Actuación policial contra inmigrante argentina en Lugo

Para os temas da vida política do Estado Español que non teñen que ver directamente con Galicia.
Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Actuación policial contra inmigrante argentina en Lugo

Mensagempor rubi » terça, 09 mar 2010, 22:46

O Foro Galego de Inmigración exixe unha entrevista urxente co subdelegado do goberno español para que explique unha actuación irregular na Comisaría
A denuncia formúlaa o Foro Galego de Inmigración, logo de que unha arxentina que reside en Lugo dende hai dous anos lle fixese chegar a súa experiencia.
Segundo explica esta muller, en outubro de 2009, logo de presentar a documentación precisa para contraer matrimonio coa súa parella no Rexistro Civil, foi citada para presentarse ante a Comisaría para responder unhas preguntas relacionadas coa voda. Alí foi detida e iniciouse un procedemento de expulsión ao tempo que á súa parella lle comunicaron que sería sancionado cunha multa por vivir cunha persoa en situación de irregularidade administrativa.
Verónica, que así se chama a arxentina, lamenta ante todo o trato recibido no que considera como as peores catro horas da súa vida: como se fose unha delincuente, di, negáronme un vaso de auga e acompañáronme ao baño mantendo a porta aberta. Asemade explica que tampouco lles gustou que a miña parella buscase un avogado, xa que preferían que actuara o de oficio.
A maiores, denuncia que a Comisaría aínda lle ten a día de hoxe o pasaporte retido. Daquela continuou cos trámites para o matrimonio, que se fixo oficial en decembro do ano pasado mais, segundo denuncia, na Comisaría non costa a solicitude do pasaporte. Así, agora só dispón dunha fotocopia compulsada deste documento, insuficiente para saír do país ou mesmo para efectuar xestións bancarias.
Entrevista urxente
Ante esta situación, o Foro Galego de Inmigración pediu unha xuntanza urxente co subdelegado do goberno español en Lugo para clarexar a actuación policial neste episodio. Denuncian o tratamento pouco axeitado e exixen unha desculpa oficial para esta persoa, residente e plenamente integrada en Lugo. Consideran ademais intolerábel o atraso na entrega do seu pasaporte e piden unha solución inmediata.
Finalmente, solicitan información das posíbeis sancións derivadas dos feitos tanto para os funcionarios responsábeis do trato pouco axeitado como do atraso na entrega do pasaporte.
Fonte: www.vieiros.com
Rubí
Buenos Aires-Argentina

Voltar para “Política en España”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes