Página 1 de 1

Canción del Lino

Enviado: segunda, 12 fev 2007, 01:33
por sbaezagarr
Mónica Suárez Groba desde Argentina, envió este mensaje el día 25/10/01 a la lista Fillos-L:Canción del Lino

Les envío una cantiga antigua, dedicada al lino.

BIOGRAFÍA DO LINO: CANTIGA DE ESPADELADA

Vinte nacer miudiño,
vinte, mozo, namorar
Vinte morrer de velliña
e por serche fidel, liño,
Ainda te vin enterrar.

Bautizo do liño
Don Sol é padriño.
Quen é a madriña?
E Doña Andoriña.
Brinca a primavera
e a lúa lueira
baila unha muiñeira.

Namoro
O liño ten unha moza.
A moza é unha branca frol.
A branca frol non o quere,
porque quere o vento mol.
Viva o liño, viva a noiva,
Viva o vento, viva o sol.

Morte
Eha ven o tempo de mazar o liño.
Eha ven o tempo do liño mazar.
Eha ven o tempo enqueas follas do millo
todas ispidas se queiran bañar.
Eha ven o tempo en que as noites peneiren.
bicos e apertas na sua peneira.
Eha ven o tempo en que leve o río Miño
lúas o peito, como unha santeira.

Bailan os fusos
bailan as rocas
e os pés do vento
e as mazarocas.
Bailan as rocas
e as espadelas
e as maus da iauga
e as maus das vellas.

Enterro
O señor liño é morto
que delor, que delor, que pena,
o señor liño é morto
levarono a enterrar.
As follas dos amieiros
que delor, que delor, que pena
as follas dos amieiros
por il chorando estan.
Responsan como cregos
que delor, que delor, que pena-,
responsan como cregos
as fontes do lugar.

*********************
Un bico grande para todos, dende Bos Aires
Mónica Beatriz Suárez Groba
Neta da parroquia de Guláns, Ponteareas, Pontevedra