Conversas con Francisco Rodríguez

Para comentar libros galegos e falar de autores, clásicos e modernos.
anamp
Mensagens: 141
Registado: segunda, 07 jun 2004, 23:00

Conversas con Francisco Rodríguez

Mensagempor anamp » sábado, 12 mai 2007, 14:17

Ola!
Dubido se meter este comentario aquí ou en política, porque do que vos quero falar é dun libro que veño de rematar:
"A nación galega existe: conversas con Francisco Rodríguez", de Xosé Mexuto (editado por Promocións Culturais Galegas en 2006).
É unha longa entrevista a este deputado polo BNG no Congreso dos Deputados, e sérvenos para entender a historia do nacionalismo, pero tamén a situación política, lingüística e cultural da nosa terra neste momento.
Eu recoméndovolo, e para tentarvos, copio aquí algunhas citas que me pareceron estupendas.
Que gocedes con elas!!!!
Ana

??o cerne da cuestión está en se seremos quen de lograr que a maioría social galega aspire a ser un pobo libre, o que quer dicer, polo menos para min, unha sociedade xusta internamente e que se respeita a si mesma.?

?Non podemos estar inventando o país cada quince días?

?Galiza é un feudo da españolidade, e non van contribuír, os que acreditan nesta españolidade, para a súa liberación?

?Non existe ningún caso de renuncia á ligua propria que ab origine non se explique por un fenómeno de imposición violenta?

?Vai sendo hora de que acabemos coa tese tan prexudicial de que hai que asentir e calar en nome de que vivemos no mellor dos mundos posíbeis??

??para os pseudointernacionalistas a existencia das nacións e das patrias é o principal pecado que cometeu a Humanidade, polo que todo o que signifique a súa desaparición é óptimo?

?O discurso oficial está hipertrofiado de loubanzas aos dereitos humanos e cantos ás liberdades, mentres por baixo se fascistizan os comportamentos e a política real, a hexemónica e dominante.?

?A globalización é a expresión económica, cultural e ideolóxica do imperialismo nesta actual fase histórica.?

??globalizar, globalízase só a explotación capitalista, pero nunca os dereitos e liberdades??

??non coido xa que haxa xente en abundancia que acredite en que o mundo vai ben polo rego que agora transitamos.?

?E todos temos que someternos a un sistema económico que se considera neutro e o único viábel para a Humanidade.?

?O rexeitamento da política conduce a fórmulas de anarquía que, hoxe por hoxe, benefícian paradoxalmente ao sistema.?

??a UE non está disposta a superar a actual estrutura dos Estados porque lle son moi funcionais neste momento histórico para manter a ideia dunha Europa hierarquizada, imperial e desigual.?

?A diferenza de consciencia nacional non provén dos xens de cada un dos pobos, senón das circunstancias históricas polas que se viron obrigados a pasar. As de Galiza non foron precisamente positivas para o autorrecoñecemento e a autoestima que todos os pobos necesitan para ocupar un posto digno na historia.?

?Temos de lograr despertar do sono, do atordamento, á sociedade galega. Non hai labor máis humano posíbel. Adiante?.

?Aquí, falando en prata, o galego é un idioma desvalorizado, dependente, submiso, prescindíbel. Eis o problema. Non outro.?

?A cooficialidade do galego enténdese como unha concesión ou a constatación dunha lene diferenza que se pode exhibir de forma simbólica en espazos acoutados ou simplesmente secundarizados. É unha concepción perfectamente diglósica.?

?Resulta xa un mal moi xeralizado o criterio de que o galego é algo coloquial e oral que resiste calquer deturpación, deformación ou fraxilización, porque a desconsideración leva a que todo poda parecer natural.?

??a mentira de desinformación sobre Rosalía [de Castro] á a mentira de desinformación sobre Galiza.?

?Pero xa se sabe que aquí estamos destinados a viver con normalidade o que son deficiencias clamorosas e atitudes e condutas impresentábeis.?

Voltar para “Literatura galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 5 visitantes