Página 1 de 1

Cabanillas

Enviado: sexta, 15 dez 2006, 01:45
por sromero
Sindo García Méndez desde Zacatecas, envio el siguiente mensaje el 22/05/02 a la lista Fillos-L:CABANILLAS (1876-1959)


"A lingua é o noso escudo. Ninguén, sexa a que sexa a forza asoballante en que se encoste e o poder de que dispoña, conquerirá troca-la espiritualidade dun pobo sen afoga-la sua fala, que é a chave da porta da sua libertade e o facho que alumea o seu roteiro de eternidade".

POETA. Ramón Cabanillas Enríquez naceu en Cambados. Despois de deixa-lo seminario ós dazasete anos, traballou como administrativo na sua vila, partindo pra Cuba o ano 1910 (dous máis tarde da morte alí de Curros e coincidindo con Vilar Ponte e o combativo crego Basilio Álvarez).

Publicou as suas primeiras obras na Habana: "No desterro" (1913) e "Vento mareiro" (1915), que o consagrou como poeta de raza (oficialmente loureado como tal aínda en 1958, en Padrón).

De retorno en Galiza desempeñouse como funcionario municipal. Publicou entón "Da Terra asoballada" (1917), "Na noite estrelecida" (1926), "A rosa de cen follas" (1927)... É pró teatro escribíu "A man de Santiña" (farsada) e a traxedia histórica "O Mariscal", ésta en colaboración con A. Vilar Ponte.

Cabanillas é considerado o máis vario e completo dos poetas galegos, e con el realmente estreamo-lo pasado século, xa inevitábelmente vencellado ás Irmandades da Fala e á xeración Nós.

Dende 1929, en representación da sua Terra, perteneceu á Academia Española, na cal leu, como discurso de ingreso, un seu traballo encol de Pondal. Tamén dito ano sucedeu a Murguía (morto seis antes) como cronista do Reino de Galiza.
Dende aquela mora maiormente en Madrid, inda que acudirá acotío á sua vila natal, onde morre, estando enterrado en Compostela.

Sindo García Méndez.
Zacatecas, México.
RIBADAVIA, OURENSE.

Cabanillas

Enviado: segunda, 12 fev 2007, 21:19
por sromero
Juan Manuel Fernandez desde Buenos Aires, envio el siguiente mensaje el 17/05/02 a la lista Fillos-L:
A moza que é caladiña
e non di mal de ninguén,
canto máis baixinho mira
tanto máis amores ten.

Almendrillas nas orelhas
malditas galas che é;
unha boa camisiña,
un bo zapato no pé.

Non te poñas altaneira
porque te miras tan alta;
canto menos pesa un lixo
mellor o vento o levanta.