Página 1 de 1

ven comer a vincha a Cerdedo!!

Enviado: segunda, 25 jan 2010, 18:50
por cachafeiro
Imagem
Este ano non tes escusa... ven comer a vincha a Cerdedo!!
A vincha é un doce ancestral que se prepara no Antroido cerdedense
A vincha é un doce feito dentro da vexiga do porco curada e secada ó fume da lareira.
O amoado componse de pan de trigo de boa calidade que será da víspera e irá partido en anacos, azucre, ovos de casa batidos e manteca de vaca, entre outros ingredientes. Estos ingredientes mestúranse e deixanse en repouso ata o día seguinte.
O amoado introdúcese dentro da vexiga, non máis das súas dúas terceiras partes. Cósese ben para pechala e posteriormente cócese ó baño María unhas dúas horas.
Por último pélase e degústase.
Segundo as receitas de cada casa este doce vaise personalizando a gusto de cada un/-ha; así pódense engadir reladura de limón ou laranxa, anís, leit, uvas pasas remolladas en viño quinado, incluso froita e froitos secos.
Ven con disfrace!! Este 14 de febreiro namórate da vincha...
Ó longo da festa sortearase unha Cesta de produtos ecolóxicos e da terra, merca xa as túas rifas!
Isabel Fraga
609 682 759
isafondos@yahoo.es
Secretaria da Asociación de Mulleres Espadela de Cerdedo
Tesoureira da Asociaicón polo Desenvolvemento dos Concellos do rural

ven comer a vincha a Cerdedo!!

Enviado: segunda, 25 jan 2010, 18:51
por cachafeiro
Receita da vincha
INGREDIENTES:
-Vincha de porco
- 12 ovos
-750 gramos de azucre
- 1/4 litro de leite
-1/4 kilo de pan consistente
- 2 cucharas de mantequilla de vaca
Bater os ovos. Engadir leite, azucre, mantequilla derretida e pan desfeito en cadrados, deixando que a mistura repose durante cinco horas.
Lavar ben a \"vincha\", darlle a volta e introducir a mistura. Pechar mediante unha costura e cocer ó baño maría durante dúas horas.
Unha vez cocida déixase enfriar, rómpese a \"vincha\" e o resultado é un sabroso e típico doce do Entroido do interior da provincia de Pontevedra.