Litoral en perigo

A conservación do medio natural galego e os seus recursos, catástrofes ecolóxicas, perigos, etc.
Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Litoral en perigo

Mensagempor rubi » quarta, 08 jul 2009, 12:45

"DESTRUCIÓN A TODA COSTA"
Máis de 33.000 vivendas, cinco novos portos, oito polígonos industriais, parques eólicos e piscifactorías ameazan 17 espazos protexidos na costa galega

O litoral galego soportará en breve máis de 33.000 vivendas de nova construción, cinco portos máis, oito polígonos industriais e catro campos de golf. O Plan Director de Instalacións Náutico Deportivas pretende aumentar nun 300% os amarres en doce anos, o Plan Eólico contempla un terzo dos novos parques en Rede Natura e o Plan Acuícola novas granxas en espazos naturais protexidos. Un negro panorama que sitúa a Galicia como unha das comunidades co litoral máis amezado, só por detrás de Valencia e Andalucía. Esta é a realidade que ofrece a novena edición do informe Destrución a toda Costa de Greenpeace, que revela que máis da metade dos 233 Espazos Naturais Protexidos repartidos polos 8.000 quilómetros de costa española están ameazados polo urbanismo, infraestruturas ou polución.

Galicia é, tras Cataluña, a comunidade con máis costa protexida, cun 52,3%. Non obstante, Greenpeace evidencia que un desenvolvemento mal entendido consumiu grandes cantidades de recursos naturais insustituíbles e acosou o territorio virxe que queda no litoral, poñendo en serio risco os 17 espazos naturais protexidos da costa galega. "Pode que a declaración dun espazo protexido lles sirva ós políticos para colocarse medallas. Pero cando descobren que esa portección é incompatible con algún proxecto urbanístico, fan que esta protección quede en papel mollado", denunciou na presentación do informe a responsable da campaña de Costas de Greenpeace, Pilar Marcos.

Oposición frontal ó proxecto de Pescanova en Touriñán

A especulación inmobilaria, característica do levante español, é dende hai anos un grave problema na comunidade. O que se deu en chamar a "marbellización" da costa galega fará que nos próximos trece anos, os 86 concellos do litoral galego constrúan tantas vivendas como as levantadas na súa historia.

O progreso mal entendido non procede só da construción. Os tres millóns de metros cadrados de litoral ocupado por futuras piscifactorías é, unha "privatización encuberta do litoral". A oposición da asociación ecoloxista é especialmente forte contra a recuperación do proxecto acuícola de Pescanova para Cabo Touriñán, ata situalo como "a maior ameaza que soporta nestes momentos o litoral galego". O Plan Eólico tampouco está exento de crítica. Segundo o informe, o 43% da potencia admitida a trámite no concurso corresponde a parques situados en espazos protexidos e destes un terzo pretende instalarse sobre Rede Natura. Por último, ademais do disparatado incremento dos amarres deportivos, Greenpeace denuncia que a construción de cinco novos portos e as ampliacións dos existentes implicarán un incremento da contaminación por hidrocarburos e metais pesados, nunha costa xa intensamente degradada. Xunto á especulación inmobiliaria e urbanística, a depuración deficitaria completa o tridente problemático do litoral.

Fuente: www.galica-hoxe.com

Rubí
Buenos Aires-Argentina

Voltar para “Ecoloxía en Galicia”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante