Página 1 de 1

Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega

Enviado: quarta, 23 dez 2009, 13:08
por pilarmabel
Juan Gelman, \"Escritor Galego Universal\"
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) decidiu outorgar o galardón \'Escritor Galego Universal\' 2010 ao escritor arxentino Juan Gelman
A distinción entregaráselle no transcurso da Cea das Letras en maio de 2010, un dos actos máis importantes na vida da Asociación de Escritores en Lingua Galega, que, xunto cos Premios AELG, son os galardóns concedidos por escritores para escritores que van camiño de se afianzar entre os de máis prestixio no panorama literario galego.
Juan Gelman é poeta, xornalista e tradutor nado en Bos Aires. Segundo a AELG ten demostrado ao longo de toda a súa vida ser un mestre da poesía, xénero que combina coa súa actividade cívica e a súa constante denuncia das violacións dos dereitos humanos. Gelman é o poeta arxentino máis premiado da súa xeración, a dos anos 60 e 70, e ten no seu haber galardon como o Nacional de Poesía arxentino, o de Literatura Latinoamericana e do Caribe Juan Rulfo, o Iberoamericano de Poesía Pablo Neruda, o Reina Sofía de Poesía Iberoamericana e o Premio Cervantes 2007.
Fuente:www.anosaterra.org
Pilar