Página 2 de 4

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Enviado: segunda, 13 jun 2005, 10:21
por anamp
Do que levo lido de Suso de Toro, coido que "Non volvas" é o que máis adentro me chegou...
Ana

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Enviado: quarta, 15 jun 2005, 11:13
por mdieguez
Como posso conseguir o Livro "Non Volvas" do Suso Toro?
A Xunta nos manda livros e temos o Tic Tac . Mais pela discrição de Non Volvas ,já me apaixonei pelo tema.
Tería algum exemplar entre os doados a campanha de leitura de Fillos?
Se sim , me candidato a receber a doação :-)

Marcia Dieguez

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Enviado: sábado, 18 jun 2005, 02:27
por antoniorey
Ola :-)

O derradeiro libro que lin en galego foi "Historias de emigrantes" de Xosé Neira Vilas.

É un texto sinxelo mais trouxome moitos pensamentos sobre o meu avó, quen ben puido ser un dos seus personaxes ;-)

Unha aperta para tódolos lectores ;-)

Antón de Muros.
Son galego.
En Bos Aires ;-)

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Enviado: sábado, 16 jul 2005, 20:33
por xana
Despois de ler O Código Da Vinci en galego (para practicar), agora estou con Manuel Rivas e A man dos paíños. Este último está a gustarme moito máis, o do Dan Brown pareceume un pouco... infantil e superficial, non sei, cuestión de gustos.

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Enviado: domingo, 17 jul 2005, 02:37
por antoniorey
Ola Xana:

Eu lin A man dos paíños. Gustoume moitisemo.

Saúdos.

Antón de Muros.
Galego en Bos Aires.

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Enviado: domingo, 17 jul 2005, 18:21
por casdeiro
Xana Escribeu:E xa que estou, engadirei que quero ler un libro... (o meu aniversario é no mes vindeiro, xa sabedes, jajaja) ¿Coñecedes o "Diccionario dos seres míticos galegos"? De Xoán Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda. A min paréceme que é unha obra moi amena e completa, con moitísima información, ilustracións ben feitas, todo explicado cun estilo sinxelo e interesante... e que custa os seus bos 40 euros, unha mágoa.


Eu, despois de moitos anos de andar tras del, por fin o merquei hai pouco. Precisamente dedicinme a mercalo para usalo como material de referencia para unha colección de postais que imos editar en Fillos ilustradas con persoeiros da nosa mitoloxía. De contado habedes ver os primeiros na ...

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Enviado: quarta, 20 jul 2005, 13:50
por xana
AntonioRey Escribeu:Ola Xana:

Eu lin A man dos paíños. Gustoume moitisemo.

Saúdos.

Antón de Muros.
Galego en Bos Aires.

¡Ola Antón! Xa acabei de ler A man dos paíños e coincido contigo, gustoume moito. Sobre todo a primeira das tres partes (o libro componse dun relato, co mesmo título có libro, un álbum fotográfico e mais historias de mariñeiros).

Ás veces perdíame un pouco, hai algúns cambios de voz narrativa, ou de espacio ou tempo que se fan sen avisar, pero disfrutei moito. De feito, polo de agora é o meu libro favorito de Rivas, máis que O lapis do carpinteiro.

Recoméndovos este libro, que me pareceu ideal para ler agora en verán, porque é moi curto e para os que faledes ben o galego, moi fácil de ler. Devórase nun par de seráns. :D

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Enviado: quarta, 20 jul 2005, 13:56
por xana
casdeiro Escribeu: Xana Escribeu:(...) o "Diccionario dos seres míticos galegos"? De Xoán Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda. A min paréceme que é unha obra moi amena e completa, con moitísima información, ilustracións ben feitas, todo explicado cun estilo sinxelo e interesante. (...)


Eu, despois de moitos anos de andar tras del, por fin o merquei hai pouco. Precisamente dedicinme a mercalo para usalo como material de referencia para unha colección de postais que imos editar en Fillos ilustradas con persoeiros da nosa mitoloxía. De contado habedes ver os primeiros na ...

Pois estarei moi atenta, ¡porque as postais gustaranme seguro! Gracias por avisar. :)

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Enviado: quinta, 21 jul 2005, 08:08
por xestor
esteirana Escribeu:"Tic-Tac" é un verdadeiro crebacabezas, ou un labirinto no que parece que non vas atopar a saída ou non sabes como vai rematar. E unha obra en primeira persoa na que o protagonista narra historias ou cachos de historias que ve ou que lle pasan pola mente. Son historias que ainda que parezan insignificantes, son verdadeiras traxedias para quen as conta. Gustoume e impactoume bastante ainda que me deixou certa tristura ao rematar de lela, coma se o paso do tempo fora negativo... supoño que de aí ven o título Tic-tac do reloxio...

É un dos meus libros preferidos, de todas as épocas e en calquera idioma. Unha obra mestra!!! ;-)

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Enviado: terça, 02 ago 2005, 15:16
por xana
Acabo de terminar outro libro: As voces da noticia, de Xosé Monteagudo. Construído coma un verdadeiro crebacabezas, as voces dos diferentes personaxes vanse sucedendo, explicando cachos das súas vidas que están entretecidas ao redor dun misterio. Fai falla, polo tanto, xuntar tódalas pezas para ver a imaxe completa e entender o que pasa.

Esta novela gustoume moito. Descubrina por casualidade, tiña que escoller un libro de literatura galega entre dez que non coñecía de nada, e este foi o que me chamou máis a atención. Despois de ler a primeira páxina (a cola para pagar era moi grande e non puiden resistir á tentación de empezar a lelo antes de mercalo :D), despois desa primeira páxina, metínme de cheo na historia.

Situada na Brea, unha pequena aldea de Lugo, retrata moi ben o mundo rural galego, a Galicia profunda, como di Rosa Aneiros na contraportada do libro. Moi "fresca", áxil, ben escrita e que atrapa dende o primeiro momento. Recoméndovola.