Patrimonio baixo as augas

A conservación do medio natural galego e os seus recursos, catástrofes ecolóxicas, perigos, etc.
Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Patrimonio baixo as augas

Mensagempor rubi » domingo, 15 nov 2009, 17:57

A Costa da Morte é, xunto coa ensenada de Rande, a que acolle unha maior concentración de pecios de Galicia. Nos anos 2007 e 2008, un equipo dirixido polo arqueólogo Miguel San Claudio, investigou na ría de Corcubión, onde atoparon 70 puntos de interese arqueolóxico, con barcos que mesmo afundiran no século XVI. Nalgúns casos, moitos naufraxios deron pé a unha toponimia moi particular: no cabo de Cee hai un saínte que se coñece como Punta do Diñeiro, porque alí se atoparon moedas e proxectís .
Entre os pecios descubertos na ría de Corcubión, destaca a locali­zación dunha das 25 naves da frota dirixida por Martín Padi­lla que naufragaron na zona, no inverno de 1596, debido a un forte temporal. Localizáronse grandes pezas de made­ra pertencentes á estrutura do barco, dous canóns de ferro, lingotes de chumbo, dúas rodas de artillería, así como elementos ce­rámicos e munición, recuperán­dose aqueles que corrían o risco de desaparecer.
Tamén se localizaron os restos do galeón San Jerónimo, do que se recuperaron varias moedas e pezas de chumbo; e do vapor Great Liverpool, que se afundiu no ano 1846. Atoparon restos da súa estrutura, así como moedas, lámpadas, cu­bertos e pezas de porcelana. Ademais de contribuír a crear un rico patrimonio no fondo do mar, moitos naufraxios deron pé a unha toponimia moi particular de cabos, baixos e illas, segundo explicou o investiga­dor Fernando Patricio. Así, na zona de cabo Cee hai un saínte que se coñece como Punta do Di­ñeiro. Uns pescadores subma­rinos acharon na zona un ca­nón de bronce, e posteriormente realizouse unha prospección ar­queóloxica, dirixida polo pro­fesor Manuel Martín Bueno, que permitiu recuperar numerosas moedas e proxectís de chumbo, entre outros materiais.
En Fisterra tamén é moi coñecida Punta do Almiran­te, nome que adquiriu por­que alí se descubriu os restos dunha das naves de Martín Padilla. Fernando Patri­cio destaca tamén os topónimos Os Boliños da Fortuna, de Camariñas, onde afundiu un barco de guerra no s XVII; o baixo Magnánimo, tras as illas Sisargas, en Malpica, ó que lle deu nome unha fragata española; e nome dunha das illas, herdado dun navío. O investigador de naufraxios Fernando Patricio, autor de dous libros titulados Historia da Costa Galega e mais Os seus Nau­fraxios e Escarnio. La tragedia gallega del Prestige, asegura que \"somos un pobo rarísimo, pois temos unha riqueza enor­me e non sabemos preservala e poñela en valor\".
Considera \"incrible\" que Costa da Morte, que é un dos lugares do mundo máis fa­moso polos naufraxios, \"non teña aínda hoxe un Museo do Mar\". Cre que o patrimonio subacuático e a historia que esconden estas augas atlánti­cas poderían ser un excelente reclamo turístico, \"e as autori­dades ou teñan que ter moi cla­ro\". Con todo, engadiu, en moitos puntos da nosa comunidade pódense ver pezas recuperadas do fondo do océano en luga­res inapropiados e mais sen protección, deteriorán­dose sen remedio.
Fonte: www.galicia-hoxe.com
Rubí
Buenos Aires-Argentina

Voltar para “Ecoloxía en Galicia”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante