CANAS FRITIDAS

Intercambio de receitas da cociña galega de sempre.
Avatar do Utilizador
crisanto
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 211
Registado: sexta, 29 fev 2008, 11:11

CANAS FRITIDAS

Mensagempor crisanto » sexta, 18 jul 2008, 17:04

CANAS FRITIDAS

CÓMPRENOS:

Para facela masa:
* Fariña 3/4 quilo
* Aceite 200ml (1 vaso)
* Viño branco 200 ml
* Leite 200 ml
* Fermento Royal 1 sobre
* Sal 1 culleradiña rasa

Para enchelas:
* Leite 1 litro
* Ovos 3 ou 6 xemas
* Azucre 6 culleradas
* Fariña Maizena 5 culleradas cheas

Para fritir
* Aceite de xirasol

COMA SE FAI:

A masa:

- Por nuha cunca fonda a fariña, facendo un niño no meio, engadir todolos ingredentes da masa e amasar.(Ten que quedar coma a masa do pan) Deixar repousar unha hora.

- Estirala masa cun rolete deixandoa delgadiña; cortala logo en tiras de unhos 2 cm de ancho, envolvelas nos moldes das canas (*) e fritilas en moito aceite non moi quente. Deixalas escurrichar sobre un pano de mesa de papel, encher coa crema pasteleira e espolvorealas con azucre moido.


A crema pasteleira de recheo:
- Por a ferver 1 litro de leite cun pao de canela e unha casca de limón . Entrementres nunha cunca fonda batilo resto dos ingredentes do recheo e engadilo cando o leite esteá a ferver, deixalo que volva a ferver, remexendo ben ata que espese.
Sen deixar que a crema enfrie moito, encher as canas coa axuda dunha manga pasteleira.


(*) Os moldes para as canas son metálicos e cónicos coma os "cucuruchos" dos xeados. Se non temos os moldes podemos empregar trozos de canas de basoiras, ainda que coas de metal e mais doado desmoldealas.

jorgegustavot
Ex-membro
Mensagens: 165
Registado: terça, 04 mar 2008, 19:23

CANAS FRITIDAS

Mensagempor jorgegustavot » sexta, 18 jul 2008, 18:15

crisanto vos non tenes limitacións pasas da filosofia á gastronomia, felicitacións...

Avatar do Utilizador
crisanto
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 211
Registado: sexta, 29 fev 2008, 11:11

CANAS FRITIDAS

Mensagempor crisanto » sexta, 18 jul 2008, 21:09

Jorgegustavot dixo: crisanto vos non tenes limitacións pasas da filosofia á gastronomia, felicitacións...


Grazas pola flor, non se merece. Hai polo mundo adiante moitísima xente máis e mellor preparada ca min.

Son un afeccionado a cociña é unha cousa que practico a diario na casa. A miña muller leva a intendencia i eu fago o xantar, o resto repartimolo entre os dous ainda que a ela lle toca facer máis ca min.
Se che gusta a cociña estate o tanto pois irei publicando outras receitas, vascas e galegas.

Saudos

Fernando


Voltar para “Gastronomía”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante