CIES, ONS, SÁLVORA E CORTEGADA

A conservación do medio natural galego e os seus recursos, catástrofes ecolóxicas, perigos, etc.
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

CIES, ONS, SÁLVORA E CORTEGADA

Mensagempor pilarmabel » sexta, 04 dez 2009, 10:54

Menos visitas e prazas de acampada nas Illas Atlánticas
O Patronato do Parque Nacional estudará a vindeira semana reducir o número de visitantes para reducir a presión ambiental do ecosistema insular
O debate xa está sobre a mesa. A vindeira semana o Patronato do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas tomará unha decisión ao respecto do número de visitantes que deberían asumir as illas e todo apunta a importantes restricións. Así o adianta o Faro de Vigo, quen tivo acceso ao borrador do Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUG) dos tres arquipélagos e que se debaterá o vindeiro mércores.
No caso das Illas Cíes barállase a cifra de 1.500 persoas diarias como máximo en temporada alta e 300 no inverno, unha cantidade que supón 700 visitas menos (na actualidade a restrición sitúase nos 2200 turistas). En Ons até o de agora non hai ningún tipo de limitación, xa que sempre se atendeu ao seu carácter de illa habitada, mais a previsión é limitar o acceso a 1.200 persoas ao día no verán e outras 300 en temporada baixa. Na Illa de Sálvora formúlase un máximo de 125 visitantes na de Cortegada outro máximo de 200 persoas. Como referencia, hai que ter en conta que o Parque Nacional (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada) recibiu este ano 264 mil visitantes, unha cifra que os expertos consideran excesiva para a sustentabilidade do ecosistema.
Acampada
Outra cuestión que tamén aborda o documento é o aloxamento. No caso da zona de acampada das Cíes, o borrador propón pasar das 800 prazas que se ofertan actualmente a 400. Ademais, abre a posibilidade a limitar o tempo máximo de estancia, neste caso sete días. Para a Illa de Ons, que hoxe en día non ten máis limitacións que a oferta e a demanda, prevese formular unha cota máxima de 200 persoas por noite.
A previsión é que estes cambios, aínda por negociar, entrasen en vigor para o verán de 2010.
Fuente:http://www.vieiros.com/
Pilar

Voltar para “Ecoloxía en Galicia”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante