O que queira ler, que lea!!!

Para comentar libros galegos e falar de autores, clásicos e modernos.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

O que queira ler, que lea!!!

Mensagempor cachafeiro » quinta, 23 abr 2009, 17:48

Primeiro un pouco de historia sobre o día Internacional do Libro

A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616 no calendario gregoriano) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare (no calendario xuliano). Na Inglaterra daquel tempo aínda se utilizaba o calendario xuliano, que tiña unha diferenza de 10 días co calendario gregoriano que se usaba en España. Shakespeare, polo tanto, morreu 10 días despois de Cervantes. Ese mesmo día tamén se conmemora a morte do primeiro escritor mestizo, Inca Garcilaso de la Vega, fillo do conquistador Sebastián Garcilaso de la Vega e da princesa Inca Elisabet Chimpu Occlo, irmá de Huayna Capaz, último emperador indio.

O día 23 de abril coincide así mesmo cos aniversarios do nacemento de Vladimir Nabokov, Maurice Druon, Manuel Mejía Vallejo e Halldór Laxness, e co aniversario do falecemento de Josep Pla.

En España, os Premios Cervantes son concedidos cada ano polo Rei en Alcalá de Henares ese día.

Agora quero propor algo:

Que vostedes escriban cal foi o primeiro libro en galego que leron e de que xeito o conseguiron, que idade tiñam e que recordan dese momento.

O meu primeiro libro foi "Adios, María" de Xohana Torres.
Regaloumo o meu pai, e é a historia dunha nena de 15 anos que queda cos seus avós e dous irmáns, cando os seus pais teñen que emigrar a Francia en busca de traballo.
Eu tiña nese momento 10 anos e non logrei entender a mensaxe que contiña ata uns anos despues cando o volvín a ler.


Alexandra Cachafeiro Camiña

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

O que queira ler, que lea!!!

Mensagempor rubi » quinta, 23 abr 2009, 19:14

Aceptando la propuesta de mi amiga Alexandra y con bastante verguenza de mi parte, debo reconocer que el primer libro en gallego que he leído en mi vida, es el que recibí este año como regalo de Fillos de Galicia.
Es un libro de poemas escrito por Salvador García Bodaño, alguno de los cuales ya he transcripto en este Foro.
Hermosos poemas que hablan de Galicia, de los muertos durante la Guerra Civil, de Rosalía, del amor, de los sueños, de la vida misma...
El día que lo recibí lo leí completo, ávida de ver si entendía el idioma de mis padres y si, con gran alegría pude comprobar que lo entendía perfectamente, a pesar de que en mi casa no hablaban en gallego, debido a que mis padres vinieron de muy jovencitos y cuando yo nací ya habían dejado de usar su lengua natal hacia muchos años.
Por eso estoy doblemente agradecida a Fillos por el maravilloso regalo recibido: tener en mis manos por primera vez un libro escrito en gallego.
Me he propuesto de ahora en más, leer más libros en gallego y como seguramente iré a la Feria del Libro que se inaugura hoy en Buenos Aires, andaré por el stand de Galicia y elegiré alguno para disfrutar con su lectura.
Amiga Alexandra, has tenido una buena idea al proponernos este tema. Espero que muchos se unan y nos cuenten sus experiencias.

Rubí
Buenos Aires-Argentina

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

O que queira ler, que lea!!!

Mensagempor cachafeiro » quarta, 06 mai 2009, 14:50

Querida Rubi, moitas grazas pola túa sinceridade, non é unha verguenza o non ler textos en galego, o importante é recoñecelo e empezar a facelo.
A idea da miña proposta era intercambiar textos e autores para seguir difundindo a extensa literatura galega.
Podo entender que fillos e netos de galegos no exterior non poidan acceder a textos en galego, o que non entendo é que ningun nativo contestase NADA.
Para os que teñan intención de coñecer algo da literatura galega. déixolles unhas direccións onde podran ler poesias, narrativa, obras de teatro , etc.
Espero que despues de facelo alguén se anime a comentar se lles pareceu interesante o material.

http://bvg.udc.es/busqueda_obras.jsp?op ... ria=poesia

http://bvg.udc.es/busqueda_obras.jsp?op ... =narrativa

http://bvg.udc.es/busqueda_obras.jsp?op ... ria=outros

http://bvg.udc.es/busqueda_obras.jsp?op ... ria=teatro


Alexandra Cachafeiro Camiña

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

O que queira ler, que lea!!!

Mensagempor rubi » quarta, 06 mai 2009, 16:50

Querida amiga Alexandra: no puedes imaganarte cuánto te agradezco que nos hayas dado a conocer estas páginas web donde leer poesía gallega!
Acabo de entrar a la primera de ellas y he quedado maravillada por su contenido.
Leí varios poemas, pero elijo uno de ellos para compartir con ustedes, porque me llegó al corazón.

Es de Xavier Seoane y se publicó en A Coruña en el año 2002.
El titulo es Exaltación do lugar y dice asi:

Aquí vivín o tempo máis ditoso
dun abraio feliz e iluminado.
A luz sobre a maceira, o lento fado
do merlo no solpor maxestuoso.


Nada desexo máis que un venturoso
mañá siga a achegar ao meu faiado
unha fírgoa de azul, o sosegado
rumor das nubes no seu fluír gozoso.


Nada desexo máis para estes anos
que se acaso me queden por vivir
que a vida non se cebe en desenganos.


E cando un día teña que partir,
após de goces, soños, mágoas, danos,
en misteriosa paz poida durmir.


Rubí
Buenos Aires-Argentina

Avatar do Utilizador
coordfillos
Mensagens: 115
Registado: terça, 24 mar 2009, 17:12

O que queira ler, que lea!!!

Mensagempor coordfillos » quarta, 06 mai 2009, 17:33

cachafeiro Escribeu:
Podo entender que fillos e netos de galegos no exterior non poidan acceder a textos en galego, o que non entendo é que ningun nativo contestase NADA.

Se cadra non entenderon ben o título da mensaxe, Alexandra. Porque a idea é moi interesante e seguro que a moitos lles apetecería contestar. Veño de promocionar o teu debate na Rolda.

Con respecto ao título eu non sei se será correcto en galego pero sóame estrañísimo. Eu tería posto: "Quérolles..." ou "Quereríalles..." pero non "Quixese...". Tamén poderías ter mudado o pronome de lugar: "Quixese proporlles algo" e así xa soa algo mellor. Se cadra alguén que saiba máis ca min de galego nos pode dar tamén a súa opinión.

De todos xeitos convén ser máis específico e dar a coñecer o que propoñemos directamente no título, que é o único que ven os lectores da capa do web cando entran: p.ex. "Cal foi o teu primeiro libro en galego?" Espero que che servan os consellos para obter máis atención coas túas mensaxes ;-)

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

O que queira ler, que lea!!!

Mensagempor casdeiro » quinta, 07 mai 2009, 07:05

Segundo os meus rexistros (para isto serve facer listaxes de todo!), ese primeiro libro foi O crepúsculo e as formigas, de Xosé Luís Méndez Ferrín, que lin no verán de 1993, coido eu que coincidindo máis ou menos coa época en que me botei falar galego. Xa tiña lido diversos outros materiais pero breves: relatos e artigos, sobre todo, publicados na revista do Centro Galego de Barakaldo que durante un tempo se recibira na casa de meus pais.

Sobre a impresión do libro, pois a verdade é que non che sei dicir, porque non o lembro para nada. Sería mesmo incapaz de dicirche de qué ía... :-(

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

O que queira ler, que lea!!!

Mensagempor casdeiro » quinta, 07 mai 2009, 07:07

Rubi Escribeu:Querida amiga Alexandra: no puedes imaganarte cuánto te agradezco que nos hayas dado a conocer estas páginas web donde leer poesía gallega!
Acabo de entrar a la primera de ellas y he quedado maravillada por su contenido.


Vaia, seica non coñecemos Navegalicia, ou?

http://www.fillos.org/galicia/modules.p ... link&cid=5

;-)

Avatar do Utilizador
crisanto
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 211
Registado: sexta, 29 fev 2008, 11:11

O que queira ler, que lea!!!

Mensagempor crisanto » quinta, 07 mai 2009, 09:26

Pois eu coido que o primeiro libro que lin en galego foi un que se chamaba "Xente no rodicio" de Neira Vilas, logo Poemas de Rosalía, A fraga dos paxaros salvaxes de Fernández Ferreiro, Memorias dun neno labregoe O lapis de carpinteiro de Neira vilas, O lume de Santo Antón de García Mañá. E o último Retrincos, un ollo de vidrode Castelao, e aínda algún outro máis que agora non lembro. Todos eles axudáronme moito para desenvolverme mellor en galego e ir ampliando o meu vocabulario.

gallaecia
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 28
Registado: segunda, 15 dez 2003, 00:00

O que queira ler, que lea!!!

Mensagempor gallaecia » quinta, 07 mai 2009, 16:45

O primeiro libro que lin enteiro en galego coido que foi "Memorias dun neno llabrego" de Xosé Neira Vilas. Un crack.
Cando olin sentime que era eu o protagonista, aínda que eu fora un neno de cidade e non dunha aldea, mais os sentimentos que dicía eran os meus. Amiña idade debía de ser de nove ou dez anos.
Cada vez que releo ese libro mánifico que fala sobre a nos emigración lémbrome dos ollos con que lía cada páxina e da admiración e novos mundos que me deu un dos libros máis fermosos que lin na miña vida.

grafondo
Mensagens: 23
Registado: terça, 06 set 2005, 04:53

O que queira ler, que lea!!!

Mensagempor grafondo » quinta, 07 mai 2009, 19:04

Hola!!
Lo primero que leí en gallego fueron las canciones del coro Os Rumorosos del Centro Betanzos de Buenos Aires, allá por el año 1965 creo. Fue hace tanto!!!

Ahora, si nos referimos a libros, lo primero que leí (y sin terminarlo ) fue hace 2 años aproximadamente, cuando gracias a Fillos recibí Follas Novas de Rosalía de Castro.

Y un libro que leí completo, del principio al fin, fue Memorias dun Neno Labrego, de Xosé Neira Vilas. Me lo prestó mi prima, cuando llegué aquí (A Coruña) y me encantó. Una hermosa pintura de una época.
Apertas,

Graciela B. Fondo Buyo
(dende A Coruña)


Voltar para “Literatura galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante