Panxoliñas e cantigas dos Reis

Para comentar libros galegos e falar de autores, clásicos e modernos.
Avatar do Utilizador
crisanto
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 211
Registado: sexta, 29 fev 2008, 11:11

Panxoliñas e cantigas dos Reis

Mensagempor crisanto » quarta, 09 dez 2009, 12:50

Estamos no mes de decembro a piques de entrar nas festas do Nadal e Reis. Quixera facer unha proposta a tódolos nosos membros para que acheguen letras de Panxoliñas, Cantigas de Reis ou algunha tradición relacionada co Nadal
Eu para non ser menos e dar exemplo vou engadir unhas poucas que mas cantaba a miña mai por este tempo de Nadal.
En Belén hai moita festa
e tocan pitos e frautas,
vaiamos alá tamén
a lucilas nosas gaitas
Falade ben baixo
trepade pouquiño
para que non esperte
o noso meniño (bis)
O fillo do home rico
nace en cama dourada
e o noso neno Xesús
nunhas palliñas molladas
Falade ben baixo...
Por entre as silveiras
cantan moi ledos os paxariños
anunciando a todos con grande primor
que naceu o neno
máis excelencia o máis bonitiño
que ven ser fillo do noso señor.
As aves todas co seu chiar
xuntas celebran a Navidá.
Este canto de Reis aínda mo cantou a miña tía de 95 anos esta mesma mañá.
De oriente saen tres reis
por unha estrela guiados
entran en Xerusalén
e a voces van preguntando
¿Onde vive o que naceu
Rei de todo o creado?
Herodes que aquilo ouviu
quedou por elo turbado
temendo que aquel meniño
non lle quite o seu reinado.
María e Xosé van a Belén
Camiñando vai Xosé
e máis a virxe María
Camiñan cara Belén
para chegaren de día
Cando a Belén chegaron
Toda a xente durmía.
¡Abre as portas porteiro,
porteiro da portería!
-Estas portas non se abren
ata que non veña o día-
Ala cara media noite
as portas abertas ían
que as abrira San Xosé,
San Xosé e máis María
San Xosé foi por lume
cunha palleta acendida.
Cando san Xosé chegou
a Virxe do parto saía
Como estás Virxe do parto
como estás Virxe doncela
-Boa me estou San Xosé
pois non deixo de ter pena
por ver o Fillo de Deus
nacido en tanta pobreza
e non ter para envolvelo
máis que unha pouca herba
que a mula renegada
non fai máis que ila comendo.
¡Maldita sexa a mula
e a pernas que a sosteñen
nunca ela fillos traia
nin cousa que dela veña!
Para pedilo aguinaldo
Dean o aguinaldo
se nolo ha de dar
que somos de lonxe
e temos que andar.
Dean o aguinaldo
aínda sexa pouco
un touciño e medio
e a metade doutro.
Estes son os reis
do quiquiriquí
se non nos da nada
cagámoslle eiquí
Animádevos
Saúdos, Crisanto

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Panxoliñas e cantigas dos Reis

Mensagempor cachafeiro » quarta, 09 dez 2009, 15:33

Que linda idea, Fernando!!!
Primeiro cóntoche que na miña casa non se cantaban cancións de nadal, pois nunca se festexou o Nadal como tradición, o meu pai consideraba estas festas como algo comercial, e non comulgaba moito coa relixión.
Asi que recien de grande comeceinas a buscar e tratar de \"impolas\", jajaja
Aqui mándoche algunhas que aprendín, grazas a Fuxan vos Ventos (que raro, non?)
San Xosé e máis María
San Xosé e máis María,
iban xuntos pra Belén,
ibanlle cantal-ós reises
á Xesús de Nazaré.-
Fóronse de vila en vila
e de lugare en lugare
na busca de Xesucristo
nono poideron topare.
Aquela paloma blanca
que está detrás do altare
aquela é Nosa Señora
que nos quería axudare.
E, á señora ama da casa
nunca lle a cabeza doía
se nos dera un torresmiño
pra lle untare a zanfoña.
VINDE GALEGUIÑOS, VINDE
VINDE GALEGUIÑOS, VINDE
VINDE CON PANDEIRO E GAITA,
QUE UN MENIÑO, MOI RIQUIÑO
NACEU OXE NA MONTAÑA (bis).
Naceu un Neno moi mono,
naceu un Neno moi guapo,
e súa nai xiquera tiña
nin un probe farrapo.
O Meniño está na neve
a neve fáino tremere!
Meniño da miña ialma!
quén che poidera valere?!
Unha grande aperta!!!!
Alexandra Cachafeiro Camiña

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Panxoliñas e cantigas dos Reis

Mensagempor rubi » quarta, 09 dez 2009, 16:56

Durante a miña infancia, na miña casa festexábase o Nadal, como o seguimos facendo ata hoxe, pero non se afacía cantar panxoliñas.
De todos os xeitos aqui vai outra:
BAIXO OS TELLADOS DA NOITE
Baixo os tellados da noite
cabalgan os Reises Magos.
Unha estreliña pequeniña
vaille os vieiros marcando,
i o vento marcha dediante
para avisar ao ben nado.
Baixo os tellados da noite
cabalgan os Reises Magos.
No lusco- fusco da ialba
rechouchían os paxaros.
A Virxen arrola ao neno
o boi quentao co seu bafo.
Baixo os tellados da noite
cabalgan os Reises Magos.
Pombas con azas de neve
vanse na rúa pousando.
Nos seus cabalos da lúa
xa chegan os Reises Magos.
Baixo os tellados da noite
cabalgan os Reises Magos.
AUTOR: Ferreiro, Celso Emilio
Rubí
Buenos Aires-Argentina

sbaezagarr
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sexta, 04 mar 2005, 00:00

Panxoliñas e cantigas dos Reis

Mensagempor sbaezagarr » quinta, 10 dez 2009, 00:54

¡Gracias Fernando, Alexandra y Rubí por traer los primeros aires do Nadal a nuestro portal!
También de Fuxan os Ventos, estas dos lindas panxoliñas.
Con un sombreiro de palla
Con un sombreiro de palla
un galego a Belén foi,
mentras adouraba ó Neno,
comeulle o sombreiro o boi,
DEIXADE OS PASTORES
DEIXADEOS PASAR
QUE VAN A CANTAR O NENO
A XESUS NO PORTAL!
Nunha pallas deitadiño
i en coiriños ah está!;
sendo o Dono diste mundo
e Señor de canto hai!

Aló a medianoite
Aló a medianoite,
cando o galo canta,
nunha vila santa
que chaman Belen,
nunhas probes pallas,
nun pequeno estabro,
naceu, malpocado!,
Xesús, Noso Ben!
E cheiño de frío
non tiña a ninguén,
soio dáballe alento
a mula i o boi.
E voseutros, rapaciños!
cheios de gozo, ide a buscar!
Algunha cousiña que ó Noso Meniño,
poidamos levar! (bis)

¡Apertas desde Chile para todos los Fillos de Galicia!
Sandra

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Panxoliñas e cantigas dos Reis

Mensagempor rubi » segunda, 14 dez 2009, 15:53

Noite das noites
Noite das Noites en Belén!
Fun pegureiro no Portal,
levei un chifro de alcacén
e unha fogaza candeal.
Canto anxeliño a recrear!
Cantas estrelas de arredor!
E canta almiña a se salvar
ao pé do Neno Redentor!
Noite das Noites en Belén!
Un vello cego de Xudá
cantaba un ledo leixaprén,
louvando á Eterna Craridá!
Canto anxeliño a recrear!
Cantas estrelas de arredor!
E canta almiña a se salvar
ao pé do Neno Redentor!
Noite das Noites en Belén!
Misterio inmenso que alí vin!
Foi alborada para min
e mais pra vós. Amén. Amén!
Autor: Bouza Brey, Fermín
Rubí
Buenos Aires-Argentina

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Panxoliñas e cantigas dos Reis

Mensagempor rubi » segunda, 14 dez 2009, 15:58

Primera panxoliña gallega, Deus nace galego, de 1637:
Deus nace galego
Ay! Se nosso Deus galego se faze
vamos a cantar á chozinha em que nace
Ay! Se a sua May é de Compostela,
vamos a cantar fermosa galega
Todo galeguinho toque charumbela
Que o menino bello é da nosa terra.
Façamoslle todos a dança galega
Que está desnudinho e chora e tembra
Pois nace en Galiça, á falda da serra,
galego se faze é da nosa terra.
Fuente: http://bibliopoemes.blogspot.com/2007/1 ... letes.html
Rubí
Buenos Aires-Argentin


Voltar para “Literatura galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante