Manifesto Galego polo Clima

A conservación do medio natural galego e os seus recursos, catástrofes ecolóxicas, perigos, etc.
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Manifesto Galego polo Clima

Mensagempor pilarmabel » quarta, 16 dez 2009, 12:10

[quote]Promovido pola Alianza Galega do Clima
Unha ducia de colectivos asinan o Manifesto Galego polo Clima
Máis dunha ducia de organizacións sociais e plataformas cidadás sumáronse ao Manifesto Galego polo Clima. Coincidindo coa recta final do Cumio de Copenhague, no texto demandan accións efectivas para previr unha \'mudanza catastrófica\' que consideran \'máis preocupante que a actual crise económica\'.
As organizacións asinantes, “conscientes de que a crise climática é moito máis preocupante que a actual crise económica”, súmanse á reivindicación dun “novo acordo climático vinculante, xusto e ambicioso que comprometa os países industrializados a reduciren as súas emisións en polo menos un 40% para 2020 (logrando cando menos as tres cuartas partes desa redución con medidas dentro do seu territorio) a respecto dos niveis do 1990. Para 2050, as emisións mundiais deberán reducirse polo menos nun 80%, co que as dos países industrializados deberán ser próximas a cero”.
Segundo explica nun comunicado a promotora da iniciativa, a Alianza Galega polo Clima, “como parte do mundo enriquecido, Galiza é corresponsábel do maior problema socioambiental global”. Neste sentido, lembra que as emisións por habitante de gases causantes do cambio climático son superiores “non só ás emisións medias mundiais senón mesmo ás da Unión Europea”. Ademais, consideran que a principal responsabilidade de que isto sexa así é de gobernos e empresas, polo que as organizacións sociais lle demandan “á Xunta, aos Concellos, ás forzas políticas e ás empresas que actúen para salvar o clima”.
O texto completo pode consultarse no blog da Alianza Galega polo Clima, constituída hai tres meses por Amigos da Terra, Greenpeace e Verdegaia. O manifesto enviouse ao presidente do Goberno español, da Xunta e da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).
Propostas concretas
-Aprobar un Plan Galego de Acción Fronte á Mudanza Climática que procure, como mínimo, unha redución do 30% das emisións no 2020 a respecto do 1990.
-Desenvolver un Programa de Aforro e Eficiencia Enerxética que atinxa no 2020 unha diminución mínima, en termos absolutos, do 20% do consumo de enerxía a respecto dos niveis do 2005.
-Pechar as centrais térmicas de carbón das Pontes e de Meirama e aprobar un Plan de Enerxías Renovábeis para que Galiza cubra o antes posíbel, e non máis tarde do 2050, o 100% das súas necesidades de servizos enerxéticos con enerxías renovábeis.
-Estabelecer unha moratoria na construción de novas autovías e autoestradas mentres non se aprobe un Plan Director de Transporte e Infraestruturas sustentable, capaz de lograr unha transferencia substancial de pasaxeiros e mercadorías cara aos modos menos consumidores de enerxía: ferrocarril convencional, transporte marítimo, autobús, bicicleta e marcha a pé.
-Promover un ordenamento do territorio que garanta o seu uso sustentábel, preserve e intercomunique as zonas de valor ecolóxico e reduza a demanda de transporte motorizado.
-Desenvolver medidas concretas que aposten pola soberanía alimentaria, estimulando a produción e o consumo locais de alimentos de agricultura ecolóxica e labrega.
-Pechar a incineradora de SOGAMA e impulsar unha política de residuos urbanos que priorice a redución e aposte por un modelo de xestión descentralizado que cree unha rede de plantas comarcais de reciclaxe e compostaxe.
-Recoñecer e asumir a nosa débeda de carbono e contribuír ao financiamento de accións para a mitigación e adaptación á mudanza climática nos países empobrecidos.
-Previr os lumes forestais e promover o uso sustentábel dos montes mediante a regulación de usos do solo e a inclusión da silvicultura preventiva nos planos de xestión dos montes.
Asinantes do Manifesto
-Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
-Altermundo
-Amigos da Terra
-Ecodesarrollo Gaia
-Federación Ecoloxista Galega (FEG)
-Greenpeace
-Iniciativa Galega Pola Soberanía Alimentar dos Pobos
-Intermon Oxfam
-Plataforma \"Salvar o Tren\"
-Comisións Obreiras (CC OO) de Galiza
-Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)
-Verdegaia
-Veterinarios sen Fronteiras
Fuente: http://www.anosaterra.org
Pilar

Voltar para “Ecoloxía en Galicia”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes