Rexeitamento ao Plan de Acuicultura da Xunta

A conservación do medio natural galego e os seus recursos, catástrofes ecolóxicas, perigos, etc.
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Rexeitamento ao Plan de Acuicultura da Xunta

Mensagempor pilarmabel » segunda, 30 nov 2009, 23:14

Galiza Non se Vende mantén a protesta contra \"a destrución e saqueo\" acuícola
\"A súa ilegalidade é manifesta\", subliñan desde esta plataforma cidadá, insistindo en que a prioridade é un Plan Integral de Defensa do Litoral.
A rede Galiza Non se Vende recorda a súa reclamación ao respecto dun Plan Integral de Defensa e Protección do Litoral Galego, unha esixencia cara á que seguirán levando a cabo \"todo tipo de accións pacíficas\" de mobilización e concienciación cidadá. Insisten en que ese plan debera ser a prioridade das administracións e non o que cualifican de \"plan de privatización, destrución e saqueo propio dunha sociedade que vende e destrúe un dos seus máximos tesouros\". Un plan que, subliñan, debera ir unido á rexeneración ambiental e integral das rías.
O recordatorio chega ao fío da reafirmación do \"profundo rexeitamento\" ao Plan Acuícola Galego, iniciativa da que acusan de impoñer á Xunta co consentimento do propio Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño. \"A importancia da piscicultura proxectada é unha falacia, o cultivo de peixe mariño criado é ridículo comparado co cultivo de peixe de auga doce e de molusco\", expoñen desde a rede Galiza Non Se Vende nun comunicado, censurando que este plan non respecta a costa virxe, praias, zonas húmidas, cantís, \"nin os espazos naturais protexidos ou bens culturais; nin as nosas mellores paisaxes, nin a franxa costeira dos 500m cando existe tecnoloxía dabondo para instalarse fóra dela\".
Incumprimento de normativas
Entre outros, analizan que se trata dun proxecto que formula substituír pesca e marisqueo tradicionais por produción industrial en terra botando man de augas de gran pureza, \"devolvéndoas contaminadas con antibióticos, exceso de materia orgánica e produtos químicos\". Engaden que \"pode alterar a xenética das poboacións naturais\", que precisa de 3 kg de peixe bravo para producir 1 kg de peixe criado e que \"crea menos emprego (195 no total do plan) do que destrúe\".
Ademais, avisan de que privatizaría dominio público e servidumes de protección, suprimindo a concesión administrativa como réxime de ocupación do solo, \"mantendo para certos casos necesarios a expropiación, o que é claramente ilegal e inconstitucional\". Ao fío, aplauden a recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que declarou ilegal a piscifactoría de Rinlo por estar proxectada en Rede Natura. \"Agardamos que sirva de advertencia para a multitude de proxectos eólicos, hidroeléctricos, de portos, etc, proxectados actualmente ocupando espazos nos que a protección non pode ser só nominal\", sinalan
Ligazóns
http://galizanonsevende.org/?p=876
Fuente: http://www.vieiros.com
Pilar

Voltar para “Ecoloxía en Galicia”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes