Maria Mariño

Para comentar libros galegos e falar de autores, clásicos e modernos.
lopez
Ex-membro
Mensagens: 478
Registado: sábado, 19 out 2002, 23:00

Maria Mariño

Mensagempor lopez » sexta, 25 mai 2007, 01:14

Biografía de Maria Mariño




--------------------------------------------------------------------------------
María Mariño Carou (Noia, 1907 - Seoane do Courel, 1967) foi unha das escritoras galegas máis importantes do século XX, malia levar unha vida discreta e moi apartada dos fastos literarios. Dedicóuselle o Día das Letras en 2007.

Vida

Filla de Xosé María Mariño e Filomena Carou, María Mariño era a segunda de cinco irmáns. A súa infancia e xuventude nesta localidade están marcadas polas dificultades económicas da familia. En Noia recibiu uns poucos anos de escola e logo traballou como costureira polas casas. As prementes necesidades económicas en que vive a súa familia obrígana a se trasladar ao Pazo de Goiáns, en Escarabote (Boiro), onde morou un tempo cunha súa tía que traballaba como costureira. É precisamente esta circunstancia a que lle permite entrar en contacto coa literatura escrita, na magnífica biblioteca de que o pazo dispón, accedendo a lecturas con que enriquecerá a súa formación e sensibilidade.

A autora noiesa vive parte da guerra civil española en Algorta (Biscaia), e posterioremte escribirá, produto das lembranzas desta traxedia, o relato inédito ?Los años pobres. Memoria de guerra y posguerra?. Finalizada a guerra civil contrae matrimonio con Roberto Posse Carballido, destinado ao País Basco pola súa profesión de mestre. Alí tiveron un fillo, que faleceu ao mes e medio de nacer. Esta morte, á que se uniu a da súa mai, provocaría en María Mariño unha fonda depresión nerviosa. De regreso á Galiza e tras un tempo en Arzúa, instaláronse, por motivos de traballo, primeiro en Romeor do Courel e logo en Parada do Courel, onde se trasladan por consello médico a causa da depresión nerviosa que sofre a escritora. Alí botará os restantes anos da súa vida, agás algunhas vacacións en Noia, Monforte e A Coruña.

En 1953 coñeceu a Uxío Novoneyra, quen se convertiría nun forte estímulo para María Mariño comezar a escribir e a través do que superaría o illamento en que vivía, entrando en contacto con outros escritores como Manuel María, Domingo García Sabell, Victoria Armesto, Sixto Seco, Augusto Assía ou Ramón Piñeiro. No entanto, a súa relación con persoas vinculadas ao ámbito cultural galego son escasas e en grande parte promovidas por Novoneyra. En 1963, a editorial Celta de Lugo publica Palabra no Tempo, con prólogo de Ramón Otero Pedrayo, e só vinte e sete anos despois coñeceremos Verba que comenza (1990), con poemas escritos nos últimos meses de vida. Á métrica tradicional do primeiro poemario sucederase o versolibrismo en Palabra no Tempo, cunha constante ao longo de toda a súa traxectoria: intimismo radical e liguaxe rupturista.

María Mariño morre o 19 de maio de 1967 como consecuencia da leucemia que padecía, converténdose nunha figura literaria de enorme orixinalidade na historia das nosas letras. Os seus restos mortais repousan no cemiterio de Seoane do Courel.

Fontes: Wikipedia; Biblioteca Virtual Galega; Cultura Galega. Org.

lopez
Ex-membro
Mensagens: 478
Registado: sábado, 19 out 2002, 23:00

Maria Mariño

Mensagempor lopez » sábado, 26 mai 2007, 12:51

La Voz de Galicia publica hoy, un especial sobre Maria mariño en:
http://www.lavozdegalicia.es/se_cultura ... 0000128961

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

Maria Mariño

Mensagempor bershky » terça, 10 jul 2007, 20:53

    
               María Mariño

               Verba que comenza





Está caendo a folla i en min nace primaveira,
Quen entenderá este mar vello?
Como digo onte sendo hoxe?
Como farto a miña verba do nacer que xa pasou!
Como reino nas migallas onde medrei un bon día!
Como piso forte sendo branda?
Como digo si si o non está escoitando?
Quen entenderá este mar vello?
Medro, medro e non sei onde parar.
Presa xa e ceguiña no cume
lévame,
lévame ó chan a verba.

Queda hoxe o chan soio
muxindo a pegada do tempo.
Mesturadas terras peneiran, peneiran fariña,
fariña que non fai masa.
Rebélanse as ondas ós mares,
os ríos afogan a pradeira seca,
os camiños non se atopan.
Quen entenderá este mar vello?
É outono i en min nace primaveira,
Quen o entenderá?

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

Maria Mariño

Mensagempor bershky » quarta, 26 set 2007, 21:00

           







    
               SON A CHUVIA

(De Palabra no tempo)




Son a chuvia, son a neve, son o vento da xeada.

Son alba daquel vivir,

hoxe noite daquel sentir.

Miro, miro e non vexo

sinto, sinto e non teño

oio lonxe e non entendo

¡Hoxe,

onte do meu contento!


Voltar para “Literatura galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes