Página 1 de 1

POESÍA ERÓTICA

Enviado: quinta, 28 jun 2007, 15:41
por zasmania
Son unha "fan" se se me permite a expresión da poesía erótica. En galego gosto moito de Claudio Rodriguez Fer, e gustaríame saber se alguén de vos coñeze algún outro autor/a con esta temática.
Grazas !!!!

POESÍA ERÓTICA

Enviado: sexta, 29 jun 2007, 08:55
por casdeiro
eu tamén gosto moito da poesía, pero non sabería poñer o límite entre a amorosa e a erótica... sobre todo nos autores actuais está moi difuso ese límite. Gosto por exemplo de Lupe Gómez... esa considérala erótica?