a Xunta retira axudas á Asociación de Escritores en Lingua Galega

Para comentar libros galegos e falar de autores, clásicos e modernos.
Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

a Xunta retira axudas á Asociación de Escritores en Lingua Galega

Mensagempor rubi » domingo, 15 nov 2009, 17:31

Penalización a quen aposta polo galego
¿Por que a Xunta retira axudas á Asociación de Escritores en Lingua Galega?
O BNG preguntaralle ao Executivo no Parlamento pola decisión de Xuventude de non axudar no financiamento do IV Encontro de Novos Escritores Eu ou Nós.
BNG exixirá explicacións no Parlamento pola decisión da Dirección Xeral de Xuventude de retirar axudas á Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) para a organización do IV Encontro de Nov@s Escritor@s Eu ou Nós.
Así o confirmou a portavoz parlamentaria de Cultura do BNG, Ana Pontón, que recordou nun comunicado que esta iniciativa contou desde a súa primeira edición co apoio do Goberno ao entender que constitúe un evento que potencia o traballo da mocidade no ámbito cultural.
Por iso, reprobou o cambio de criterio da Xunta sen que exista ningún tipo de xustificación e interpretou a decisión como unha mostra máis da falta de apoio do Executivo do PPdeG á mocidade e de penalización a quen aposta pola literatura galega.
Feijoo terá que dar explicacións por este comportamento sectario, advertiu Pontón e demandou unha rectificación posto que, ao seu xuízo, retirar estas axudas é o contrario do que faría calquera Goberno normal.
Fonte: www.vieiros.com
Rubí
Buenos Aires-Argentina

Voltar para “Literatura galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante