Certame Literario Galicia en Euskadi

Para comentar libros galegos e falar de autores, clásicos e modernos.
Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Certame Literario Galicia en Euskadi

Mensagempor xestor » quarta, 07 mar 2007, 11:42

Copio aviso que nos remitiron do Centro de Estudos Galegas da UPV en Vitoria:

Certame literario
?GALICIA EN EUSKADI?

Con motivo da celebración do décimo aniversario da creación do
Centro de Estudos Galegos na Universidade do País Vasco, froito
dun convenio de colaboración entre esta Universidade e a Xunta
de Galicia, a través da súa Secretaría Xeral de Política Lingüística,
convócase o Certame literario ?Galicia en Euskadi? e que se rexerá
ao abeiro do disposto nas seguintes

Bases

Primeira. Poderá concorrer ao certame todo o alumnado da Universidade
do País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea e todos os
membros da colectividade galega residentes en Euskadi, así como
todas as persoas interesadas na realidade cultural de Galicia.
Segunda. Poderanse presentar obras de creación literaria de todas
as modalidades (narrativa, poesía, teatro e ensaio) que traten dalgún
xeito o feito diferencial da cultura galega e que conten cunha extensión
máxima de vinte folios mecanografados a dobre espazo.

Terceira. Poderanse presentar obras orixinais escritas en lingua
galega, castelá ou éuscaro, así como en calquera outra lingua das
que se imparten na Universidade do País Vasco1, sempre que vaian
acompañadas da súa correspondente tradución a unha destas tres
linguas. Establécese un premio por cada unhas das tres linguas
principais e outro para a mellor obra en lingua estranxeira. O premio
consistirá nunha figura conmemorativa e un Diploma acreditativo,
así como un lote de libros para todos os gañadores. Os
premios poderanse declarar desertos.

Cuarta. Os orixinais serán presentados por duplicado antes do
11 de maio de 2007 ou enviados por correo certificado ao Centro
de Estudos Galegos, Facultade de Filoloxía e Xeografía e Historia
(Paseo de la Universidad, 5, 01006 Vitoria-Gasteiz), especificando
?Certame Galicia en Euskadi?.

Quinta. Cada orixinal deberá ser presentado baixo lema e en sobre
pechado indicarase o nome completo, enderezo e teléfono do
autor/a, así como o título.

Sexta. A resolución inapelable será emitida por un Xurado que
estará composto por cinco membros escolleitos entre recoñecidos
estudosos das diferentes linguas do Certame e que se anunciará
no momento oportuno. A resolución coñecerase a través dun acto
público que se celebrará na Facultade de Filoloxía e Xeografía e
Historia da UPV/EHU, coincidindo coa celebración central do Día
das Letras Galegas no mes de maio.

Sétima. Os traballos presentados quedarán en posesión da entidade
convocante, podendo facer uso deles a todos os efectos. Non
se manterá ningún tipo de correspondencia cos concursantes, nin
se procederá á devolución dos orixinais non premiados. As obras
poderán ser publicadas, respectando en cada caso, o establecido na
Lexislación Española sobre os dereitos da propiedade intelectual.
Oitava. A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación
das normas contidas nas presentes bases, así como as decisións do
Xurado designado.

1 Que son o alemán, árabe, catalán, francés, inglés, irlandés, italiano, polaco,
portugués, sueco, turco e xaponés.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Certame Literario Galicia en Euskadi

Mensagempor xestor » quarta, 07 mar 2007, 11:47

Podedes descargar .


Voltar para “Literatura galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante