¿Que vos pareceu o H2Oil?

Para comentar libros galegos e falar de autores, clásicos e modernos.
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

¿Que vos pareceu o H2Oil?

Mensagempor casdeiro » quinta, 18 nov 2004, 10:17

Última edição por casdeiro em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.

mdieguez
Mensagens: 91
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

¿Que vos pareceu o H2Oil?

Mensagempor mdieguez » segunda, 22 nov 2004, 01:09

Ainda que non sexa meu estilo preferido de leitura , a obra é de unha intelixencia e moita espirituosidade.

Cada historia con seu objetivo definido. Umas mais agresivas , outras mais sutis , o que mostra a personalidade de cada cartunista

Cuanto a praticar o galego , ainda que moitas non presenten testos , outras te ensinan a linguagen do dia a dia do galego.Linguajar ese que non aprendes nos bancos da escola.

Não sabería dizer de qual gostei mais , todas são muito boas.

Noraboa aos debuxantes

Que tal comenzarmos a dar cada un a sua opinião? :-)
Última edição por mdieguez em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

¿Que vos pareceu o H2Oil?

Mensagempor casdeiro » segunda, 22 nov 2004, 11:28

A min gustaríame por exemplo que os coordinadores do proxecto nos explicaran qué dificuldades atoparon para sacar adiante a obra a nivel político.

¿Houbo debuxantes que rexeitaron participar por non se posicionar dunha forma crítica contra o poder?

¿Tivestes problemas con distribuidoras, librarías ou outros posibles puntos de venda?

Xa sei que é unha resposta difícil de dar nun foro público, pero se nos puidésedes dar unha idea de por ónde foron os tiros...

Gracias!

< Manuel Casal Lodeiro "Casdeiro" >
Xestor da Comunidade Virtual
F I L L O S D E G A L I C I A
~~~~~ http://www.fillos.org ~~~~~~~
Última edição por casdeiro em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.

mdieguez
Mensagens: 91
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

¿Que vos pareceu o H2Oil?

Mensagempor mdieguez » segunda, 22 nov 2004, 13:36

A cantidade de debuxantes , ven mostrar a intelixencia do noso pobo.
Cuando te peden que elixas unha historia , nos fica imposible.

Agora que deven ter tido dificuldade con a censura :-) .....
Última edição por mdieguez em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

¿Que vos pareceu o H2Oil?

Mensagempor casdeiro » terça, 23 nov 2004, 12:18

Gracias pola túa resposta, Manel.

Alédame que fose así, que ninguén rexeitara participar, e como ti dis, que se chegara a este verdadeiro fito na historia da banda deseñada do noso país.

Espero que se repita en novas ocasións e non soamente co gallo de catástrofes, que polo que estamos a ver neste novo aniversario, aínda son desgraciadamente moi posibles.

De novo os artistas amosaron (Chapapote, Burla Negra...) que poden e deben ser, xunto cos intelectuais, a conciencia dun país.


< Manuel Casal Lodeiro "Casdeiro" >
Xestor da Comunidade Virtual
F I L L O S D E G A L I C I A
~~~~~ http://www.fillos.org ~~~~~~~
Última edição por casdeiro em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

¿Que vos pareceu o H2Oil?

Mensagempor casdeiro » terça, 23 nov 2004, 12:22

Marcia, eu penso que de quitado algún tipo de máis ou menos consciente auto-censura, que os propios debuxantes puideron ter in mente ao facer as súas páxinas para H2Oil, non houbo nengunha censura, ¿non si, Manel?

Ou tivestes que pegarlle algún toque a algún autor porque se estaba pasando da raia e vos podía buscar problemas legais?

¿Sabes dalgún caso no que un debuxo crítico coas autoridades lle acarrease algún problema legal a algún autor? Xa sabemos que non estamos en Marrocos e que a ningún humorista gráfico o meten na cadea por [i]pasarse
criticando ás autoridades, pero tamén sabemos de casos de xuizos e multas en España... ¿Pasou algo así co Prestige nalgún momento?

< Manuel Casal Lodeiro "Casdeiro" >
Xestor da Comunidade Virtual
F I L L O S D E G A L I C I A
~~~~~ http://www.fillos.org ~~~~~~~
Última edição por casdeiro em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.

rosa
Mensagens: 32
Registado: sábado, 23 fev 2002, 00:00

¿Que vos pareceu o H2Oil?

Mensagempor rosa » quarta, 24 nov 2004, 11:45

Unhas mais,outras menos, gustaronme todas as historias, a da páxina 18 pareceume moi triste.... o mesmo a da páxina 49 :"-( Tamén a da páxina 32 é moi verdadeira, en fin, e dificil de escoller....
Os debuxantes: Gochi + Juan Martín, Covelo + Benlloch, Abrandes + Benlloch....
Sempre axuda a praticar o galego cando lemos na lingua da terra.
Gustoume a obra, pareceume moi crítica e bem retratados os aspectos da traxedia.
Quero tamen comentar que quedeime moi contente en receber este exemplar a agradezo a todos os que fixeram posible que chegara as nosas mans.
Xa non está comigo, o meu fillo "roboumo" porque ademais de ser un "galegomano" encantase por comics e xa faz parte dos seus pertences (ben aproveitado será, e importante que as novas xerazons se interesen por eses temas e pola Terra Nai.)
RosaMerchi
Última edição por rosa em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

¿Que vos pareceu o H2Oil?

Mensagempor casdeiro » sexta, 26 nov 2004, 17:08

Si, é certo, Rosa. É algo moi positivo que por medio dunha obra tan atractiva graficamente como esta, os vosos fillos e fillas se abran a preguntarse por Galicia... pola súa lingua...

Lembro cando falando co gran artista Xurxo Souto (creador da banda Os Diplomáticos de Monte-Alto) me recoñecía que os grupos que fan rock (ou calquera outro tipo de música moderna) en galego estaban a facer máis pola súa conservación entre a mocidade galego que calquera política lingüística...

Así que con comics como este, con bandas como Os Diplomáticos, con xente como a que está a traballar en Galicia (¡a vitalidade do movemento de banda deseñada non o podes mais que imaxinar levemente por medio desta obra!) no noso idioma, a nosa lingua aínda ten futuro.

Por algo o berro de "Nunca Máis" foi dado en galego... a lingua dos mariñeiros... a lingua dos artistas... a lingua do pobo...

< Manuel Casal Lodeiro "Casdeiro" >
Xestor da Comunidade Virtual
F I L L O S D E G A L I C I A
~~~~~ http://www.fillos.org ~~~~~~~
Última edição por casdeiro em sábado, 08 nov 2014, 21:13, editado 1 vez no total.


Voltar para “Literatura galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 5 visitantes