O cambio climático en Galicia

A conservación do medio natural galego e os seus recursos, catástrofes ecolóxicas, perigos, etc.
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

O cambio climático en Galicia

Mensagempor pilarmabel » quarta, 01 abr 2009, 02:49

PRIMEIRO LIBRO OFICIAL SOBRE O PROBLEMA

O cambio climático en Galicia é xa unha evidencia

M. V . Ausencia de xeadas, cambios na chegada das andoriñas ou suba das temperaturas. Estas son algunhas das probas de que o quentamento do planeta xa lle afecta ao país, segundo recolle o primeiro traballo científico global sobre a materia presentado esta mañá pola Xunta.




O cambio climático en Galicia é xa unha realidade científica. Así o proban centos de datos incluídos hoxe nun pioneiro informe ??Evidencias e Impactos do Cambio Climático en Galicia Proxecto CLIGAL 2007-2008?? presentado pola Consellaría de Medio Ambiente en Santiago.

As máximas soben máis de dúas décimas ao ano

Científicos galegos atoparon evidencias do quentamento do clima en ramas da coñecemento tan variadas como a climatoloxía, a oceanografía ou mesmo o estudo das aves. Por exemplo, destacan un ?incremento abrupto da temperatura dende 1972?, que cifran en 0,36 graos por década. É máis, a media das temperaturas máximas aumenta máis de dúas décimas cada ano.

Que impacto terá esta tendencia no futuro inmediato? A Xunta manexa varios escenarios, pero hoxe presentou un como o máis probábel deste século. Nel, a mediados deste século, as temperaturas medias anuais terán subido un 1,5 graos, máis de 2,5 graos no verán e na primavera.

Choverá de xeito máis abrupto

Os escenario prevé ?tendencias máis abruptas no verán, especialmente na frecuencia de días cálidos? e ?posíbel descenso da chuvia en primavera?. Sobre a chuvia tamén se indica ?aumento en outono e inverno con precipitacións máis intensas?. É dicir, choverá de xeito máis irregular e virulento do que sucede agora.

As andoriñas chegan antes e marchan máis tarde

Mais son sólidas abondo as probas presentadas para poder afirmar que o quentamento climático é unha realidade no país? O certo é que os científicos amosan tendencias sorprendentes en aspectos tan diversos como, por exemplo, a época da migración das andoriñas. Así, en Salcedo a chegada destas aves migratorias adiantouse 15 días en 30 anos. Debido á calor, tamén marchan máis tarde do que facían hai 30 anos, en concreto 14 días.

Outras das probas do cambio no clima é a redución das habituais xeadas do inverno. Na estación metereolóxica de Lavacolla, ao carón do aeroporto, incrementouse en case dous meses os períodos do ano nos que nunca xea.

A pesca da sardiña en perigo

As consecuencias para a economía de Galicia poden ser moi importantes. E é que o cambio climático afectará a sectores clave, como a pesca. Así a investigación sinala os riscos, por exemplo, para a flota de cerco, pois a sardiña podería mudar o seu hábitat por mor do quencemento do Atlántico. ?Os resultados mostran que a medida que se incrementa a temperatura da auga superficial do caladoiro iberoatlántico, menores niveles de biomasa e capturas se obterían, mentres que os rendementos económicos diminuirían?, advirten os científicos.

Aval de múltiples institucións

No estudo participaron técnicos da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, MeteoGalicia, Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, Instituto Español de Oceanografía (IEO), Instituto Investigaciones Marinas e Inst. Invest. Agrobiológicas (CSIC) e das tres universidades.

A información está dividida en 34 capítulos mais un resumen executivo. ?Os capítulos do libro teñen todos un formato científico que foi sometido a referenciado externo (CLIVAR)?, salienta a Xunta



Fuente:http://www.anosaterra.org



Un saludo
Pilar

celticland
Ex-membro
Mensagens: 13
Registado: segunda, 13 out 2008, 19:16

O cambio climático en Galicia

Mensagempor celticland » sexta, 24 abr 2009, 19:35

uff... o que nos queda

yagui
Mensagens: 81
Registado: segunda, 13 set 2004, 23:00

O cambio climático en Galicia

Mensagempor yagui » segunda, 14 dez 2009, 05:37

Faltou dicir: se recúa a xeada, temos que ir pensando na despedida dos montes de castiñeiros, carballos, toxos,bidueiros e as especies típicas e darlle a benvida ao noso querido compañeiro eucalipto e ao seu non menos querido curmán o pino! en toda a provincia de Ourense, a meirande parte de Lugo e as zonas altas de Pontevedra e A Coruña.


Voltar para “Ecoloxía en Galicia”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante