BRAÑAS

Para comentar libros galegos e falar de autores, clásicos e modernos.
sromero
Mensagens: 135
Registado: quarta, 24 jul 2002, 23:00

BRAÑAS

Mensagempor sromero » quinta, 24 mai 2007, 23:13

Sindo Garcia Mendez desde Zacatecas, envio el siguiente mensaje el 14/05/2002 a la lista Fillos-L:
BRAÑAS (1859-1900)

"Moitas veces dubidei da existencia do espíritu nacional galego: vin tal apatía, tal esquencemento, tal abandono... que, ó ver resucita-la nosa xente, cos seus antigos brios e o sue xenio, enmendei o meu xuicio. Temos patria, temos linguaxe, temos fe... ¡Estamos salvados!".

ESCRITOR, FACENDISTA, POLÍTICO E CATEDRÁTICO. Alfredo Brañas Menéndez naceu en Carballo. Estudou na universidade santiaguesa, e nela e máis na de Oviedo desempeñou logo as cátedras de "Economía Política", "Estadística", e "Facenda Pública".

En 1889 publicou unha obra titulada "El regionalismo: Estudio sociológico, histórico y literario". coa que, segundo expresou Curros, "animou e fixo do esquelete da nosa autonomía un organismo vivo, ofrecéndoo á nosa raza como o símbolo en que se compendian tódalas suas aspiracións de libertade, de xusticia e de progreso". (Esta obra foi reeditada en Bós Aires).

Baseándose nas ideas expostas nesa obra e concretadas nun manifesto que encabezaba co lema atribuído ós irmandiños -"Deus fratresque Gallaecia"(1)-, fundou Brañas a "Asociación Regionalista Gallega" (Compostela, 1890), á que se adheriron Murguía -escolleito o seu presidente- e outros intelectuais.

Da caste de Faraldo, levou a sua propaganda en prol do rexionalismo á universidade compostelá, donde, na apertura do curso de 1892, pronunciou un discurso que presentaba, resumidas en 16 puntos, as ideas de que el era afervoado defensor. Igualmente defendeunas nos xogos frorais de Tui (1891), -ocasión en que el falou no noso idioma, sendo o primeiro que tal fixo en público-, e nos de Barcelona (1893), nos que foi mantenedor, sendo de notar que o seu discurso na capital catalá contribuíu non pouco ó rexurdimento do rexionalismo en Cataluña.

Brañas morreu en Compostela, á edade de cuarenteún anos.

________________________________________________________________
(1) Deus e os irmáns de Galiza.

Sindo García Méndez.
Zacatecas, México.
RIBADAVIA, OURENSE.

Voltar para “Literatura galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes