A \'peineta\' de Aznar

Para os temas da vida política do Estado Español que non teñen que ver directamente con Galicia.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

A \'peineta\' de Aznar

Mensagempor cachafeiro » segunda, 22 fev 2010, 14:13

Probiño de Feijóo, con a crise económico que ten Galicia, tivo que facer un curso rápido de historia Romana para saír a defender o indefendible:
\"Un innovador estudo da Universidade das Illas Baleares (UIB) e de Barcelona recolleu 110 xestos da época romana que perduran nos nosos días. O equipo dirixido polas doutoras Maria Antonia Fornés, do departamento de Filoloxía Española da UIB, e Mercè Puig recorreu a fontes escritas e artísticas. O resultado é unha base de datos con todos os signos e 580 textos que os documentan.
Levantar o dedo corazón mantendo a man pechada era un xesto obsceno que intentaba reproducir un pene erixíndose desde o escroto. ?Tamén ti búrlasche de min, ladrón, e móstrasme o dedo impúdico canto che ameazo??, reza un poema romano.\"
Isto é para tomalo a risa, porque se temos que pensar que un ex presidende dunha potencia europea responde cun xesto á agrasión dun grupo de estudantes universitarios, estamos fodidos!!!
Feijóo pide \"admitir\" a \'peineta\' de Aznar e afirma que ten \"antecedentes gregos e romanos\"
O presidente da Xunta coida que a \"noticia\" non debera ser o \"xesto\" do ex xefe do Executivo central, senón os \"insultos\" dos estudantes que o increparon na Universidade de Oviedo
O xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, chamou hoxe a \"admitir\" os xestos do ex presidente José María Aznar, tras a súa decisión de \"saírse da política \"e lembrou que a súa \"peineta\" -en referencia ao xesto despectivo que dedicou a un grupo de estudantes que o apuparon na Universidade de Oviedo- ten \"antecedentes gregos e romanos\".
\"É un xesto admitido en civilizacións que foron berces de coñecementos, como Roma ou Grecia\", destacou o máximo mandatario galego na conferencia-coloquio do Fórum Europa Tribuna Euskadi, onde demandou, ao tempo, que se \"admitan as decisións persoais\" do ex presidente José María Aznar.
\"Como facer ese xesto\", incidiu e engadiu que a \"noticia\" non debería ser o seu xesto, senón que un grupo de estudantes \"lle chamen terrorista e fascista\", cando foi vítima dun atentado da banda terrorista ETA. \"Que pase o contrario debería facernos propornos moitas cousas, porque igual temos algún problema intelectual\", advertiu.
http://www.xornal.com/artigo/2010/02/22 ... 00870.html

Voltar para “Política en España”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes