O Xabaril Branco, de Tucho Calvo

Para comentar libros galegos e falar de autores, clásicos e modernos.
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

O Xabaril Branco, de Tucho Calvo

Mensagempor casdeiro » quinta, 18 nov 2004, 10:23

Outra obra da que temos falado varias veces en FILLOS-L é O Xabaril Branco de Tucho Calvo.

Os que non o teñades aínda lido, recomendávolo vivamente.

Trata das aventuras dun rapás galego que emigra á Arxentina e poderiamos encaixala, segundo a miña opinión, dentro dunha especie de realismo máxico galego. Por certo, noutro momento podiamos abrir outro fío de debate acerca das supostas raíces galegos do realismo máxico hispanoamericano.

De momento podedes ler e despois a comentaremos aquí.

¡Que a desfrutedes!

PS: Estamos falando co autor para que veña comentar aquí a obra convosco proximamente. Non perdades esta oportunidade e interactuar con el e preguntarlle calquera cuestión sobre o libro e os vosos sentimentos ao lerdes o seu libro.

< Manuel Casal Lodeiro "Casdeiro" >
Xestor da Comunidade Virtual
F I L L O S D E G A L I C I A
~~~~~ http://www.fillos.org ~~~~~~~
Última edição por casdeiro em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

O Xabaril Branco, de Tucho Calvo

Mensagempor casdeiro » quinta, 18 nov 2004, 10:31

Para termos de referencia, copio opinións enviadas anteriormente por medio da lista de debate FILLOS-L:


Manuel Casal Lodeiro, 08/09/02

Quería abir un pequeno paréntese nas discusións da rolda, guindando
unha pregunta sobre literatura galega:

¿Algún de vós leu "O Xabaril Branco" de Tucho Calvo?



Marcia Diéguez, 08/09/02

Eu sim Manuel , o baixei da internet da web da La Voz de Galicia , o imprimi
e encadernei. Adorei .

Un bico
Marcia Dieguez
Santos - Brasil
Neta de Vilardevós - Riós - Xinzo de Limia
" Galega dende o DNA "



Manuel Casal, 08/09/02

Por aviso da colisteira Inés, dou atopado con ledicia unha versión
electrónica de O Xabaril Branco:
http://www.lavozdegalicia.com/bibliotec ... abaril.pdf

Para todos vaia a miña máis fervente recomendación da súa leitura.
Para vos resumir de qué trata direivos que conta as andainas dun rapás
dos Ancares que emigra a Arxentina. É unha historia que ten moito de
fantástico e moito de histórico. É ben curtiña e vos animo aos que
queirades practicar lendo algo en galego porque penso que o ides
entender moi ben. ...¡E que dicir das ilustracións de Miguel Anxo
Prado, o noso artista gráfico máis coñecido no mundo afora! unha
maravilla. Que o desfrutedes.



Víctor Manuel Pérez, 09/09/02

Eu lin-o e o que mais me gostou foi a forma de descreber pois me impactó a maneira de debujar con palabras as pallozas Dos Ancares.
Ao ler como viaxou alimentando a caldeira do barco me formou un nó na gorxa lembraando o que me contou o meu pai cando a el lle tocou viaxar nesa "peliña de noz" invadida por la ferruxe por doquier.
A descripción de rapaz descalza que tamén viaxaba e que detallaba a pobreza dos emigrantes. Foi patético.
En fín é un conto fantástico pero preñado de posibeis realidades. Encantou-me e por iso decidín visitar Os Ancares para o ano que entra.
Me atrevo a recomentar esta leitura tan amena e adecuada para nós na diáspora.

Galicia vive en nós.
Víctor Manuel Pérez Arano
Salceda de Caselas, Pontevedra
desde Xalapa, Veracruz, México



< Manuel Casal Lodeiro "Casdeiro" >
Xestor da Comunidade Virtual
F I L L O S D E G A L I C I A
~~~~~ http://www.fillos.org ~~~~~~~


Voltar para “Literatura galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes