Os Carballos

A conservación do medio natural galego e os seus recursos, catástrofes ecolóxicas, perigos, etc.
mariajuana
Mensagens: 562
Registado: segunda, 02 dez 2002, 00:00

Os Carballos

Mensagempor mariajuana » sexta, 23 mai 2008, 20:19

Os carballos
Todo gallego siente como parte suya o Carballo, cada aldea de montaña tiene o tenía, ?a sua carballeira ?? O CARBALLO? árbol emblemático, desde siempre de nuestra TIERRA.
Se que muchos, que estamos lonxe, al encontrar a nuestro paso un ejemplar, allí donde nos hallemos, se nos alegra el corazón? y quién no intentó poner un Carballo ?na sua casa? si dispone de terreno para ello?? ?é tan noso??

Con fecha 21/05/2008 el diario ?El Progreso? de Lugo da a conocer una preocupante noticia, una plaga pone en peligro la especie en ocho municipios de la provincia, es la " pulguiña do carballo (altica quercetorum)".

http://elprogreso.galiciae.com/seccion/comarcaslu.html

mariajuana
Mensagens: 562
Registado: segunda, 02 dez 2002, 00:00

Os Carballos

Mensagempor mariajuana » domingo, 23 nov 2008, 22:02

El Comité de ?Árbores Senlleiras? de Galicia, incorpora nuevos ejemplares a su catálogo.

El carballo de Luxís, de Castro de Rei, nueva Árbore Senlleira de Galicia

http://elprogreso.galiciae.com/nova/20910.html

Otro de los comentarios, sobre el Catálogo de ?Árbores Senlleiras? de Galicia.

http://www.elcorreogallego.es/index.php ... cia=328143

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Os Carballos

Mensagempor casdeiro » segunda, 24 ago 2009, 15:39

Sobre o tema este da praga que mencionou Mariajuana, quero facer algunha achega, copiando o recibido por medio dunha lista de correo á que estou susbscrito:

Alguén me pode explicar que lle pasa ós carballos? Un bichejo negro habita a folla, ao pouco seca e a árbore semella queimada, coma no outono. Teño entendeido que aínda que árbore non morre, o ciclo vital vese moi alterado. Veremos ao chegar o outono. Infórmame un veciño que xa observou o tal becho polo chan -fóra do seu lugar de alimento: as follas dos carballos- na miña aldea. O que máis me sorprende é que os últimos carballos do país cara o leste, os da comarca da Seabra, están sans coma buxos (sic) e perfectamente verdes. De onde vén esta peste tan voraz? Non encontro nada, ou case nada, na Internet. Só sei que unicamente ataca os carballos; piñeirais, soutos, abelairas, xesteiras e toda a flora baixa da miña zona está ben. Observo que aínda que as árbores afectadas proliferan por todos os sitios, a peste avanza cara o sur. Semanas atrás salvábanse algúns dos carballos que poboan o sur da cidade de Ourense; hoxe poucos sans se contan e por Allariz xa moitísimos negrexan. Hai tres semanas no concello de Lobios non observei ningún enfermo -ou moi poucos e por iso non me fixei-.

A isto súmase a caída da folla, que este ano chega moi cedo. Pola miña zona as cerdeiras xa van quedando carecas e sangran ás enxurradas por calquer punto da codia. Algo fede, e non precisamente en Dinamarca.

Ao que outra persoa respondía achegando información:

Supoño que te refires á pulgiña do carballo (Altica quercetorum), que é un escarabello que produce a defoliación sobre todo do carballo, aínda que tamén afecta a outras especies como a abelaira, o amieiro, a bidueira. Tanto as larvas coma os adultos aliméntanse das follas provocando danos importantes, aínda que non adoitan causar a morte dos carballos. Se se combina co oidio (Mycrosphaera alphitoides) pode provocar a desecación da árbore.
A praga detectouse en Galiza no 1981, rexistrando un crecemento da súa área de distribución desde aquel ano. A súa proliferación está favorecida polo tempo seco e cálido. Con tempo chuvioso, o escarabello desenvolve un fungo parasito que reduce o número de exemplares.
Na ligazón http://www.mapa.es/ministerio/pags/bibl ... 19-026.pdf tes máis información.

Se algún membro de Fillos ten máis datos ou nos pode contar as súas apreciacións sobre o tema estaría ben. Creo que nestas cuestións ambientais é importante compartirmos a información entre nós e non fiarnos das fontes "oficiais".


Voltar para “Ecoloxía en Galicia”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes