Patentes de software

Para falarmos de calquera tema político fóra de Galicia ou Hispanoamérica: guerras, relacións internacionais, imperialismo, mundialización...
anamp
Mensagens: 141
Registado: segunda, 07 jun 2004, 23:00

Patentes de software

Mensagempor anamp » quinta, 10 mar 2005, 14:21

Reenvío aquí un correo que recibín (o texto non é meu) sobre un novo documento aprobado polo Consello da Unión Europea sobre as patentes de software:



O dia de onte non foi bó para que as "novas tecnoloxias" pasasen de ser un artigo de luxo na Europa, a que fose unha area de coñecemento
humán propiedade de todos/as.
Porque digo isto; pois porque o Consello da Unión Europea ven de
aprobar, a través dun pinchacarneiro de enxeñeria política, a directiva de "Patentes sobre a programación".
Preguntaredesvos que isto da directiva de patentes da programación; pois a resposta e ben sinxela: É "apropiarse", por parte de aqueles que teñen cartos para mercar unha patente e amparados por leis de duvidosa utilidade, do coñecemento humán aplicado ao mundo das novas tecnoloxias có único fin de manter un estatus de monopolio empresarial, e impedir que o coñecemento poida ser utilizado por todos/as.
Este fenomeno non é exclusivo só das novas tecnoloxias; as grandes
corporacións empresariais e os seus basalos políticos tamén traballan
por acadar leis semellants no mundo da biotecnoloxia:
http://www.ecologistasenaccion.org/acci ... ogicas.htm
E seguro que en todos os campos que poidan...


Quen son "aqueles": pois as grandes corporacións empresariais,
Microsoft(M$), Nokia, Dell, Alcatel...
Ainda que dita directiva, ten ainda que pasar en segunda volta polo
parlamento europeo dentro de dous ou tres meses, e se asegura que non vai ser aprovada, parte do camiño planexado polas multinacionais xa está recorrido. Agora só nos falta ver o desfile de directivos das
multinacionais polos despachos de ministros/as e presidentes/as de
governo europeos, para convencelos do beneficioso que é dita directiva, tal vez a cambio duns cuantos millóns de dolares en ordenadores e sistemas operativos para que os/as nenos/as sigán a formarse nas tecnoloxias monopolísticas e así poder seguir mantendo o seu estatus de control tecnoloxico mundial.


Entre moitos outros obxectivos desta directiva, un deles dende logo, é afogar ao movemento do Software Libre, http://www.gnu.org/home.pt.html ou calquera movemento que plantexa outra forma de entender a propiedade do coñecemento distinto da deles, (exemplos poden ser:
http://www.linux.org http://creativecommons.org
http://www.microbotica.es ) e cuxo obxectivo é aportar á humanidade
ferramentas tecnolóxicas para que todos/todas as poidamos utilizar:O
COÑECEMENTO É ABERTO, E PROVEN DE SÉCULOS DE EVOLUCIÓN HUMANA, non
pertence a niguén e todos/as somos donos/as del. Que pasaria se Newton no seu momento patentase a lei da grabitación universal? ou se pitagoras fixese o mesmo co seu teorema? se estas preguntas parecen ilóxicas, estúpidas, como se pode permitir, por exemplo, que M$ poida patentar a barra de progreso ou a conductividade eléctrica do corpo humán?
http://informatica.terra.com.br/interna ... 53,00.html
ou moitas outras patentes.
Según eles (" aqueles "), as patentes teñen como abxectivo defender
aos/ás programadores/as, é decir ao sector, ainda que todos/as sabemos que o único obxectivo é afianzarse, apoderarse do sector das tecnoloxias e impedir que outros/as teñen acceso a él. Simplemente, o seu obxectivo é impedir a independencia tecnolóxica dos paises, estados e da sociedade en xeral:
http://ipsnoticias.com/interna.asp?idnews=32178


E todo isto non está tan lonxe; pode que nas páxinas web das vosas/nosas asociacións, nos programas que lle pagamos a algunha empresa para o noso negocio etc etc... exista algunha posible patente de programación.
Vou poñer un exemplo; fai un tempo pediuseme que fixese a páxina Web
dunha asociación. Nestes intres sen unha lexislación como a que se está tentando aprobar no parlamento europeo, fixose sen a preocupación da posibilidade de estar infrinxindo algunha futurible estupida patente. Se esta directiva vai adiante, só quedaria, ou ben estudar dereito a maiores a todas aquelas persoas que se adican á programación para bucear no intrincado mundo das leises, ou contratar un bufete de abogados, sentalos ao lado dun mentras programa e ir preguntandolle se esto ou eso está patentado; e loxicamente, no caso de que teñas que utilizar algunha patente (como pode ser o doble "clic" do rato, patentado por M$ en EEUU)pois pagar por ela.
É decir, que os/as únicos/as que van sacar algo en limpo desto, serán
os/as avogado/ass e as multinaciomais. O resto do mundo, coma sempre
perderemos.


Podese ver mais información en:
Alianza libre europea, os verdes:
http://www.greens-efa.org/en/

Asociación de internautas:
http://www.internautas.org/
http://www.internautas.org/html/1/2751.html

Foundation for a Free Information Infrastructure
http://swpat.ffii.org/index.pt.html

Un saudo.

-A nivel europeo, quen coordina todo o traballo na loita contra as
patentes de programación é: http://ffii.org/
-Na Galiza, existe a mesa galega contra a patentabilidade da
programación, integrada na FFII, e formada por empresas, asociacións de
usuarios de GNU/Linux etc... Desgraciadamente neste intres non se pode
acceder á páxina. Esperemos que en breve se subsane este problema.

Voltar para “Política internacional”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes