Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Para comentar libros galegos e falar de autores, clásicos e modernos.
xana
Mensagens: 129
Registado: domingo, 22 mai 2005, 23:04

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Mensagempor xana » segunda, 05 dez 2005, 23:20

Ah, xa lembrei outros libros que lin en verán:

No ano do cometa, de Xoán Bernárdez Vilar. Situado na Idade Media, relata unha guerra entre Inglaterra e Normandía na que participaron algúns galegos. Para os que gosten da novela de aventuras e acción, esta vailles prestar. A min me pareceu prescindible, non vos perdedes nada fantástico se non a ledes.

Romeo e Xulieta, a tradución en galego que regalou un xornal de Galiza. A tradución pareceume moi correcta, nalgunhas ocasións semellaba un pouco enxebre, pero en xeral estaba ben.

A esmorga, de Blanco Amor. Teño que relela para asimilala completamente, moi boa e moi recomendable.

Martázul, de Xosé A. Perozo. Literatura erótica, que non pornográfica: as escenas máis sensuais non son o único importante, hai detrás un argumento interesante (sinxelo, iso sí).

Unha presa de terra, de Marilar Aleixandre. Simple novela detectivesca, pareceume moi sinxela e aburrida. Pódese ler nunha tarde, mantén ben a intriga, pero é curta de máis. Agora que teño lido Teoría do caos, recomendo moitísimo máis esta última que Unha presa de terra.

Non volvas, de Suso de Toro. Pois non me gustou moito, a verdade. Non sei se é por como está escrito ou polo argumento, pero a historia non me chegou, non a crin. Toda ela dá voltas en torno "ao galego", o mundo rural, o pasado, a lembranza, o máxico... Pareceume un libro baleiro, cheo de tópicos, pero que non din nada de tan gastados.

O banqueiro anarquista, de Pessoa, en portugués. Custoume un pouco, porque non sei portugués, pero é unha marabilla do enxeño, da ironía, da crítica e da intelixencia. Xenial.

E, por último, Anagnórise, de Maria Victoria Moreno. Moi curto, pódese ler nunha tarde (mellor se chove, o ambiente é daquela máxico). Especie de viaxe iniciática (como din os críticos, "bildungsroman") dun rapaz auto-stopista e unha muller sen nome. Unha aprendizaxe a través da vida, da dor e das conversas compartidas, pareceume precioso, recoméndovolo moitísimo.

Por certo, escoitei que esta escritora morreu hai uns días despois de loitar contra o cancro. Polo menos segue viva en todos nós, grazas ás súas novelas.

Que liches vós estes meses? Algunha recomendación xenial?
Última edição por xana em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.

beltram
Mensagens: 58
Registado: domingo, 19 dez 2004, 00:00

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Mensagempor beltram » terça, 06 dez 2005, 17:29

Oiche Xana, quatro coma ti e as editoriais galegas fan o ano ;-)
Eu hai moito que nom leo em galego, levo ja tempo em Toulouse e parvo de min nom trouxen nengum livro pra ler. De todos os jeitos direite que ultimamente doulhe ao ensaio bastante. Ed. Laiovento é umha editora a ter en conta, eu recomendote:
-Os nacionalismos perigosos de Josep Huguet.
-O galego (im)possível de Valentim Fagim.

Tamen se gostas das lendas e da tradiçom oral a Guia da Galiza maxica de Vitor Vaqueiro é caralhuda. Edita Galaxia.
Última edição por beltram em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.

xana
Mensagens: 129
Registado: domingo, 22 mai 2005, 23:04

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Mensagempor xana » terça, 06 dez 2005, 22:06

Ah, pero non os merquei todos, eh? :D Non teño nin o espazo nin o diñeiro. Por sorte algúns deses libros puiden collelos na biblioteca da miña universidade (a única de fóra de Galiza na que se pode facer filoloxía galega), ou ben na biblioteca do Centro galego.

Beltram Escribeu: Tamen se gostas das lendas e da tradiçom oral a Guia da Galiza maxica de Vitor Vaqueiro é caralhuda. Edita Galaxia.

Estiven botándolle un ollo á guía, a verdade é que o tema é moi interesante. Cando poida vouna coller na biblioteca.

Se queres libros en galego podes baixar nun momentiño a Barcelona ;) , podes ir a Sargadelos, ou mesmo mercar libros por internet, hai varias librarías electrónicas... Por certo, atopaches galegos en Toulouse?
Última edição por xana em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.

beltram
Mensagens: 58
Registado: domingo, 19 dez 2004, 00:00

Estou lendo, acabei de ler, quero ler...

Mensagempor beltram » terça, 06 dez 2005, 23:06

Uhm...tinha pensado baixar a Barcelona, tenho bos amigos ali e habera que ir velos. De todos os jeitos em 10-15 dias e se umha greve da SNCF nom o remedia marcho pra Galiza a pasar o Nadal, o fin de ano, os Reises e as rebaixas do Corte Inglés se me deixan.

De mercar em livrarias electronicas, quedome con Fillos, hai que varrer um pouquechinho pra casa...

Por certo, si atopei galegos em Toulouse (como nom ia atopar ;-) ), haiche algum que outro Erasmus... Tamen estiven tentando contatar coas rapazas que levan o Centro Galego de Toulouse, mais ainda nom combinei con elas. Logo estan os emigrados e exilados que escaparon do Franco e refizeron a sua vida eiqui, gente interessante sen dubida.

Da Guia da Galiza maxica, quedate co prologo. A min fixome reflexionar moito...


Voltar para “Literatura galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes