Rosalia de Castro "Cantares Galegos"

Para comentar libros galegos e falar de autores, clásicos e modernos.
sromero
Mensagens: 135
Registado: quarta, 24 jul 2002, 23:00

Rosalia de Castro "Cantares Galegos"

Mensagempor sromero » sexta, 22 jun 2007, 13:32

Monica B. Suárez Groba desde Buenos Aires, envio el siguiente mensaje el 16/02/2002 a la lista Fillos-L:
Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
morrome de soidades.
I
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.

Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades,
e das entrañas me doio.

Doiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira,
i hoxe teño media vida.

Solo media me deixaron
os que de alo me trouxeron,
os que de alo me roubaron.

Non me roubaran, traidores,
Ai!, uns amores toliños,
Ai!, uns toliños amores.

Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
de pena me consumiron.

II
Alo pola mañanciña
subo enriba dos outeiros,
lixeiriña, lixeiriña.

Como unha craba lixeira,
para oír das campaniñas
a batalada pirmeira.

A pirmeira da alborada
que me traen os airiños
por me ver máis consolada.

Por me ver menos chorosa,
nas súas alas ma traen
rebuldeira e queixumbrosa.

Queixumbrosa e retembrando
por antre a verde espesura,
por antre o verde arborado.

E pola verde pradeira,
por riba da veiga llana,
rebuldeira e rebuldeira.

III
Paseniño, paseniño,
vou pola tarde calada,
de Bastabales camiño.

Camiño do meu contento;
i en tanto o sol non se esconde,
nunha pedriña me sento.

E sentada estou mirando
como a lúa vai saíndo,
como o sol se vai deitando.

Cal se deita, cal se esconde,
mentras tanto corre a lúa
sin saberse para donde.

Para donde vai tan soia,
sin que aos tristes que a miramos
nin nos fale, nin nos oia.

Que si oíra e nos falara,
moitas cousas lle dixera,
moitas cousas lle contara.

IV
Cada estrela, o seu diamante;
cada nube, branca pruma;
triste a lúa marcha diante.

Diante marcha crarexando
veigas, prados, montes, ríos,
donde o día vai faltando.

Falta o día, e noite escura
baixa, baixa pouco a pouco,
por montañas de verdura.

De verdura e de follaxe,
salpicada de fontiñas
baixo a sombra do ramaxe.

Do ramaxe donde cantan
paxariños piadores
que ca aurora se levantan.

Que ca noite se adormecen
para que canten os grilos
que cas sombras aparecen.

V
Corre o vento, o río pasa;
corren nubes, nubes corren
camiño da miña casa.

Miña casa, meu abrigo:
vanse todos, eu me quedo
sin compaña, nin amigo.

Eu me quedo contemprando
as laradas das casiñas
por quen vivo suspirando.

Ven a noite..., morre o día,
as campanas tocan lonxe
o tocar da Ave María.

Elas tocan pra que rece;
eu non rezo, que os saloucos,
afogándome parece
que por min t=E9n que rezar.

Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
morrome de soidades.


**********************************
Un bico grande para todos, dende Bos Aires
Monica B. Suárez Groba
Neta da parroquia de Guláns, Ponteareas, Pontevedra
[/b]

gallaecia
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 28
Registado: segunda, 15 dez 2003, 00:00

Rosalia de Castro "Cantares Galegos"

Mensagempor gallaecia » sexta, 01 fev 2008, 12:29

A millor referencia a emigración que padeceu a Galiza nos séculos dezanove e vinte se reflexa nestes versiños da incomparábel Rosalia:
" adios ríos
adios fontes
adios regatos pequenos
non sei cando nos veremos..."


Voltar para “Literatura galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes