?Moitas pateras deberían afundir?

Para falarmos de calquera tema político fóra de Galicia ou Hispanoamérica: guerras, relacións internacionais, imperialismo, mundialización...
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

?Moitas pateras deberían afundir?

Mensagempor cachafeiro » sexta, 10 jul 2009, 17:04

inmigración
?Moitas pateras deberían afundir?, di un eurodeputado
?Pódenselle lanzar balsas salvavidas e que volvan a Libia?, indica Nick Griffith
AXENCIAS
"Francamente, deben ser afundidas unhas cantas desas barcas". Así de tallante se manifestou o controvertido eurodeputado británico Nick Griffith nunha entrevista á BBC emitida o xoves, cando lle preguntaron pola inmigración ilegal, segundo recollía onte a axencia de información DPA.

O líder do Partido Nacional Británico (BPN), que acaba de entrar na Eurocámara, suxeriu desta forma que as barcas con inmigrantes ilegais que se dirixen a Europa procedentes de África deberían ser afundidas.

Con todo, matizou as súas aseveracións: "Non quero dicir que ninguén deba ser asasinado no mar. Quero dicir que as barcas se deberían afundir, pódeselles lanzar unha balsa salvavidas e poden regresar a Libia". "Europa ?engadiu Griffith? antes ou despois terá que pechar as súas fronteiras ou simplemente será inundada polo Terceiro Mundo".

Así explica o eurodeputado británico as súas propostas para reforzar a prevención da chegada de inmigrantes, cuxas medidas deben "endurecerse moito", di.

Griffith, segundo informaba onte a axencia de información DPA, acostuma dicir nas entrevistas que o BNP non é un grupo antisistema nin un partido racista. Porén, os seus estatutos impiden afiliarse a calquera que non sexa de raza branca e o seu programa defende frear en seco a inmigración e restaurar a pena de morte para os pedófilos, asasinos en serie e terroristas.

http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php ... cia=446826

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

?Moitas pateras deberían afundir?

Mensagempor cachafeiro » sexta, 10 jul 2009, 17:19

Se eu dixese que este eurodiputado non debía de nacer, pareceríame a el.
Tampouco que é un fillo de puta, pois a súa nai talvez non teña culpa de nada.
Decearle que uns dos seus fillos tivese que viaxar nunha desas pateras, e que non tivesen salvavidas para tirarlle, tampouco, os nenos son inocentes das putalladas dos seus pais.
Que é o que está ocorrendo en Europa?? porque tanto odio cara aos seus pares humanos??
Só vénme á memoria unha canción que cantaba o meu pai:

cando querra o Deus do ceo
que a tortilla vólvase.

Saúde e República!!!


Alexandra Cachafeiro Camiña


Voltar para “Política internacional”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes