O noso territorio, a nosa identidade...

A conservación do medio natural galego e os seus recursos, catástrofes ecolóxicas, perigos, etc.
Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

O noso territorio, a nosa identidade...

Mensagempor rubi » quarta, 09 jun 2010, 14:06

Asociacións ecoloxistas do país concéntranse na Praza do Obradoiro este domingo 13/6/2010, para denunciar o urbanismo depredador e as políticas de ordenación territorial.
Asociacións ecoloxistas do país convocaron unha concentración para este domingo ás 12.00 horas na Praza do Obradoiro de Compostela con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra este sábado.
Baixo o lema O noso territorio, a nosa identidade pretenden denunciar a través dunha performance as consecuencias do urbanismo depredador e das políticas insustentábeis de ordenación territorial, escenificando a venda dunhas promocións urbanísticas en lugares emblemáticos do país.
Así, por exemplo, na Praza do Obradoiro pensan edificar uns chalés de paredes medianeiras e un cámping.
Para colaborar na performance recomendan acudir con chalecos reflectores ou con fundas de obra ou con casco, así como outros materiais de construción ou mesmo tenda de campaña.
Fuente: www.vieiros.com
Rubí
Buenos Aires-Argentina

Voltar para “Ecoloxía en Galicia”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 5 visitantes