I Concurso Literario de Abriga

Para comentar libros galegos e falar de autores, clásicos e modernos.
esteirana
Mensagens: 238
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

I Concurso Literario de Abriga

Mensagempor esteirana » sexta, 17 dez 2004, 17:42

Están abertas as inscricións para o concurso literario de ABRIGA.
O concurso está destinado ao público en xeral, maior de 16 anos.
As inscricións son gratuítas.

REGULAMENTO.

1. A asociación ABRIGA - ASOCIACIÓN DE INTEGRACIÓN GALEGO-BRASILEIRA co patrocinio da DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA - SERVICIO CULTURA E DEPORTES, institúe, para o ano 2004, o I CONCURSO LITERARIO DE ABRIGA.

2. O premio é de 200 ? ao vencedor do concurso.

3. O concurso está destinado a maiores de 16 anos.

4. Os contos deberán estar escritos en portugués ou galego, orixinais e inéditos, de tema libre, que non teñam sido premiados noutro certame e que non estean presentados noutro concurso antes da publicación do vencedor desta convocatoria. O autor acompañará unha carta na que declare estes aspectos, indicando tamén que sobre esas obras non existe ningún compromiso e por tanto posúe todos os dereitos.

5. Os traballos deberán ser presentados nun máximo de 10 páxinas mecanografadas por unha soa cara, identificados soamente cun pseudónimo, constando nun sobre a parte, pechado, o nome completo, enderezo, e-mail e teléfono do autor. Para a identificación da autoría do traballo vencedor e finalistas, a comisión organizadora, xuntamente coa comisión xuzgadora, abrirá o sobre no que conste o pseudónimo análogo aos traballos do vencedor e finalistas.

6. Cada autor pode enviar o número de traballos orixinais que desexe.

7. Para a efectividade do concurso, ABRIGA constituirá unha comisión xuzgadora responsable do exame e juzgamento do concurso composta de 5 persoas, escollidas pola directoría de ABRIGA.

8. O prazo de admisión está aberto desde a data da publicación destes requisitos ata o día 7 de febreiro de 2005.

9. A comisión xuzgadora terá o prazo de ata 50 días para o exame e xuzgamento dos traballos despois do o peche do prazo de admisión.

10. Os traballos deberán ser enviados a:

ABRIGA - ASOC. DE INTEGRACIÓN GALEGO-BRASILEIRA

Apartado de Correos 170

36200 - VIGO - PONTEVEDRA


11. ABRIGA ten a intención de publicar nun futuro, un libro cos contos vencedores e finalistas, por iso os autores destes contos ceden seus direitos pelo tempo máximo establecido pola "Ley Española de Propiedad Intelectual" a ABRIGA, que poderá publicar na forma que considere oportuna.
Así mesmo autorizan a tradución do portugués ao galego e vice-versa. Esta cesión será de forma exclusiva durante dous anos, contados a partir da data da publicación do libro. A partir daí, aínda que ABRIGA posúa os dereitos de edición, os autores poderán dispor dos contos para outras publicacións, indicando sempre a condición de vencedor ou finalista do Concurso Literario de ABRIGA.

12. Non caberá recurso contra as decisións e avaliacións das comisións organizadora e xuzgadora do concurso.

13. O(s) traballo(s) vencedor(es) e finalista(s) poderá(án) ser divulgado(s) en medios de comunicación, seguintes á entrega do premio, no caso sen dereitos á remuneración ao(s) autor(es).

14. O(s) vencedor(es) están obrigados a ceder, a ABRIGA, o seu nome e imaxe, así como "son de voz" de forma enteiramente gratuíta, se fose o caso.

15. A participación do candidato, implicará a súa plena aceptación e concordancia con todas as condicións do concurso e do exame do xuzgamento.


Vigo, 5 de novembro de 2004.

Voltar para “Literatura galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 5 visitantes