Amnistía Internacional defende a Garzón e acusa ao Estado Español

Para os temas da vida política do Estado Español que non teñen que ver directamente con Galicia.
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Amnistía Internacional defende a Garzón e acusa ao Estado Español

Mensagempor casdeiro » domingo, 25 abr 2010, 17:55

22 de abril de 2010
Amnistía Internacional insta a retirar cargos presentados contra xuíz de instrucción español
Amnistía Internacional condenou hoxe enerxicamente os “escandalosos” cargos presentados contra un destacado xuíz de instrución español que está previsto que compareza ante o Tribunal Supremo en maio, acusado de prevaricación.
Baltasar Garzón comparecerá o mes próximo ante o Tribunal Supremo español acusado de non respectar unha lei de amnistía de 1977 por ter iniciado a primeira investigación realizada en España sobre delitos cometidos na época de Franco.
“É escandaloso. Por principios, Amnistía Internacional non toma partido sobre o fondo dos cargos concretos formulados contra unha persoa sometida a investigación xudicial, pero neste caso, no que se leva ao xuíz de instrución Baltasar Garzón ante a xustiza por investigar violacións de dereitos humanos cometidas no pasado, a organización non pode quedar calada\", manifestou Widney Brown, directora xeral de programa de Amnistía Internacional.
“É simplemente irrelevante que a investigación do xuíz Garzón teña infrinxido ou non a lexislación nacional española, pois a lexislación mesma infrinxe o dereito internacional. Nunca debe tratarse como delito a investigación de violacións de dereitos humanos cometidas no pasado obviando unha lei de amnistía aplicada a delitos de dereito internacional, como desaparición forzada, execución extraxudicial e tortura.”
O xuíz Garzón, maxistrado que investigou abusos cometidos con gobernos militares latinoamericanos e abusos cometidos no centro de detención estadounidense de Guantánamo, anunciou en outubro de 2008 que ía investigar a desaparición forzada de máis de 114.000 persoas entre 1936 e 1951.
Segundo a Lei de Amnistía de 1977 española, os membros do goberno de Francisco Franco non poden ser procesados por delitos cometidos durante a Guerra Civil española ou o posterior goberno franquista que dirixiu o país entre 1939 e 1975.
Sen embargo, o xuíz Garzón, que podería agora ser suspendido das súas funcións durante 20 anos, sostivo que as leis de amnistía non son aplicables aos crimes de lesa humanidade segundo o dereito internacional, postura coa que Amnistía Internacional coincide.
O Comité de Dereitos Humanos e o Comité contra a Tortura, da ONU, sinalaron recentemente que España debe revogar a Lei de Amnistía. Reiteraron ás autoridades españolas que a desaparición forzada e a tortura son crimes polos que non poden aplicarse amnistías e que non prescriben.
“A Lei de Amnistía de 1977, que impide iniciar procesamentos por delitos de dereito internacional, supón un incumprimento das obrigacións contraídas por España en virtude do dereito internacional, polo que, tarde ou cedo, o poder xudicial deberá declarala nula”, sinalou Widney Brown.
Amnistía Internacional insta ás autoridades españolas a que se centren mellor en conseguir que se faga xustiza os familiares das 114.226 persoas que se calcula que desapareceron a mans do goberno de Franco.
“En vez de iniciar accións penais contra o xuíz Baltasar Garzón por investigar delitos de dereito internacional labores no pasado, España, independentemente da data de comisión dos delitos, debe levar aos responsables ante a xustiza. Débense tomar todas as medidas necesarias para revelar a verdade dos milleiros de desaparicións forzadas, execucións extraxudiciais e actos de tortura cometidos durante a época de Francisco Franco e proporcionar reparación plena ás vítimas e ás súas familias”
“Todo intento de procesar a un xuíz polo exercicio independente e imparcial da súa xurisdición ou por impugnar a legalidade dunha lei de amnistía é contrario ás obrigacións contraídas por España en virtude do dereito internacional, polo que non debe persistirse nel\", manifestou para concluír Widney Brown.
Información complementaria
O 16 de outubro de 2008, o xuíz de instrución da Audiencia Nacional Baltasar Garzón emitiu unha decisión fundamental, pola que se declaraba competente e iniciaba unha investigación penal sobre as denuncias presentadas por familiares de vítimas de presuntos delitos de desaparición forzada que constituían crimes de lesa humanidade cometidos durante a Guerra Civil española (1936-1939) e o goberno de Francisco Franco (1939-1975).
O xuíz Baltasar Garzón determinou que, sen prexuízo do resultado pertinente da investigación, identificábanse como vítimas de desaparicións forzadas cometidas entre o 17 de xullo de 1936 e decembro de 1951 un total de 114. 266 persoas.
Tras a decisión de iniciar unha investigación, a organización política Manos Limpias presentou unha querela criminal contra o xuíz Baltasar Garzón por prevaricación. A continuación, o Tribunal Supremo admitiu dúas querelas similares das organizacións Identidade e Liberdade e Falanxe Española.
O 3 de febreiro de 2010, o xuíz de instrución do Tribunal Supremo Luciano Varela Castro rexeitou a petición de sobresemento presentada polo xuíz Baltasar Garzón, sinalando que o inicio dunha investigación a pesar da Lei de Amnistía de 1977 podía ser constitutivo de delito segundo o artigo 446.3 do Código Penal español.
O 25 de marzo de 2010, a Sala do Penal do Tribunal Supremo confirmou a decisión de rexeitar o sobresemento. Na súa decisión, o Tribunal Supremo afirmou que a acusación non é “arbitraria, ilóxica ou absurda”.
O xuíz Garzón podería ser sometido a xuízo por iniciar unha investigación sobre delitos de dereito internacional tras determinar, correctamente, que a Lei de Amnistía de 1977 viola o dereito internacional.
Un Estado non pode eludir as obrigas contraídas conforme ao dereito internacional convencional ou consuetudinario alegando que non pode cumplilas debido á súa lexislación nacional.
/// FIN
Amnistía Internacional Galicia - Equipo de Medios de Comunicación

arisil
Mensagens: 48
Registado: terça, 08 jul 2008, 17:54

Amnistía Internacional defende a Garzón e acusa ao Estado Español

Mensagempor arisil » domingo, 09 mai 2010, 20:44

Ahora se espera una pronta apertura del juicio oral
Garzón, complicado: el Supremo rechazó la recusación contra el juez que lo investiga
El juez del Tribunal Supremo español, Andrés Martínez Arrieta, rechazó la recusación presentada por Baltasar Garzón contra el magistrado Luciano Varela, quien instruye la causa abierta en su contra por investigar los crímenes de la Guerra Civil y el franquismo.
Martínez Arrieta rechazó de plano la recusación a Varela, que no admite recurso, y ordenó \"devolver al juez instructor el conocimiento de la causa contra Garzón, según un escrito.
La admisión a trámite por el propio Varela del \"incidente de recusación presentado en su contra por Garzón, el pasado 28 de abril, había apartado momentáneamente al instructor de la causa, lo que le impidió resolver sobre la apertura de juicio oral, una decisión que era inminente y que implicaría la suspensión cautelar del juez imputado.
Garzón, a quien Varela le imputa un presunto delito de prevaricación por haberse declarado competente para investigar los crímenes de la Guerra Civil (1936-1939) y el franquismo (1939-1975), recusó al juez instructor por \"haber manifestado interés indirecto en el procedimiento y parcialidad en el mismo.
Tras admitir a trámite la recusación, Varela preguntó a las partes si apoyaban o no el recurso y elevó un informe al juez instructor del incidente, oponiéndose al mismo.
Tanto el Ministerio Público como las acusaciones particulares de las organizaciones ultraderechistas \"Manos Limpias, \"Libertad e Identidad y la \"Falange Española de las Jons- se opusieron también a la recusación.
Tras la resolución de Martínez Arrieta, que no admite recurso en su contra, el mediático proceso contra Garzón sigue su curso a la espera de que el juez Varela determine la apertura del juicio oral.


Voltar para “Política en España”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes