felizes, assim!
Que tal acharam o desempenho de COMBA CAMPOY ????????? :-D

Pan (catro propostas ao redor da malla)

Enviado: domingo, 11 mai 2008, 18:52
por casdeiro
A Campoi? Ben, polo que comentaba a xente que a vira en anteriores representacións... amosábase máis "solta". É moi versátil e mesmo facía de vella muda no primeiro acto como representaba alegórica e sacrilegamente a nosa nación no segundo, como facía unha representación case de danza moderna contra o final...

Pan (catro propostas ao redor da malla)

Enviado: quinta, 12 jun 2008, 17:40
por xestor
Achéganme isto por mail, que teño o pracer de vos trasmitir coa miña máis grande recomendación para os que poidan asistir:

VOLTA E DÁLLE teatro, presenta o seu último espectáculo "PAN" en Ourense

Volta e Dálle Teatro chega a Ourense co seu último espectáculo "PAN. Catro propostas arredor da malla", unha innovadora proposta que mestura teatro e danza, así como a música ao vivo. A representación será este venres, día 13 no Auditorio Municipal de Ourense ás 20:30h



O xoves por volta das 12 h., na Rúa do Paseo varios actores de Volta e Dálle realizarán accións teatrais de rúa, mallando e repartindo PAN de Cea.



PAN é o resultado dun proceso de creación colectiva dirixida por catro directores e unha coreógrafa, cunha temática diferente, a tradición perdida das mallas. Unha tradición que simboliza a perda dos valores da colectividade e do esforzo dentro da sociedade galega, eminentemente rural non hai tanto tempo.



Son cinco actores e actrices as que lle dan forma ás catro historias que configuran PAN. Comba Campoy, María Lado, Pepe Penabade, Luís Iglesia e Alfonso Romeo, coa música en directo de Mini Rivas e Mero Iglesias, integrantes do coñecido grupo A Quenlla.



Os catro actos fan mención ás distintas fases do proceso do pan dende a leira ata o seu consumo, e foron dirixidos por catro directores. Así, Nazaret López, Carlos Santiago, Lucho Penabade e X. H. Rivadulla Corcón, son os responsables de A Sementeira, A Sega, A Malla e O Pan respectivamente.



Catro olladas totalmente diferentes e únicas, coas súas particularidades estéticas e tamén conceptuais, van fiadas por entreactos dirixidos pola coreógrafa Branca Novoneyra.



¡ SAÚDOS TEATREIROS!

Pan (catro propostas ao redor da malla)

Enviado: quinta, 12 jun 2008, 17:48
por xestor
E velaquí unhas fotos da representación!!!

Imagem

Imagem

Imagem

Imagem

Imagem

Pan (catro propostas ao redor da malla)

Enviado: sexta, 26 set 2008, 17:59
por casdeiro
Para os que poidades asistir. Sinto avisar con tan pouco tempo! :-(

http://www.concellodeteo.com/actualidad ... 125&lg=gal

Imagem