Como aconteceu coa lagoa de Antela

A conservación do medio natural galego e os seus recursos, catástrofes ecolóxicas, perigos, etc.
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Como aconteceu coa lagoa de Antela

Mensagempor pilarmabel » terça, 12 jan 2010, 15:31

Obras da Xunta secan unha lagoa protexida
Unhas obras autorizadas e dirixidas por persoal responsábel da Consellaría de Medio Rural afectáronlle gravemente ao humidal protexido e as especies ameazadas da lagoa da Frouxeira, en Valdoviño.
A apertura, o sangrado e desecado da lagoa da Frouxeira, en Valdoviño, afectáronlle gravemente tanto ao humidal protexido como ás especies ameazadas nunha actuación que tivo lugar entre novembro e decembro do 2009 en pleno LIC e ZEPA da Costa Ártabra. As obras foron realizadas baixo a autorización e dirección da Consellaría de Medio Rural.
Segundo denuncia a asociación ecoloxista Adega, a última apertura do humidal provocou a destrución da barreira de area que conformaba a regulación natural do nivel hídrico da lagoa. “Trátase da mesma política que aplicou o franquismo dende os anos 50 para acabar cos humidais por improdutivos e insalubres, como aconteceu coa lagoa de Antela”, sinala o colectivo.
Cinco status de protección
Adega acusa directamente á consellaría dirixida por Samuel Juarez da desfeita provocada na Frouxeira. “A Dirección Xeral de Conservación da Natureza menosprezou o status de protección do humidal derivado das cinco figuras de protección que posúe –Humidal de importancia internacional- Ramsar, Lugar de importancia comunitaria-LIC, Zona de especial protección para as aves-ZEPA, Zona de Especial Protección dous Valores Naturais e Humidal Protexido”, apunta o colectivo.
Os ecoloxistas afirman que coas obras de apertura, sangrado e desecado na Frouxeira, a Xunta obviou as normativas referentes á protección de especies protexidas e catalogadas e incumpriu as disposicións da normativa europea e estatal referente á protección de hábitats prioritarios.
\'Modus operandi do franquismo\'
Adega sinala que Medio Rural empregou as mesmas actuacións que os técnicos franquistas utilizaron hai máis de 50 anos para o desecamento e destrución de numerosos humidais galegos. “No franquismo xustificábanse estas actuacións pola consideración de improdutivos e de insalubres dos humidais, produto dun falso desenvolvemento, cultivador da ignorancia e da ocultación das vantaxes das zonas húmidas”, sinala.
Segundo o colectivo, a Xunta argumenta nas súas declaracións “escusas como a inundación temporal dun paseo marítimo mal construído, os problemas de tráfico rodado ou a inundación parcial e temporal de terreos que ordinariamente fican asolagados”. Porén, a Directiva Hábitat e a Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade impiden que estes argumentos sexan utilizados para aprobar e executar medidas que alteren hábitats prioritarios, como é o caso da Frouxeira.
As obras prexudican as aves acuáticas
Pola outra banda, as modificacións do nivel de inundación invernal teñen un efecto moi negativo sobre o período de invernada e cría das aves acuáticas –principal obxectivo esgrimido para a súa declaración como humidal de Importancia Internacional do Convenio de Ramsar, así como para a súa inclusión na Rede Natura 2000.
Adega informa de que alteración incide de xeito moi grave sobre o estado de conservación do humidal, “propiciando, ano tras ano, a transformación da lagoa nun pequeno estanque artificial, unido co mar por un esteiro de augas temporais”.
Segundo os expertos, co paso dos anos, “esta situación provocará a súa destrución definitiva como lagoa costeira de seguirmos con este tipo de actuacións que fan sospeitar a posíbel existencia doutro tipo de intereses de índole urbanística dada a insistencia coa que se repiten estes feitos”.
Denuncia ante as institucións
Por último, Adega tamén denuncia o desleixo da Dirección Xeral de Conservación da Natureza en relación “coa vixilancia do tráfico e aparcamento de vehículos e caravanas no sistema de dunas, a proliferación de cans soltos, a captura de peixes no desaugadoiro do humidal cunha arte totalmente ilegal, que se ven agudizados coa desecación da lagoa”.
A asociación asegura que todas estas actuacións se realizan “a plena luz do día ante a pasividade dos axentes que Conservación da Natureza que visitan de tarde en vez o humidal”. De aí que Adega vaia denunciar os feitos ante a oficina de Ramsar, ante a Comisión Europea e ante o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño.
Fuente: http://www.anosaterra.org
Pilar

Voltar para “Ecoloxía en Galicia”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante