A-Z, de Xesús Fraga

Para comentar libros galegos e falar de autores, clásicos e modernos.
xana
Mensagens: 129
Registado: domingo, 22 mai 2005, 23:04

A-Z, de Xesús Fraga

Mensagempor xana » sexta, 30 dez 2005, 20:35

Hoxe rematei esta pequena xoia:

Imagem

A-Z, de Xesús Fraga.
Editorial Xerais, 184 páxinas.


De que vai?

Pois son once pequenas historias de galegos que tiveron que marchar a Londres, intercaladas coas lembranzas do narrador, que naceu na capital británica. Once anacos con diferentes personaxes, xente nova, vella, homes, mulleres, que tiveron que deixar as súas aldeas e traballar moitísimo para poder levar diñeiro a casa. O fío que une todas estas vidas é a famosa guía A-Z de Londres, que os personaxes levan para non pérderense neste labirinto de vidas que é a cidade.

Imagem



E que che pareceu?

Abraioume, literalmente. Collino porque me gustou a portada, non coñecía nada do autor nin do libro, pero arrisqueime, e acertei! As historias están cheas de morriña, de tenrura por Galiza pero tamén por Londres, que aparece magníficamente descrito (déronme unhas ganas de volver...). Hai momentos agredoces, outros divertidos, tristes, máxicos... Destaco sobre todo o capítulo Dowland Quartet, polo seu aire lendario, máxico, tan propio do imaxinario galego.

Como di o mesmo autor, esta é unha "guía sentimental de Londres", pero o Londres que fala galego, cheo da xente que non esquece os devanceiros.

Vaivos gustar aos que estades lonxe de Galiza, pero máis aos que algunha vez visitaron Londres, e sobre todo aos galegos que esteades a lerme dende a capital británica.
Última edição por xana em sábado, 08 nov 2014, 21:19, editado 1 vez no total.

xana
Mensagens: 129
Registado: domingo, 22 mai 2005, 23:04

A-Z, de Xesús Fraga

Mensagempor xana » sábado, 31 dez 2005, 19:05

Por certo, en moitos dos diálogos podedes atopar mostras do "galinglés" do que se falaba hai un tempo na rolda, moi interesante.

Alguén sabe de algún libro parecido a este, pero baseado nalgunha cidade de Estados Unidos? É dicir, un libro sobre galegos ou fillos de galegos nos EUA?


Voltar para “Literatura galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes