Casas na costa e aldeas enteiras

A conservación do medio natural galego e os seus recursos, catástrofes ecolóxicas, perigos, etc.
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Casas na costa e aldeas enteiras

Mensagempor pilarmabel » sexta, 11 dez 2009, 01:34

Galiza si se vende
Os xornais \\\'Financial Times\\\' e \\\'El País\\\' analizan nas súas páxinas o auxe na compra de propiedades inmobiliarias na nosa terra por parte de británicos e de españois.
\\\"Costa del soul\\\" e \\\"Se vende aldea\\\". Son os titulares de dúas reportaxes publicadas nos últimos días nos xornais de difusión internacional Financial Times (Londres) e El País (Madrid) onde se analiza o auxe na adquisición de propiedades inmobiliarias na nosa terra por parte de británicos e de españois, principalmente.
O sábado era o FT o que explicaba nas súas páxinas como a construción descontrolada na costa mediterránea ibérica estaba a provocar que \\\"os inversores estranxeiros mostren un interese crecente por Galiza\\\", da que o periódico destaca que conta con \\\"algunhas das mellores praias e dos máis fermosos paisaxes de España\\\" con \\\"grandes extensións de bosques de piñeiros e de eucaliptos\\\".
\\\"Galiza é unha área dunha beleza natural extraordinaria en xeral, con vales arborados no interior, con clima morno no verán e invernos en ocasións bastante fríos\\\", apunta Clive Robbins de Blakemore Walker Chartered Surveyors, axencia inmobiliaria especializada no norte peninsular. Robbins salienta \\\"o Val do Miño, popular nos últimos anos grazas a súa famosa cultura vitivinícola\\\".
Ademais, o FT reproduce o testemuño dunha parella de Staffordshire, no oeste de Inglaterra, que comprou unha casa en ruínas, de 1860, perto de Monforte de Lemos, por 145 mil euros. Recoñecen que \\\"probabelmente pagaron algo de máis\\\" por ela, aínda que o máis caro foi a restauración. No entanto, confesan estar contentos no lugar que comparan co Lake District.
O xornal advirte os potenciais compradores que teñan en conta as leis específicas que existen en Galiza, por exemplo, que \\\"en determinadas terras do rural un propietario lindeiro pode ter o dereito a mercar\\\". Tamén, recorda que o mercado de aluguer é \\\"mínimo\\\".
Aldeas enteiras á venda
E esta cuarta feira foi o diario El País o que se fixou na particular situación de moitas aldeas galegas \\\"que quedaron en desuso para os seus habitantes, aqueles que, co éxodo rural dos anos 60, acabaron por abandonar definitivamente os seus fogares e marchar á cidade\\\".
Neste senso, destacan que é nas comarcas do nordeste do país onde \\\"máis se acusou esta escapada, con máis de 600 aldeas despoboadas, cifra que vai en aumento co paso dos anos\\\".
\\\"Coñecemos a demanda que existe e intentamos aforrarlle ao comprador o papelorio e o tempo que leva atopar os propietarios, que en moitos casos non saben que teñen unha casiña na aldea\\\", afirma León. Moitos deciden investir, adquirindo núcleos completos, tanto para vivir como para negocio hostaleiro.
Porén, informa o xornal madrileño, \\\"non son os galegos precisamente quen ven interesante este mundo; é a xente de fóra, das grandes cidades sobre todo, a que atopa un valor atractivo neste negocio\\\". Ignacio León asegura que adoitan ser \\\"matrimonios novos e emprendedores\\\", que foxen de grandes cidades.

Fuente:http://www.vieiros.com
Pilar

yagui
Mensagens: 81
Registado: segunda, 13 set 2004, 23:00

Casas na costa e aldeas enteiras

Mensagempor yagui » segunda, 14 dez 2009, 05:18

Eu acho que os \"españois\", como di a nota, sonche menos respectuosos co entorno. E senón fixádevos: como o seu \"ideal\" de lugar de vacacións son praias afastadas de edificios ao lado da costa, pretenden chear a costa galega diso, e nalgúns lugares coma Sanxenxo lográrono. Polo que vexo na tele, os ingleses e demáis europeos procuran un contacto coa cultura e paisaxes típicos e non trasladar o modelo mediterráneo de sol e deserto ao norte. Por iso, parabéns a todos os estranxeiros que apostan por aldeas e restauracións á arquitectura galega tradicional! A ver se o feismo vai esmorecendo dunha vez... a mágoa é que ás veces valoren máis eles ca nós o noso patrimonio.


Voltar para “Ecoloxía en Galicia”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes