Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Para comentar libros galegos e falar de autores, clásicos e modernos.
marisalvar
Mensagens: 310
Registado: sábado, 08 mar 2003, 00:00

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Mensagempor marisalvar » terça, 02 ago 2005, 17:20

Eu rematei de ler fai uns días " Amor de tango", un libro de María Xosé Queizán, que me gustou moito.
Narra a adolescencia dun grupiño de rapazas da burguesía viguesa de antes da guerra civil, e, paralelamente, vai narrando a historia da cidade olívica neses anos, baixo o prisma feminista da súa autora, que nos descubre unha cidade liberal e de avangarda para aquela época.
Anque nos comenzos da lectura parecíame que ía ser un libro máis livián, a verdade é que pouco a pouco foime atrapando a paixón e a forza desta historia.

Marisa
Última edição por marisalvar em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.

anamp
Mensagens: 141
Registado: segunda, 07 jun 2004, 23:00

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Mensagempor anamp » terça, 02 ago 2005, 21:04

Eu estou relendo clásicos, por suposto todos moi recomendables: para quen goste da poesía reivindicativa: Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro.
E un libriño curtiño, con moita retranca, e que relata a situación de asoballamento dos labregos galegos a principios do século XX (hoxe xa case non hai...): O catecismo do labrego, de Marcos da Portela. Para botar unhas risas e unhas bágoas...
Ana
Última edição por anamp em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Mensagempor xestor » quarta, 03 ago 2005, 07:53

Xana Escribeu:Acabo de terminar outro libro: , de Xosé Monteagudo. Construído coma un verdadeiro crebacabezas, as voces dos diferentes personaxes vanse sucedendo, explicando cachos das súas vidas que están entretecidas ao redor dun misterio. Fai falla, polo tanto, xuntar tódalas pezas para ver a imaxe completa e entender o que pasa.

Vaia, non sabía: outro que segue ese estilo, se se pode chamar así. Moitos autores modernos, tanto na literatura, na banda deseñada ou no cinema, adoitan facer iso mesmo... Estou pensando en Suso de Toro, en Quentin Tarantino... Non vos parece?

Por certo, Xana... non me parece mal que ligues con Andel, pero dado que ao fina e ao cabo sonche unha empresa comercial, non estaría de mais que pagasen por lles facermos publicidade, non cres? Aquí cando se ligou algunha vez cunha libraría online sempre contribuiron con algo, aínda que fose en especie (libros para regalarmos). Tamén vin que os suxeriches para NaveGalicia, pero non penso que debamos poñer links comerciais. É a política de Fillos.
Última edição por xestor em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.

mdieguez
Mensagens: 91
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Mensagempor mdieguez » quarta, 03 ago 2005, 11:32

Xana , eu tamén estou lendo Historia de Galicia do Ramón Villares e estou gostando moito.
Rematei a pouquiño a Fuxida da Loba de Carlos Laredo , amei.
Nos reporta a vida no pobo e as historias contadas polo aguardientero mentras fai o seu distilado son maravillosas.
Agora vou comezar Ao Pé do Magnolio de Marina Mayoral. Miña Nai xa o leu e a todo momento me pregunta se xa o comecei a ler.
Miña Nai é unha leitora voraz , todo que traigo da biblioteca ela le antes de mín, e axiña ! Ela vai cumprir os 84 anos e se emociona poder ler en galego , fala que é como ouvir a sua Nai.
Despois de ler , comento o que me pareceu X-D
Última edição por mdieguez em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.

xana
Mensagens: 129
Registado: domingo, 22 mai 2005, 23:04

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Mensagempor xana » quarta, 03 ago 2005, 11:43

Admin Escribeu: Por certo, Xana... non me parece mal que ligues con Andel, pero dado que ao fina e ao cabo sonche unha empresa comercial, non estaría de mais que pagasen por lles facermos publicidade, non cres? Aquí cando se ligou algunha vez cunha libraría online sempre contribuiron con algo, aínda que fose en especie (libros para regalarmos). Tamén vin que os suxeriches para NaveGalicia, pero non penso que debamos poñer links comerciais. É a política de Fillos.

Perdoa, non o sabía, pero tes tódala razón (tamén editei o post). :)

Vaia, non sabía: outro que segue ese estilo, se se pode chamar así. Moitos autores modernos, tanto na literatura, na banda deseñada ou no cinema, adoitan facer iso mesmo... Estou pensando en Suso de Toro, en Quentin Tarantino... Non vos parece?

E respecto a iso, totalmente de acordo. Por sorte a min o multiperspectivismo ou polifonía é un dos recursos narrativos que máis me gustan. O problema é cando toda a novela constrúese ao redor desta combinación de voces, convertíndose só nun pretexto para repetir este esquema tan "de moda". Non sei se me explico ben
Última edição por xana em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Mensagempor xestor » quinta, 04 ago 2005, 07:35

Mdieguez Escribeu:Miña Nai é unha leitora voraz , todo que traigo da biblioteca ela le antes de mín, e axiña ! Ela vai cumprir os 84 anos e se emociona poder ler en galego , fala que é como ouvir a sua Nai.

Vaia, non sabía isto, Marcia! :-) E ela que pensa das diversas grafías do galego? Cal entende mellor (interésame especialmente sabelo como muller que vive nun país lusófono)? Que comenta do léxico, cal lle lembra máis a túa avoa? Que autores galegos lle gustan máis?
Última edição por xestor em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.

mdieguez
Mensagens: 91
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Mensagempor mdieguez » quinta, 04 ago 2005, 14:17

Bueno , Casdeiro, miña nai é apaixonada pola Rosalía de Castro :D .
Ela fun criada en colexio de monxas , xa que miña avoa se quedó viuda cando miña nai estaba con 2 anos de idade.
A avoa se marchou con ela para sua Ganade en xinzo de Limia e alí se quedaron por 1 ano. A avoa queria unha vida mellor para sua nena , que ela estudiase e voltou ao Brasil . Aqui con as monxas num colexio de orfanos , ela tomou gosto pola leitura.
Ela como nós comenta as diferentes maneiras de escriber do galego e comenta que a sua Nai falaba como os libros escritos agora. A avoa falaba un galego moito aportuguesado , non como no Brasil . Misturaba o castellano có galego .
O que mais chama a ateción da miña Nai , son os ditos que aparecen nos libros , cómo en a Fuxida da Loba " A gana de comer fai a vella correr", ese a avoa falaba a cotio.
Última edição por mdieguez em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Mensagempor xestor » sexta, 05 ago 2005, 08:34

Mdieguez Escribeu:O que mais chama a ateción da miña Nai , son os ditos que aparecen nos libros , cómo en a Fuxida da Loba " A gana de comer fai a vella correr", ese a avoa falaba a cotio.

si, supoño que os refráns son un verdadeiro reservorio da nosa lingua, onde se atesouran e protexen contra invasións doutras linguas. É doado substituir léxico e mesmo gramática por outra lingua semellante, pero ao final os que mellor resisten sonche os refráns. Invítote a trasmitir á túa familia .
Última edição por xestor em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.

xana
Mensagens: 129
Registado: domingo, 22 mai 2005, 23:04

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Mensagempor xana » terça, 09 ago 2005, 21:17

Xana Escribeu: e como Beltram teño pendente Calzados Lola.

Pois xa non, remateino esta tarde. Estou de acordo co que dixo Beltram, podería facerse unha película co argumento do libro, é moi visual, moi cinematográfico. Este é o comentario que enviei para a web:

Manuel, galego que vive en Madrid, ten un traballo un pouco ilegal. Un día, a súa nai chámao moribunda, e sen darse de conta el marcha a Galicia cunha casete que comprometería ao seu xefe. Este manda dous matóns a perseguilo para que recuperen a casete.

Na vila, preto de Fisterra, Manuel atopa o seu irmán pequeno Miguel, e ámbolos dous deberán afrontar a morte da nai. Con eles estará Susana, a filla do xefe de Manuel, namorada do protagonista. A morte da nai permitiralles aos dous irmáns coñecer a súa verdadeira orixe.

Gustoume, emocionoume o final, non porque este sexa especialmente emotivo, senón porque tódala novela o é. Combínanse anacos moi dramáticos, persoais, con fragmentos de acción trepidante nos que a narración é áxil, atrapando ao lector dende o principio. Como defecto, que é un pouco previsible.
Última edição por xana em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.

xana
Mensagens: 129
Registado: domingo, 22 mai 2005, 23:04

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Mensagempor xana » segunda, 05 dez 2005, 22:55

Nestes meses lin máis libros en galego.

Recomendo sobre todo Xeración perdida, unha novela moi orixinal de Francisco Castro. Trata do mundo da droga en Vigo, das lembranzas, da infancia, pero tamén do proceso de escritura dunha novela e da comunicación entre o escritor e mais o lector. É unha crítica á sociedade actual, ao mundo no que vivimos, dende unha perspectiva irónica que provoca sensacións "agredoces".

Tamén gocei moitísimo con Teoría do caos, de Marilar Aleixandre. Seis amigos van de excursión ao monte. Acaban de rematar a carreira, e ven ante os seus ollos o futuro, incerto pero cheo de esperanzas, sen esquecer o pasado, que os fixo chegar até onde están agora. Novela vital, que invita a aproveitar o momento presente, porque todo pode cambiar nun segundo (como di a teoría do caos, "El aleteo de una mariposa puede provocar un huracán en la otra punta del mundo"). Ademais, a construcción da obra é moi orixinal: coma en Rayuela, de Cortázar, a autora propón dúas ordes de lectura da novela: a lineal, e outra na que se intercalan os diferentes capítulos.

Veña, a ver se alguén se anima! Estanvos moi ben ambas as dúas, de verdade! :D
Última edição por xana em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.


Voltar para “Literatura galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante