Página 1 de 1

X livros que hai que ler em galego

Enviado: terça, 30 mai 2006, 20:50
por beltram
Olá, vendo o magnifico post de Xana sobre Ébora de Xosé Carlos Caneiro, ocorriuseme que poderiamos inaugurar umha secçom sobre os livros galegos que tod@s deberiamos ler, eses imprescindibeis que nom poderian faltar en nengum andel galego.

Podemos escolher cada um, um ou varios titulos e fazer cadansua resenha. Já sabedes: autor, titulo, argumento e a raçóm pola que coidamos que o devandito livre é imprescindíbel. Poden ser raçoms de tipo literario, máis tamén de tipo sentimental.

Eu tenho dous favoritos: "A Esmorga" de Eduardo Blanco-Amor e "A Nosa Cinza" de Xavier Alcalá. Heivos dizer, quando tenha máis tempo por qué é que gosto tanto deles.

Saúdos.

X livros que hai que ler em galego

Enviado: terça, 06 jun 2006, 07:56
por xana
Moitas grazas por iso de "magnífico", Beltram, aínda que é moi esaxerado! :-//

Sobre os libros imprescindibles, paréceme moi boa idea, cando remate os exames pasarei por aquí e escollerei uns poucos. Aínda así, a miña escolma non será demasiado boa, xa que non lin nada de literatura anterior ao século XX...


Beltram Escribeu:Olá, vendo o magnifico post de Xana sobre Ébora de Xosé Carlos Caneiro, ocorriuseme que poderiamos inaugurar umha secçom sobre os livros galegos que tod@s deberiamos ler, eses imprescindibeis que nom poderian faltar en nengum andel galego.

Podemos escolher cada um, um ou varios titulos e fazer cadansua resenha. Já sabedes: autor, titulo, argumento e a raçóm pola que coidamos que o devandito livre é imprescindíbel. Poden ser raçoms de tipo literario, máis tamén de tipo sentimental.

Eu tenho dous favoritos: "A Esmorga" de Eduardo Blanco-Amor e "A Nosa Cinza" de Xavier Alcalá. Heivos dizer, quando tenha máis tempo por qué é que gosto tanto deles.

Saúdos.

X livros que hai que ler em galego

Enviado: quinta, 15 jun 2006, 13:03
por beltram
Bem, pois logo comezo eu. Vou abrir um fio sobre A Esmorga de Blanco-Amor. Se vos parez podemos levar conta neste fio, dos livros comentados.