Galiza non se vende... Goberne quen goberne

A conservación do medio natural galego e os seus recursos, catástrofes ecolóxicas, perigos, etc.
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Galiza non se vende... Goberne quen goberne

Mensagempor casdeiro » segunda, 16 fev 2009, 00:13

Hoxe as rúas de Compostela enchéronse co berro de "Galiza non se vende". Xa nos escoitarían?

http://www.galiciae.com/nova/25237.html

http://www.anosaterra.org/nova/milleiro ... ende-.html

http://galizanonsevende.org/?p=650

Imagem

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Galiza non se vende... Goberne quen goberne

Mensagempor casdeiro » segunda, 16 fev 2009, 19:24

Máis información, de primeira man: http://galizanonsevende.org/?p=671

pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Galiza non se vende... Goberne quen goberne

Mensagempor pilarmabel » quarta, 27 mai 2009, 13:49

Puntos negros a pé de costa

Os ecoloxistas unen as súas voces contra ?a máquina formigoneira da Xunta?

O Viaduto de Noia ou o porto de Massó son sinalados coma "froitos da especulación salvaxe". Unha nova manifestación de Galiza Non se Vende volverao denunciar.


As agrupacións ecoloxistas galegas volven reivindicar a defensa da nosa costa, que lles semella máis vulnerábel dende a chegada da administración Feijoo, e claman, outra volta, contra a "marbellización de Galiza".

Nesta liña, o vindeiro domingo 31 de maio, a rede Galiza Non se Vende (GNSV) convoca unha nova mobilización en Vigo -partirá ao mediodía da Praza do Concello-, na que volverán denunciar os "continuos maltratos e agresións que soporta o noso litoral, froitos da especulación salvaxe", que, segundo contan, repítese nas políticas "desarrollistas" de todos os Gobernos do país. Días despois, o vindeiro 5 de xuño, está organizado un roteiro polas rúas de Ferrol contra a planta de gas de Reganosa, que sairá ás 20h00 de diante do edificio administrativo da Xunta na cidade.

A recuperación do viaduto de Noia
Dende Adega chega unha nova denuncia referida ao proxecto de construción dun viaduto sobre a Ría de Noia, promovido por Alberto Núñez Feijoo cando era conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, que fora paralizado polo bipartito, e agora foi recuperado pola Xunta.

Os ecoloxistas denuncian que o Goberno non atendeu ás demandas dos veciños, a confraría e os mariscadores, e segue adiante cun proxecto que, segundo din, "dará de fronte" contra un LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) da Rede Natura, e contra a riqueza marisqueira da Ría de Noia, "afectando a paisaxe litoral e provocando cambios de correntes que mudarían a composición e profundidade da enseada".

Os portos deportivos de Cangas e de Cabo de Cruz
Os ecoloxistas tamén denuncian as obras do porto deportivo e a macrourbanización proxectada para o porto do Salgueirón, en Cangas que, segundo contan, "carece de permisos", polo que é "ilegal". (Máis información sobre a reanudación das obras).

Por outro lado, dende a asociación Verdegaia quixeron aclarar a súa postura, contraria ao proxecto de porto deportivo que se está a desenvolver en Cabo de Cruz (Boiro, O Barbanza), lembrando a súa "desproporcionalidade" e o impacto ambiental que terá para o medio. Ao tempo, lembrando que "calquera agresión ao medio págase", sinalaron que eles mesmos serán os primeiros en "alegrarse" no caso de que estean equivocados ao prognosticar as nefastas consecuencias que terá a construción dun macroporto deportivo de 270 mil metros cadrados, en Cabo de Cruz



Fuente:http://www.vieiros.com/


Un saludo
Pilar


Voltar para “Ecoloxía en Galicia”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes